Audición e Linguaxe

Fonema L e sinfóns L

Repaso fonemas

Déixovos unha serie de actividades que podedes facer co material adxunto. Cada un de vós ten que ir aos xogos que lle correspondan para seguir reforzando o traballado e aprendido.

Podedes: xogar a adiviñar a imaxe, a ocas, bingos, memorys... Tamén, podedes inventarvos oracións e/ou crear unha historia divertida tirando un dado, ou outro pequeno obxecto que teñades, e nas tres imaxes que caiga, por exemplo, inventar esa historia coa que ides sorprender a quen vos escoite. A imaxinación é vosa! podedes ir medrando no número de imaxes a introducir na vosa historia. Podedes pensar cales son as personaxes, onde sucede, que pasa, como se soluciona... é dicir, ir respondendo a quen? onde ? cando? como? que?...

O primeiro arquivo de cada fonema é a imaxe dunha boquiña, do grupo Comunicar-nos, coa posición correcta. É un recordatorio visual!

A maioría das imaxes están en branco e negro para que as poidades colorear como queirades!

Espero que o pasedes ben!

Actividades de linguaxe oral

Ola a todas e a todos!

Póñovos un enlace a unha serie de actividades de linguaxe oral, que me parecen interesantes, e son para que vos divirtades e sigades aprendendo nestes días. As actividades son variadas e van encamiñadas a traballar a linguaxe oral de diferentes maneiras, xa o veredes.

 

https://view.genial.ly/5e70a21180c12e0fd1814c8c/presentation-actividades-lenguaje-oral

 

 

 

Distribuir contido