Un novo xogo

Boas a tod@s!!

Espero que sigades ben, hoxe traio un xogo para traballar os procesos psicolóxicos básicos.

Poden xogalo mesmo os máis pequenos da casa e, por suposto, serve para a atención á diversidade.

Con cada pregunta acertada, lanzaremos un dardo e faremos diana. Ademais acompañaranos un amiguiño que nos aplaudirá os logros.

Quizais teñades escoitado estes días falar de Aulas Galegas, un organismo sen ánimo de lucro ao cal pertenzo formado por mestres e mestras que aportamos materiais educativos de xeito totalmente altruísta e que vén de formarse  a raíz da suspensión das clases nas aulas e do confinamento.

Debo dicirvos que formar parte de Aulas Galegas é un gustazo pois é ilusionante ver como hai mestres e mestras encantados de ofrecer de balde o seu tempo e o seu traballo na procura da mellora do ensino, por iso integro nos xogos que creo o seu logo que vos levará á súa web onde atoparedes moitísimos recursos organizados por etapas e niveis e tamén, como non, para a atención á diversidade. Iso si, todos os materiais que aportamos están en lingua galega. Recoméndovos que visitedes Aulas Galegas porque tedes materiais para todas as etapas, mesmo Bacharelato.

Premede na imaxe do xogo e abrirase nunha nova xanela. Espero que vos guste!!

Saudiños e saudiña.

Xogo Proc Psicol Básicos_1