CAMBIOS NA ORGANIZACIÓN DO BLOGUE DE PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA

Bo día a tod@s!

O blogue de pedagoxía terapéutica pasou por un pequeno proceso de cambio.

Como poderedes ver, as publicacións que fixen ata o de agora xa non van formar parte desta páxina principal.

Dentro do apartado de pedagoxía terapéutica creáronse varias carpetas (matemáticas PT, ortografía PT, experimentos PT...) que podedes atopar na marxe dereita. Alí atópanse gardadas todas as publicacións subidas ata o de agora.

Un deses apartados é o de "OUTRAS PROPOSTAS", que inclúe os xogos, actividades para traballar a atención, memoria, motricidade fina...

Cada LUNS subirei a esta páxina principal as suxerencias de actividades que irei publicando cada semana e en que carpetas as poderedes atopar. Esas publicacións colocaranse debaixo das dúas primeiras (esta e a que ten o meu enderezo electrónico, xa que están configuradas para quedar sempre de primeiras).

Calquera dúbida, podedes poñervos en contacto comigo a través do meu enderezo electrónico.

Biquiños