ACTIVIDADES SEMANA DO 11 AO 15 DE MAIO DE 2020

Bos días, chicos e chicas!

Esta semana, é moi especial porque, o domingo 17, celebraremos o Día das Letras Galegas!!

Este ano, adícaselle ao escritor Ricardo Carvalho Calero. Aprenderemos cousas sobre el dentro da área de Lingua Galega e tamén realizaremos algún traballo artístico.

No momento que escribo isto, ainda non sei se poderemos facer videoconferencia esta semana, pero vou intentalo moito para que así sexa. Unha das sesións do Proxecto “somos xardineiros e xardineiras” está reservada para facer videoconferencia.

Agardo que me contedes, pola asemblea, que tal vos vai indo cos traballos e como os levades. Se alguén precisa tempo para recuperar, avisádeme, e poñemos algunha sesión durante a semana que vén.

O mércores, non estarei dispoñible no abalar, porque terei dúas citas médicas.   

Feliz semana das Letras Galegas!

Tedes nas distintas áreas as actividades correspondentes para mirar. 

AdxuntoTamaño
ACTIVIDADES SEMANA DO 11 AO 15 DE MAIO DE 2020.pdf210.67 KB