Tarefas Mércores 29 de abril de 2020

TAREFAS DO DÍA:

- ASAMBLEA. Na videoconferencia de hoxe imos correxir as tarefas sobre as divisións, que fixéchedes esta semana (Ficha 19-20). Tamén falaremos do experimento que vos propuxen onte.

- INGLÉS. Ver a proposta de Eva.

- MATE+. FICHA 18. RESOLUCIÓN DE PROBLEMAS. Divisiones de 1 cifra.

- ESCRITURA. GRAMÁTICA: OS VERBOS.

       Collemos o libriño sobre Gustav Klimt, e realizamos as seguintes actividades a continuación da vosa versión do cadro "El árbol de la vida". Nunha carilla en branco, escribides a data en boli negro e en boli azul os seguintes exercicios:   

       1- O texto sobre a vida e obra de Gustav Klimt, está escrito en PRESENTE, PASADO OU FUTURO? Como o sabes? Explícao coas túas palabras.

       2- Busca 6 verbos (palabras que nos indican unha acción, facer algo) no texto e completa o seguinte cadro:

 

     VERBO        INFINITIVO       CONXUGACIÓN: 1ª,2ª ou 3ª

 

 

   

RECORDA:
1ª conxugación: verbos rematados en -ar
2ª conxugación: verbos rematados en -er
3ª conxugación: verbos rematados en -ir.

       3- Escribe unha oración con cada un dos verbos do exercicio 2.
             (Podes conxugar os verbos como queiras. En total escribirás 6 oracións)

HORA DE LER. Lectura silenciosa durante 20 minutos aproximadamente.

- PRÁCTICA ONLINE DE CONTIDOS

    DIVISIONES: https://www.cokitos.com/juego-aventura-matematica-submarina/play/

    CÁLCULO MENTAL: https://www.cokitos.com/calculo-mental-interactivo/play/

 

As dúbidas resolvémolas no Abalar, no correo electrónico e na Videoconferencia.

Bo traballo!