Tarefas Martes 21 de abril de 2020

TAREFAS DO DÍA.

- ASAMBLEA: no Chat en Abalar. Que tal as tarefas das simetrías? fixéchedes algún xogo dos que vos propuxen? 

                        Recordades as narices de Pinocho? Como as construímos e de que poliedro se trataba??

 

- INGLÉS. Ver proposta de Eva.

 

- RELIXIÓN. Ver proposta de Chefa.

  VALORES. O conto para hoxe titúlase: "La esmeralda encantada" e podedes lelo no seguinte enlace:  https://www.mundoprimaria.com/cuentos-infantiles-cortos/la-esmeralda-enc...

A continuación da ilustración do conto "El tigre negro y el venado blanco", realizar a actividade de hoxe. Escribides a data en negro e debuxades unha escena que para vós representa a parte máis importante desta historia. 

 

- PROXECTO: Actividade "FONTES DE ENERXÍA": ver varios vídeos e copiar a continuación da actividade "OS VOLCÁNS", a teoría que vos xunto no documento. Escribir a data en boli negro e debaixo o título FONTES DE ENERXÍA en boli vermello. 

Podedes ver algún vídeo e copiar algo da teoría, ver outros vídeos e seguir coa teoría. Cada un organizádevos como prefirades.

Os vídeos completan a información que ides copiar e tamén vos vai servir para a actividade de mañá, DÍA DO PLANETA.

 

- MATE+: Ficha 11. Los poliedros: prismas y pirámides.

Lee despacio el recuadro para fijarte bien en la diferencia entre prisma y pirámide. Luego, haz las actividades de la ficha y practica online: 

https://es.ixl.com/math/3-primaria/identificar-figuras-trazadas-a-partir-de-cuerpos-sólidos

https://es.ixl.com/math/3-primaria/desarrollos-de-figuras-tridimensionales

 

HORA DE LER. Lectura silenciosa durante aproximadamente 20 minutos.

 

- MÚSICA. ver a proposta de Marcos.

 

As dúbidas resolvémolas por Abalar ou por correo electrónico.

Bo traballo!

 

 

AdxuntoTamaño
FONTES DE ENERXÍA.pdf87.98 KB