Tarefas Mércores 13 de maio de 2020

TAREFAS DO DÍA.

- ASAMBLEA. Resolvemos dúbidas e correximos tarefas de Mate na videoconferencia.

- INGLÉS. Ver propostas de Eva.

- MATE +.    Ficha 25. Cálculo y operaciones.

La tarea 2 (pág.113) podeis resolverlo con ayuda de la calculadora.

- ESCRITURA.

Este mes imos coñecer a un artista galego, Leandro Lamas.

 Realizaremos un pequeno libro, como os de Picasso e Gustav Klimt. Para iso, recorta pola metade 2 ou 3 folios (brancos, dobre pauta ou cuadriculados) e colócaos en vertical. O primeiro será a portada, onde aparecerá o nome do autor con letras dobles e coloreadas; e tamén o teu nome e o curso. Podes facerlle algunha ilustración máis adiante cando coñezas máis a este artista.

 Na segunda folla escribiremos a BIOGRAFÍA de Leandro Lamas. Podes copiar ou que un adulto che faga o ditado.

  

BIOGRAFÍA de LEANDRO LAMAS.

 Leandro Lamas Ermida, nado en Narón o 14 de xaneiro de 1973, é un pintor, ilustrador, actor e director teatral galego.

 A súa primeira exposición tivo lugar en Ferrol no ano 1998. Desde entón expuxo en varias outras cidades de España e Portugal. O seu estilo é naíf e caracterízase polo emprego da cor e pola representación da vida familiar, campesiña...

 

HORA DE LER. Lectura silenciosa durante 20 minutos aproximadamente.

 

Calquera dúbida nas tarefas de hoxe resolvémolas por  correo electrónico, no chat de Abalar ou na videoconferencia de hoxe.

Bo traballo!