Blogues

Aprendo a sumar en English!!!

Repasemos as cores cantando What colour is it?

LET'S TALK ABOUT NUMBERS!

Repasemos os números en English e ao mesmo tempo cantemos un pouco...!!!!

Para os que xa sodes de 6º de Infantil cantemos tamén ata o 20!!!!

Vexamos todas xuntas un video de numbers!!!

 

Actividades de linguaxe oral

Ola a todas e a todos!

Póñovos un enlace a unha serie de actividades de linguaxe oral, que me parecen interesantes, e son para que vos divirtades e sigades aprendendo nestes días. As actividades son variadas e van encamiñadas a traballar a linguaxe oral de diferentes maneiras, xa o veredes.

 

https://view.genial.ly/5e70a21180c12e0fd1814c8c/presentation-actividades-lenguaje-oral

 

 

 

Comprensión lectora interactiva

Aquí vos deixo os seguintes enlaces para ler algún conto.

Podedes escoller os que máis vos gusten e despois poderedes resolver diferentes preguntas sobre os mesmos. O final do conto atoparedes un recadro que pon "JUGAR", clicade e veredes preguntas de verdadeiro/falso, con imaxes...

 

Para 2º de PRIMARIA

https://www.mundoprimaria.com/lecturas-para-ninos-primaria/lecturas-cortas-y-rapidas

 

Para 3º e 4º de PRIMARIA

https://www.mundoprimaria.com/lecturas-para-ninos-primaria/lecturas-comprensivas

 

Para 5º e 6º de PRIMARIA

https://www.mundoprimaria.com/lecturas-para-ninos-primaria/actividades-de-lectura-veloz

 

Contos disparatados

Bo día a todo/as. 

Propóñovos crear contos tendo en conta estes títulos un tanto peculiares. Deixade voar a vosa imaxinación.

  • A miña casa pode voar
  • Teño un lapis máxico
  • Atravesei o espello e atopei...
  • Unha nécora xigante
  • O meu can/gato fala en soños
  • Choven cousas raras
  • Teño unha pantasma no armario
  • Todo o que penso convírtese en realidade
  • Unha excursión a un lugar misterioso
  • O meu veciño é un extraterrestre

Ocórresevos algún título disparatado máis? 

PRACTICA INGLÉS XOGANDO

Bo día!

Aquí vos deixo un enlace directo á páxina de JCLIC. As nenas e nenos xa están familiarizados coa plataforma porque levamos meses practicando inglés con ela na aula.

 

FAI CLIC NESTAS PALABRAS

REFRESCA A PÁXINA SE APARECE EN BLANCO.

PRACTICA INGLÉS XOGANDO CON JCLIC

Bo día!

Aquí vos deixo un enlace directo á páxina de JCLIC. As nenas e nenos xa están familiarizados coa plataforma porque levamos meses practicando inglés con ela na aula.

 

FAI CLIC NESTAS PALABRAS

REFRESCA A PÁXINA SE SAE EN BLANCO

Jclic Para Practicar inglés xogando

Bo día!

Aquí vos deixo un enlace directo á páxina de JCLIC. As nenas e nenos xa están familiarizados coa plataforma porque levamos meses practicando inglés con ela na aula.

 

FAI CLIC NESTAS PALABRAS 

 

REFRESCA A PÁXINA SE SAE EN BLANCO

Cantar e gozar en English!!!!

Para empezar o día saudando e movéndonos un pouquiño coas rutinas!!!!!

Say hello-Di ola. Can you clap your hands? Podes aplaudir? Can you turn around? Podes xirar sobre ti mesmo? ...

 

Seguiremos coa canción do tempo, How's the weather?

How's the weather today? 

A ver se volo din as vosas fillas e fillos...

Sabedes que día é hoxe en inglés? ímolo aprender!!!

Ao final da canción Matt pregunta "What's your name? Como te chamas? podedes contestar todas xuntas...My name is...

Pois aí o tedes, a cantar cos meniños e meniñas!!!

Agora para non esquecer as cores en inglés podedes ver un video moi chulo de Steve and Maggie.

Have fun!! Gozade!!!

 

DIARIO DE LECTURA

Bo día a todos e todas. 

Algúns de vós, non tedes o diario de lectura na casa. E eu, non tiña conmigo a plantilla informatizada. 

Mándovos un arquivo adxunto. Ao final do arquivo atoparédelo. 

Distribuir contido