17 de maio... Día das Letras Galegas!

Moi bo día a todas e todos!!

Hoxe imos falar un poquiño do Día das Letras Galegas porque, como xa sabedes, celébrase cada ano en Galicia o 17 de maio, así que, se non foran as circunstancias nas que estamos, celebraríamolo durante esta semana no cole, xa que cadraría para este domingo.

Oficialmente, este 2020, de maneira extraordinaria, a celebración vaise pospoñer ao 31 de outubro, por ser o 110 aniversario do nacemento do autor deste ano, así que nesas datas volveremos falar deste día tan importante para as galegas e galegos e falaremos do autor galardonado Ricardo Carvalho Calero.

Dende aquí a nosa pequena homenaxe a este día, escoitando unha canción dun conto en galego, "Mariluz Avestruz".

Espero que vos guste!!

 

Facede clic neste enlace, poñede o voso nome e curso na ventá que vos aparece e ampliade a pantalla no cadriño de abaixo á dereita, ao lado do altavoz. Adiviñaredes as cuestións que vos van ir aparecendo?

https://edpuzzle.com/assignments/5ebdbfd0fe11f93f8f18106b/watch

 

 

Lembrade que me podedes escribir a al.cole.luisa@gmail.com

Espero as vosas mensaxes, fotos, audios, vídeos...

Unha aperta forte para todas e todos e boa fin de semana!!