MORRIÑA

Xa pasaron 28 días desde que nos dixeron que tiñamos que ficar nas nosas casiñas e aínda non sabemos o tempo que temos que continuar facéndoo.

 

O que si sei é que, conforme ían pasando os días, as ganas de volver ao cole íanse facendo máis e máis grandes.

 

Se tivera que escoller unha palabra que defina como me sinto neste momento, sería MORRIÑA. Boto de menos as vosas risas, os momentos de confidencias, o rebumbio do recreo, incluso as vosas carreiras polos corredores aínda sabendo que non se pode.

 

Desexo de corazón que tanto vós como as vosas familias esteades ben. Estádelo a facer moi ben, aguantando coma verdadeiros campións.

 

Axiña volveremos estar xuntos!

 

Moitos bicos para todo/as.