SEMANA DO 4 AO 8 DE MAIO DE 2020

Bos días, nenos e nenas. Esta semana, comezamos o mes de maio! É un mes moi importante en Galicia, e, nalgúns lugares, celébrase a festa dos maios. Podedes ver un pouco dela aquí:

Video sobre os maios

Os maios este ano

Falaremos del, un pouco, cando fagamos asemblea virtual. 

Sen mais, imos centrarnos no traballo.

Lembrade, antes de facer as actividades:

-        Mirar na axenda o día que é e anotar o tempo que vai.

Tamén que, esta semana, tedes que engadir a este traballo:

-        2 sesións de inglés.

-        1 sesión de Música.

-        2 sesións de Educación Física.

(deberedes mirar nas seccións da páxina web para ver os exercicios que vos propoñen os profes).

Xa tedes as actividades publicadas na páxina web, tanto nos arquivos adxuntos (aquí abaixo) como nas sección das diferentes áreas.

En canto enviar as tarefas, podedes enviarme todas xuntas o venres, se vos é máis cómodo. 

Feliz semana!

AdxuntoTamaño
ACTIVIDADES SEMANA DO 4 AO 8 DE MAIO DE 2020.docx_.pdf198.23 KB
TURNOS PARA AS VIDEOCONFERENCIAS NA PRIMEIRA SEMANA DE MAIO.pdf87.73 KB