Blogues
Repaso fonemas
Enviado por Anónimo o Lun, 23/03/2020 - 14:06Déixovos unha serie de actividades que podedes facer co material adxunto. Cada un de vós ten que ir aos xogos que lle correspondan para seguir reforzando o traballado e aprendido.
Podedes: xogar a adiviñar a imaxe, a ocas, bingos, memorys... Tamén, podedes inventarvos oracións e/ou crear unha historia divertida tirando un dado, ou outro pequeno obxecto que teñades, e nas tres imaxes que caiga, por exemplo, inventar esa historia coa que ides sorprender a quen vos escoite. A imaxinación é vosa! podedes ir medrando no número de imaxes a introducir na vosa historia. Podedes pensar cales son as personaxes, onde sucede, que pasa, como se soluciona... é dicir, ir respondendo a quen? onde ? cando? como? que?...
O primeiro arquivo de cada fonema é a imaxe dunha boquiña, do grupo Comunicar-nos, coa posición correcta. É un recordatorio visual!
A maioría das imaxes están en branco e negro para que as poidades colorear como queirades!
Espero que o pasedes ben!
Conto musical
Enviado por Anónimo o Lun, 23/03/2020 - 12:54Un saúdo.
Hoxe imos descubrir os instrumentos da orquesta a través dun conto musical clásico, "Pedro e o Lobo".
Prestade moita atención ás personaxes, xa que cada unha ten un instrumento asociado: https://www.youtube.com/watch?v=31Df9snxMcM
Práctica de ritmo
Enviado por Anónimo o Lun, 23/03/2020 - 12:46Un saúdo!
Hoxe imos a practicar un pouco o ritmo mediante unhsa actividades interactivas, para o cal propóñovos dous xogos.
O primeiro consiste en repetir o ritmo que escoitades seguindo o pulso nun "pandeiro virtual": https://aprendomusica.com/const2/42entrenritmo1/game.html
O segundo é tamén de oído, e consiste en escribir o ritmo que escoitades con negras ou con silencio de negra: https://aprendomusica.com/const2/09negraysilencio/negraysilencio.html
Pasádeo ben e practicade moito!
LUNS, 23 DE MARZO DE 2020
Enviado por martinatrillo o Lun, 23/03/2020 - 11:59Bo día a todos e todas.
Hoxe tedes que:
- Abrir a axenda no día que toca, anotar nela o tempo que vai e, se agromou a lentella, canto mide o talo.
- MATEMÁTICAS: - 1 carilla de "aprendemos a multiplicar con dibujos"
- Ficha 17 de "Resolución de problemas" (na lista de tarefas que mandei para casa, por erro, estaba anotada a Ficha 16.
No exercicio 1 desta ficha, suxírovos que, ainda que non o mande, subliñedes igualmente os datos de vermello e a pregunta de azul. Será máis fácil entender o exercicio. Lede con calma todos os problemas, porque son problemas con truco e hai que decidir MOI BEN se hai que sumar ou restar.
- LINGUA GALEGA: - Tarea 16 de comprensión lectora.
Podedes contestar polo abalar as preguntas de "Antes da lectura". Eu xa puxen o que eu pensaba...
- LENGUA CASTELLANA: - Ficha 6 de "Taller de juegos"
- EDUCACIÓN FÍSICA: Inventar un xogo ou unha serie de exercicios. Facelos na casa, e logo, anotalo para ensinarllo a Laura á volta.
Que pasedes un bo día!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 51
- 52
- 53
- 54
- 55
- 56
- 57
- 58
- 59
- seguinte ›
- última »