blogue deMartina

EXPOSICIÓN DE COLAXES DE SEGUNDO

Os nenos e nenas de 2º, durante esta semana, estiveron vendo nas súas casas algunha información sobre a técnica artística da colaxe. 

Nos arquivos adxuntos, están as creacións destes artistas, aos que lles dou as gracias, xunto coas súas familias, por estar tan dispostos a colaborar e participar das propostas que lles mando. É unha marabilla traballar con vós!! 

Que as desfrutedes!

MARTES, 31 DE MARZO DE 2020

Bos días a todos e todas! Que tal ides coas actividades? Esta semana, rematamos o venres. Logo, haberá unha semana de vacacións, que xa será Semana Santa... ainda que temos que pasalas todos na casa!! 

A lista de tarefas de hoxe será a seguinte:

PRIMEIRO –  Anotar na axenda o tempo que vai hoxe, e as medidas da vosa lentella. Os que tivestes que replantar porque non naceu, anotade cando o fixestes, para saber cantos días tarda en agromar. Lembrade tela nun sitio con luz e humedecela cada 3 días!

Logo, na asemblea, quero que me contedes en que conto estades lendo de “Contos por teléfono”, que temos que poñernos ao día! Cantos contos lestes? Cal vos gustou moito? Hoxe, falaremos diso...

Algo máis que teño que explicar é que falei con Laura onte. Os retos que propón son para que fagades durante esta semana. Así que, hoxe, á hora que queirades facelo, teredes que tentar cumplir o reto 2: Encestar pelotiñas de papel nunha papeleira. (Lembrade utilizar papel que xa non sirva, se pode ser!!)(Pero iso non o fagades agora, senón máis tarde, cando fagades un descanso ou ao rematar). 

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceippraiaquenxe/?q=node/298

LINGUA GALEGA – Tarefa 18 de “Competencia lectora”. “Decálogo para adoptar un can”.

Despois de ler e facer as tarefas 1, 2 e 3, escribide no abalar a contestación á última tarefa: Cres que estás preparado/a para ter unha mascota? Por que? (tede en conta que falamos de ter unha mascota vós, non de que vola coiden os vosos papás e mamás...)

 

MATEMÁTICAS – Ficha 19 de “Resolución de problemas”

                         - Xogamos un pouco coas multiplicacións. Aquí tedes un enlace a unha páxina con xogos. Probade!

https://es.ixl.com/math/2-primaria/escribir-multiplicaciones-sobre-grupos-iguales

(Nesta páxina, encontraredes, para cando queirades, máis exercicios de matemáticas divertidos:

https://es.ixl.com/math/2-primaria )

 

CIENCIAS SOCIAIS: Continuamos co exercicio de onte. Lembrades? Sobre “O CONCELLO”. Collede o voso folio. Hoxe, investigaredes quen goberna no voso concello. As preguntas que habedes copiar, para logo contestar, son as seguintes:

-          - 

Quen é o alcalde ou presidente do teu concello?

-          - 

Hai tenente alcalde ou vicepresidente? Quen é ou quen son?

-          - 

Cantos concelleiros e concelleiras hai no teu concello?

 

Estas preguntas, podedes investigalas preguntando a un adulto ou ben nas páxinas web dos concellos:

-         

Concello de Corcubión: http://www.corcubion.gal/es/ayuntamiento/corporacion-municipal#top

-         Concello de Cee: https://cee.gal/gl/corporacion-municipal/

-         Concello de Fisterra: http://www.concellofisterra.com/portal_cidadan/corporacion/gl

E, ata hoxe, chegou de investigar. Seguiremos con isto...

 

INGLÉS -  Ide, na páxina web, ao apartado de xogos que vos deixou Delfín. Procurade escoller un diferente ao da última vez!

 https://www.edu.xunta.gal/centros/ceippraiaquenxe/?q=node/235

HORA DE LER – 20 minutos de lectura silenciosa.

PLÁSTICA – Rematar os colaxes, os que faltades. Hoxe, xa engadín o de Kevin, Iago e María.

A proposta de plástica para esta semana, é aprender algunha técnica de origami. Quere dicir facer figuras con papel. Facédea ao voso ritmo, que pedirei que me mandedes fotos á volta.

A miña proposta é esta:

https://www.youtube.com/watch?v=Z18MJVKGANA

Podedes escoller outra, pero a condición é que tedes que recortar e doblar vós soiños. Os adultos, só para explicar!

Hoxe, só tedes que ver o video e atender moi ben. Poderedes ir elaborando o voso canciño ao longo da semana, nos momentos en que vos apeteza. E, claro, se vos gusta... podedes facer máis!

 

E, por hoxe, nada máis. Pasade unha boa tarde e... ata mañá

LUNS, 30 DE MARZO DE 2020

LUNS, 30 DE MARZO DE 2020

Bos días, pitufos e pitufas de 2º! Que tal estades? Como pasastes a fin de semana? Fixestes algo interesante? 

Estades saindo ás fiestras a aplaudirlles aos sanitarios e sanitarias? Eu si! Tódolos días, ás 20:00h.

Como ides coas lecturas de "Contos ao teléfono"? 

Agardo as vosas participacións polo abalar! Por favor, procurade utilizar as normas de escritura, poñer maiúsculas, puntos e comas. Polo menos, intentádeo!  

PRIMEIRO – Anotar na axenda o tempo de hoxe, e as medidas da vosa lentella. Seguro que xa medraron un montón!

MATEMÁTICAS -  Ficha 23 de “numeración”. (Xa case chegamos ao 1000!!) Coidado co exercicio 3, pode ser un pouquiño complicado. Se tedes dúbidas, preguntádeme. Pero non vale que o solucione un adulto.

LINGUA GALEGA – Obradoiro de xogos – Fichas 6 e 7. Fixádevos nas palabras que tedes que escribir. Todas nomean persoas, lugares, obxectos... Esta semana imos falar dese tipo de palabras. Son os SUBSTANTIVOS!

EDUCACIÓN FÍSICA – Tocaría na 3ª sesión. Inventade un xogo ou exercicio, facédeo, e, a continuación, anotádeo. Podedes anotalo na axenda ou ben nun folio ben presentado, onde poñades tódolos exercicios que vaiades facendo a partir de agora. Ese folio debe ter o nome e as datas de cada día que anotedes nel. 

CIENCIAS SOCIAIS/NATURAIS – Imos empezar a investigar sobre o noso concello.

Para isto, ides coller un folio. Poñeredes, como xa sabemos facer, o nome e apelidos, e a data. Esta vez, imos facelo con bolígrafo.

Logo, poñeredes como título, en maiúscula: “O MEU CONCELLO”.

Debaixo, anotaredes o seguinte:

"O municipio ou concello é o territorio gobernado por un alcalde e uns concelleiros."

E logo, anotades e contestades as seguintes preguntas: (anotades as preguntas con bolígrafo azul e contestades con lapis)

·  Cal é o nome do teu concello?

· A que provincia pertence?

· En que comunidade autónoma está situado?

· Dentro de que país?

Podedes atopar información sobre o voso concello preguntando aos adultos ou buscando nas seguintes páxinas web: (a información está xa ao principio e é moi fácil de atopar)

 

-  Concello de Corcubión: https://es.wikipedia.org/wiki/Corcubi%C3%B3n 

-  Concello de Cee: https://es.wikipedia.org/wiki/Cee

-  Concello de Fisterra: https://es.wikipedia.org/wiki/Finisterre_(Espa%C3%B1a) 

Para hoxe, rematamos con esta tarefa. Pero gardade o folio, porque continuaremos con isto durante esta semana. 

HORA DE LER - Escolle unha lectura e le 20 minutos de forma ininterrumpida. 

VALORES – Hoxe, propóñovos facer unha nota de saúdo ou un debuxo para todos os vosos compañeiros e compañeiras da aula, con motivo da suspensión de clases. Que un adulto ma envíe ao correo electrónico (martinatrillo@edu.xunta.es). Publicareinas na web para que todos poidades ver os saúdos de todos.

 Lembrade descansar un pouquiño cada hora de traballo, e un rato máis longo ao facer dúas horas. 

Por hoxe abondou de traballo, meus pitufos. Unha aperta! Bótovos de menos!

VENRES, 27 DE MARZO DE 2020

Bo día a todos e todas. Que tal estades? Como foron os traballos da semana? Como parece que a suspensión de clases se vai ampliar, a partir de agora, irei poñendo o traballo por aquí, para que vaiades véndoo a diario. Se tivésedes algún problema para velo, podedes escribir ao meu contacto por correo electrónico: martinatrillo@edu.xunta.es

A lista de tarefas de hoxe, é a seguinte:

PRIMEIRO - Abrir a axenda no día de hoxe, anotar o tempo, e, de novo, as medidas da vosa lentella. 

MATEMÁTICAS - Ficha "La multiplicación" (é unha fotocopia que mandei solta cando vos dei as tarefas). 

LINGUA GALEGA - Realizar a ficha do conto "Un que comprou a cidade de Estocolmo" (nesta tarefa, podiades adiantar, así que, ao mellor, algúns xa estades lendo " A tocarlle o nariz ao rei" ou " A famosa chuvia de Piombino". Rematade a lectura que teñades pendente e realizade a ficha. 

Logo, contádeme na asemblea, polo abalar: Por que lectura estades en "Contos por teléfono"? Cal vos gustou máis? 

LINGUA GALEGA/CASTELÁ- Anotar no diario de lectura o conto ou contos que lerades durante esta semana. 

EDUCACIÓN FÍSICA - Hoxe, teriades Educación Física na segunda sesión: entre as 10:05 e as 10:55. 

* Houbo un erro nos enlaces que había en Educación Física, e tiven que borrar o que tiña aquí posto. A mestra de E. F.  irá colgando novas actividades. Polo momento, tócavos, de novo, inventar vós un xogo, facelo, e anotalo. Xa me iredes contando, tamén, pola asemblea. Desculpade!

E... preguntarédesvos que vai pasar a partir de agora! Parece que se amplía a suspensión de clases outros 15 días, así que irei publicando aquí, as tarefas, día a día. Se atopades algunha dificultade, non dubidedes en dicirmo. 

Que pasedes boa mañá! Agardo as vosas novas. 

XOVES, 26 DE MARZO DE 2020

Bos días, chicos e chicas! 

Que tal estades todos? Vistes onte o conto musical que vos propuxo Marcos? Que vos pareceu? Que lectura estades facendo na "Hora de ler"?

A lista de tarefas para hoxe, é a seguinte:

PRIMEIRO -  Mirar a axenda, anotar o tempo, e anotar as medidas da vosa lentella. (Hai que medir tódolos días). Participar na asemblea, polo abalar (iso podedes facelo agora ou, se preferides, máis tarde). 

MATEMÁTICAS - 1 carilla de “Aprendemos a mulitiplicar con dibujos”

                        Geometría: Ficha 4

LINGUA GALEGA – Escritura: Tarefa 8

LINGUA CASTELÁ –  Competencia lectora: Tarea 20 "El Rey que no quería bañarse".

INGLÉS - Facede algunha das tarefas que vos mandou Delfín. O enlace, é o seguinte:

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceippraiaquenxe/?q=node/235

HORA DE LER - 20 minutos de lectura silenciosa. 

Un saúdo, e que teñades unha moi boa mañá!

 

 

 

MÉRCORES, 25 DE MARZO DE 2020

Bos días a todos e todas. 

Que tal estades? Como vos vai facendo o collage? Gústavos o exercicio? Como vai a vosa lentella? Continúa medrando? 

Hoxe, a lista de tarefas é a seguinte:

Anotar na axenda, no día de hoxe, o tempo que vai, e as medidas do talo da vosa lentella. 

Participade na asemblea! Contade como vos vai co collage, que escollestes facer, se vos gusta facelo... E o que queirades! 

MATEMÁTICAS: 1 carilla de "Aprendemos a multiplicar con dibujos" 

                           Ficha 18 de "Resolución de problemas" 

LINGUA GALEGA:  Ficha 16 do "Obradoiro de ortografía". (palabras con X)

LINGUA CASTELÁ: Tarea 13 de "Taller de escritura". (Aprendemos a describir a unha persoa).

HORA DE LER: Esquecín poñela nos outros días... Alguén a fixo igual? Non esquezades ler 20 minutos tódolos días, en silencio. O que queirades! Logo, se rematades libros, podedes anotalos no diario de lectura. 

MÚSICA: Hoxe, tocaría música a última sesión. O mestre Marcos deixouvos un conto musicado para aprender os instrumentos da orquestra. Está neste enlace:

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceippraiaquenxe/?q=node/261

Que teñades unha moi boa mañá! Agardo ver qué me contades polo abalar!

ENLACES A PUBLICACIÓNS DE MESTRES ESPECIALISTAS.

Ademáis das actividades que publico eu por aquí, tódolos mestres especialistas van publicando cousas para traballar durante estos días. 

Eu, irei incluíndoos na axenda, pero, por se queredes curiosear, botade un ollo:

Inglés (Delfín)  https://www.edu.xunta.gal/centros/ceippraiaquenxe/?q=taxonomy/term/54

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceippraiaquenxe/?q=taxonomy/term/20

Música (Marcos) https://www.edu.xunta.gal/centros/ceippraiaquenxe/?q=node/261

Educación Física (Laura) https://www.edu.xunta.gal/centros/ceippraiaquenxe/?q=taxonomy/term/17

Audición e Linguaxe (Luisa) https://www.edu.xunta.gal/centros/ceippraiaquenxe/?q=taxonomy/term/23

Pedagoxía Terapéutica (Raquel) https://www.edu.xunta.gal/centros/ceippraiaquenxe/?q=taxonomy/term/21

 

Botade un ollo, por se houbese algo que vos interese especialmente facer. Un saúdo!!

MARTES, 24 DE MARZO DE 2020

Bo día a todos e todas. Hoxe, a tarefa do día, é a seguinte:

 -  Abrir as axendas no día de hoxe, anotar o tempo que vai, e anotar as medidas (centímetros e milímetros) da vosa lentella. Sei que hai algúns que ainda non a plantastes. Se a tedes xa, poñeredes 0 cm. Tamén deberedes anotar cando empece a agromar a raíz. 

MATEMÁTICAS - 1 carilla de “Aprendemos a multiplicar con dibujos”.

                        Cálculo y operaciones: Ficha 16 (ejercicios 2, 3 y 4) ( No hacer el ejercicio 1)

LINGUA GALEGA - Obradoiro de escritura: Tarefa 7. (Hoxe, aprendemos a alongar oracións)

LINGUA CASTELÁ – Taller de ortografía: Tarea 15

INGLÉS - (Hoxe teriades inglés na 4ª sesión). Delfín deixou actividades para vós no seguinte enlace:

 https://www.edu.xunta.gal/centros/ceippraiaquenxe/?q=node/235

PLÁSTICA - Hoxe, teriades plástica na última sesión. Propóñovos realizar unha obra coa técnica do collage. Trátase de buscar recortes de papeis de cores, de revistas e de periódicos, e, con eles, crear algo distinto. Aquí tedes a explicación:

https://www.youtube.com/watch?v=jWjmVYNPFQo

Non tedes que facer todo hoxe, podedes recopilar o material e ir facéndoo ao longo da semana. Tamén se pode facer con elementos naturais (follas, sementes...) 

Agardo que logo me contedes, polo abalar, que tal vos está indo. Que fixestes onte para Educación Física? Estou segura de que o estades facendo moi ben. Unha aperta a todos e todas!

LUNS, 23 DE MARZO DE 2020

Bo día a todos e todas. 

Hoxe tedes que:

-  Abrir a axenda no día que toca, anotar nela o tempo que vai e, se agromou a lentella, canto mide o talo. 

-  MATEMÁTICAS: -  1 carilla de "aprendemos a multiplicar con dibujos" 

                          -  Ficha 17 de "Resolución de problemas" (na lista de tarefas que mandei para casa, por erro, estaba anotada a Ficha 16. 

No exercicio 1 desta ficha, suxírovos que, ainda que non o mande, subliñedes igualmente os datos de vermello e a pregunta de azul. Será máis fácil entender o exercicio. Lede con calma todos os problemas, porque son problemas con truco e hai que decidir MOI BEN se hai que sumar ou restar. 

-  LINGUA GALEGA: -  Tarea 16 de comprensión lectora. 

Podedes contestar polo abalar as preguntas de "Antes da lectura". Eu xa puxen o que eu pensaba...

-  LENGUA CASTELLANA: -  Ficha 6 de "Taller de juegos"

-  EDUCACIÓN FÍSICA: Inventar un xogo ou unha serie de exercicios. Facelos na casa, e logo, anotalo para ensinarllo a Laura á volta.  

Que pasedes un bo día!

DIARIO DE LECTURA

Bo día a todos e todas. 

Algúns de vós, non tedes o diario de lectura na casa. E eu, non tiña conmigo a plantilla informatizada. 

Mándovos un arquivo adxunto. Ao final do arquivo atoparédelo. 

Distribuir contido