PUNTUALIDADE NAS AULAS.

Estimadas familias:

Tras reunión mantida onte na escola (10 de outubro do 2016), quedaron aprobados tanto en Claustro como en Consello Escolar os documentos referidos a Normas de Organización e Funcionamento do centro (NOFC) asi coma o Plan de Convivencia. (En breve poderedes dispoñer das últimas modificacións dos mesmos e revisalos na web do centro).

Entre outras, aprobouse unha nova norma referida á puntualidade( coa intención de evitar a distorsión que producen as faltas de puntualidade no desenvolvemento das clases), que vai consistir no peche da porta da entrada principal pasados dez minutos desde que toque o timbre de entrada das 10:00 da mañá (no caso da xornada única de setembro e xuño, 9:10 da mañà).

Nese intre, o alumnado que desexe entrar no centro ( farao acompañado do seu pai/nai/titor) deberá amosar un xustificante médico en conserxería  que acredite o motivo de dita falta. No caso de non ter xustificante, o alumno/a deberá agardar para poder entrar ata a seguinte sesión das 10:50h (10:00 h. no caso da xornada única).

A medida entrará en vigor o vindeiro luns día 17 de outubro.

Agradecemos de antemán a vosa colaboración. Un saúdo.

O equipo directivo.