Tarefas Mércores 15 de abril de 2020

TAREFAS DO DÍA:

- ASAMBLEA (no Chat en Abalar).

- INGLÉS: ver proposta de Eva no blogue de inglés.

- MATE+: Ficha 20. Los números hasta el 999.999. De Numeración.

- PROXECTO: continuamos coas actividades iniciadas no 2º trimestre sobre "Salvemos o planeta". Hoxe centrarémonos nos volcáns.

  • 1º: ver os seguintes vídeos: - "Volcanes y géiseres. Mi viaje a Lanzarote. Aprende con Dani" de Happy Learning.
                                                     - "Historia de Canarias. Las islas que nacieron del mar".
  • 2º: A continuación da actividade "Capas da Terra", escribir a data (boli negro) e debaixo o título "OS VOLCÁNS" (en boli vermello e maiúsculas). Logo copiades e contestades ás seguintes preguntas:

                  1- Que é un volcán?

                  2- Que ocorre cando un volcán entra en erupción? Explícao coas túas palabras.

- HORA DE LER. Facede unha lectura silenciosa durante 20 minutos, aproximadamente.

 

NOTAS:

- A actividade da Biblioteca (lectura do libro semanal) retomámola a próxima semana. 

- Envíovos por e-mail as correccións das descricións dos vosos superheroes e superheroínas. Tamén me faltan algunhas colaxes.

Os que aínda non as enviáchedes, contádesme polo Abalar se tendes algún problema para facelo por e-mail, dacordo?

 

Como todos os días, resolvemos as dúbidas polo Chat de Abalar ou polo correo electrónico.

Bo traballo!