Tarefas Venres 17 de abril de 2020

TAREFAS DO DÍA:

- ASAMBLEA (no Chat de Abalar). Hoxe comentaremos os "problemas" dos semilleiros que temos na aula e o volcán ANAK KRAKATAU.

- PROXECTO: FICHAS DAS PLANTAS. Buscar información sobre 2 plantas, as que tí elixas. Ir facendo os debuxos das plantas que xa tendes buscada a información.

- INGLÉS. Mirar as propostas de Eva.

- ESCRITURA. Continuamos coa biografía de Gustav Klimt.

A continuación do 1º ditado, facemos o 2º ditado. Se non vos colle nese medio folio, teredes que cortar outro folio pola metade e facer o mesmo. Recordade escribir polos dous lados do papel.

Buscade a axuda dun adulto para que vos faga o ditado. Non escribades a data, para que a información quede unha a continuación da outra. O ditado é o seguinte:

 

En 1904 comeza os debuxos para a decoración do Palacio Stoclet de Bruselas, que finalizou en 1909. 

En 1908,  encóntrase no máis alto da súa carreira, con algunhas das súas pinturas máis famosas, como: El beso, Dánae y Judith II. O estilo de Klimt, e o que utiliza neste cadro, é o simbolismo.

Klimt, aparte de ser pintor, tamén foi decorador. El árbol de la vida foi un dos seus últimos traballos decorativos e forma parte da decoración que Klimt fixo para o palacio de Bruselas.

 

- HORA DE LER. Facede unha lectura silenciosa de 20 minutos aproximadamente.

- ARTE. A proposta desta semana é realizar a vosa versión de "El árbol de la vida" de Klimt. Para iso, nunha lámina de debuxo facedes o voso cadro. Non ten que ser exactamente como o de Klimt, pero sí ten que cumplir uns requisitos mínimos, é dicir, manter a estructura do cadro e os elementos principais, que destacamos onte na Asamblea. Logo, podedes introducir algúns elementos novos decorativos para facelo propio. Así, cada cadro terá unhas peculiaridades e serán todos diferentes. 

Podedes utilizar reglas, compás, acuarelas ou ceras.

Por detrás da lámina, escribide os datos sobre o cadro orixinal e sobre a vosa versión:

          Cadro orixinal.                                                                        A miña versión do cadro.

            - TÍTULO:                                                                                 - TÍTULO:

            - AUTOR:                                                                                  - AUTOR:

            - DATA DE ELABORACIÓN:                                                          - DATA DE ELABORACIÓN:

            - LOCALIZACIÓN:                                                                       - LOCALIZACIÓN: 

O cadro estará rematado para o próximo venres 24 de abril.

 

Aclaramos as dúbidas de hoxe polo Abalar ou polo e-mail.

Bo traballo!