SEMANA DO 11 AO 15 DE MAIO DE 2020 (4 sesións)
Sesión 1: Esta semana, o vindeiro domingo 17 de maio, será o Día das Letras Galegas. Lembramos, un pouco, que celebramos ese día. Fai as actividades do 1 ao 7 no seguinte xogo online:
http://seminariogalan.org/inicio/ver/464
Este ano, adícase a Ricardo Carvalho Calero. Mirade o seguinte video sobre este home:
Sesión 2: Realiza a lectura da biografía de Carvalho Calero (está nos datos adxuntos). Logo, contesta ás actividades que están, tamén, nos datos adxuntos. (Copia, a bolígrafo, os títulos nun folio, e as preguntas, e contéstaas a lápis. Intenta que teña unha boa presentación).
Envíame a foto do que fixeches.
Sesión 3: Máis lecturas de Carvalho Calero: “As Pitas baixo a choiva”. Fai as páxinas dende a 1 ata a 7 deste xogo online. (Podes facer máis, se queres). (A lectura está, xa, no xogo).
http://seminariogalan.org/inicio/ver/466
Ao rematar, contarasme na asemblea que tal che sairon as actividades, se acertaches á primeira e cal che gustou máis.
Sesión 4: Hoxe, no xogo online, farás as páxinas da 18 ata a 29. Trátase de máis actividades sobre a lectura de “Os catro”.
http://seminariogalan.org/inicio/ver/466
Ao rematar, de novo, cóntame na asemblea do abalar que tal che sairon as actividades, se acertaches á primeira e cal che gustou máis.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Biografía Ricardo C.C..pdf | 113.07 KB |
ACTIVIDADES BIOGRAFÍA.pdf | 71.43 KB |
Lectura Os catro.pdf | 64.73 KB |
Actividades Os catro.pdf | 48.73 KB |