Tarefas Luns 27 de abril de 2020

Esta semana teremos clases virtuais só catro días porque o venres é festivo, conmemoramos o 1 de maio "DÍA DOS TRABALLADORES E DAS TRABALLADORAS".

TAREFAS DO DÍA:

- ASAMBLEA. Na Videoconferencia de hoxe falaremos da vosa saída de onte, despois de varias semanas sen poder saír á rúa a causa do COVID-19. Tamén falaremos do libro que líchedes a semana pasada e o novo libro para esta semana.

- EDUCACIÓN FÍSICA. Ver propostas de Laura.

- ESCRITURA. Escribimos un CORREO ELECTRÓNICO. Imos aprender a escribir un e-mail, para que saibades como enviarme as vosas tarefas, vídeos, imaxes...

       Nunha folla de dobre pauta (se non tendes, nun folio) escribides a data de hoxe en boli negro e o título da actividade en maiúsculas e boli vermello: ESCRIBIR UN CORREO ELECTRÓNICO.

       Abrides o documento adxunto e resolvedes as tarefas propostas.

- MATE+. Ficha 19. Cálculo y operaciones. Antes de hacer la ficha, ver el vídeo explicativo: "Enseñar a dividir" en unprofesor.com Nos explica la división como el reparto en partes iguales.

        - Hacer la ficha. Para el ejercicio 2 puedes utilizar la calculadora.

        - Luego, practica online:    https://es.ixl.com/math/3-primaria : "Comprender la división": J1, J2, J3, J4, J5

                                               https://www.smartick.es/matematicas/exercise.html?resource=concepto-de-la-division

HORA DE LER. Lectura silenciosa durante 20 minutos aproximadamente.

- BIBLIOTECA. Se remataches o libro da semana pasada, elixe outro conto para ler durante esta semana. Cando o remates, cubre o Pasaporte lector.

 

Resolvemos dúbidas no Chat de Abalar, no correo electrónico e na Videoconferencia.

Bo traballo!

AdxuntoTamaño
Escribir un CORREO ELECTRÓNICO.pdf175.91 KB