Tarefas Luns 20 de abril de 2020

Comezamos unha semana na que imos realizar dúas conmemoracións importantes: o mércores 22 de abril "Dia do planeta" e o xoves 23 de abril "Día do libro". Ámbolos días, adicaremos a xornada toda a xornada a cada conmemoración: o planeta e os libros.

As tarefas para o día de hoxe son:

- ASAMBLEA (no Chat de Abalar)

- EDUCACIÓN FÍSICA: ver propostas de Laura.

- ESCRITURA: Continuamos coñecendo ao artista austríaco Gustav Klimt. No documento xunto, podedes ver os cadros que vos aparecen no ditado. Sen escribir a data, seguimos a biografía que comezamos a semana pasada, co terceiro ditado:

 

               Das obras de arte de Gustav Klimt, podemos destacar as seguintes: 

  • “El Beso”, que actualmente se atopa exposto no Museo Belbedere de Viena.
  • “El Árbol de la Vida”, que foi colocado no comedor do Palacio Stoclet de Bruselas.
  • “Vida y Muerte”, recibe o primeiro premio na Exposición Internacional de Arte de Roma. Esta obra encóntrase na actualidade exposta no Museo Leopold.
  • “Retrato de Emilie Flöge”, era deseñadora de moda. O retrato atópase no Museo de Viena.

 

              Curiosidades: Roubo e recuperación do cadro "Retrato de una dama".

 Era un dos cadros roubados máis buscados, despois de que a súa espectacular desaparición sen deixar rastro da Galería Ricci Oddi en Italia en 1997, dera a volta ao mundo.

Desapareceu misteriosamente xusto antes do seu traslado para unha exposición.

Foi descuberto en decembro de 2019 no propio museo durante unhas obras de limpeza e de reestructuración do muro exterior. Os traballadores encontraron unha bolsa negra de lixo co cadro dentro, nunha cavidade protexida por unha chapa e cuberta por fieitas.

 

- MATE+: Ficha 10. Simetría y traslación. La tarea 2 la podeis hacer en el libro, las tareas 3 y 5 las hacéis en una hoja cuadriculada (escribid la fecha y el nombre de la ficha debajo).

Despues de hacer la ficha, podeis practicar algunas de las actividades online que os propongo en el siguiente enlace:

                    https://www.cokitos.com/tag/juegos-de-simetria/                 

- HORA DE LER: lectura silenciosa durante aproximadamente 20 minutos.

- BIBLIOTECA: Elixides un novo conto para ler durante esta semana e cubrir o Pasaporte Lector.

 

As dúbidas resolvémolas polo Char de Abalar ou polo correo electrónico.

Bo traballo!

 

AdxuntoTamaño
cadros.pdf403.35 KB