Blogues

Tarefas Martes 31 de marzo de 2020

Tarefas do día:

- Asamblea (no chat en Abalar)

- INGLÉS: ver a proposta de Eva no seguinte enlace:

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceippraiaquenxe/?q=taxonomy/term/55

- RELIXIÓN: actividades que vos deixou Chefa no seguinte enlace: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceippraiaquenxe/?q=node/257#attachments

- VALORES: leer el cuento de solidaridad "El loro y la cacatúa" ( https://www.mundoprimaria.com/cuentos-infantiles-cortos/el-loro-y-la-cacatua). Luego, en un folio escribir la fecha en negro y el título del cuento en rojo y mayúsculas. Dibujar la escena del cuento que más te gustó. Debajo de la ilustración, explica con tus palabras qué parte de la historia representa.

- MATE+: Ficha18 de numeración: Los números hasta el 99.999

- Ficha: "As contelacións"

A continuación da actividade "O sistema solar"(se non vos colle no mesmo folio, collemos un folio novo). Escribimos a data en galego e con boli negro, o título en vermello e todo maiúsculas "AS CONSTELACIÓNS".

Logo, vemos o vídeo de Happy Learning: ¿Por qué brillan las estrellas?. A continuación, escribimos en azul as seguintes cuestións e contestamos en lapis ou boli azul, como prefirades:

      1- Que é unha constelación? Busca no diccionario.

      2- Elixe 4 constelacións, debúxaas e escribe o seu nome propio.

- MÚSICA. Ver as actividades propostas por Marcos na páxina do cole, en Titorías e Departamentos- música ou no seguinte enlace:

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceippraiaquenxe/?q=node/276

Resolvemos as dúbidas polo Chat. 

A BIRTHDAY CAKE!!!!!

BOAS NENAS E NENOS, ESPERO QUE ESTEADES BEN!!!

AQUÍ TEDES UN VIDEO QUE VOS FIXEN SOBRE A COMIDA...ESPERO QUE VOS GOSTE!!!

ALGUÉN SE ANIMA A FACELO? 

RINGO'S BIRTHDAY!!!

BOAS NENAS E NENOS AQUÍ VOS DEIXO UN CONTO RELACIONADO COA COMIDA...

RECORDADE...STAY HOME!!!!! EVERYTHING IS GONNA BE ALRIGHT!!!

SOPA DE LETRAS. Para 1º e 2º

As sopas de letras son un bo recurso para traballar diferentes habilidades como a atención, orientación espacial, vocabulario relacionado con diferentes temáticas...

Aquí vos deixo este enlace para que pasedes un bo rato.

 

Algunhas veces cando accedemos a algún recurso web, pode que nos apareza esta imaxe:

Non vos preocupedes. Clicades na peza que aparece no medio e arriba á dereita  sae ese recadriño. Se lle damos a permitir xa nos facilita o acceso ás actividades.

Saudiños

 

Adiviñar o código secreto

Déixovos, nun arquivo adxunto, un material de Crisálida, para traballar a conciencia fonolóxica, á vez que realizan unha das súas tarefas favoritas: debuxar.

Como se xoga?
Hai que descifrar a mensaxe de cada tira, anotando a primeira letra de cada debuxo. O resultado final, será o nome daquilo que deben debuxar:

Exemplo: Farol (F), Lapis (L), Orella (Ou) e Rosa (R): FLOR --> Neste caso, o neno/a terá que debuxar unha flor.

 

Atrevédevos a adiviñar e debuxar o código secreto?...

 

Simon di...

Este simple xogo axuda aos nenos/as a poder comprender e executar ordes sinxelas.

O xogo consiste en que un adulto diga: "Simón di" e complete a frase cunha acción. Por exemplo: "Simón di que nos rasquemos a cabeza". Os/as nenos/as teñen que actuar segundo a consígna. Pero, pode complicarse un pouco, se o adulto di: "Agora saltamos nun só pé" (sen dicir "Simón di"). Entón eles/elas non deberían facer o que dixo o adulto ata que non comece a orde coa frase "Simón di". Tamén, o adulto, pode enganar doutra maneira, é dicir, aínda que diga "Simón di que mans arriba" pode poñer as mans abaixo para confundir.

Este é un xogo que fomenta a escóita activa e a velocidade de reacción así como tamén lles axuda aos nenos/as a identificar as palabras adecuadas (neste caso "Simón di") para responder a unha orde.

Veredes que divertido!

Proposta Educación Física : Move o corpo na casa!

Aquí vos deixo unha proposta de retos para esta semana. O panel co fondo de cor verde sería para primeiro e segundo de educación primaria, o panel de cor azul sería para terceiro e cuarto de educación primaria e, por último, o panel co fondo rosa sería para quinto e sexto de educación primaria.

Espero que consigades superalos todos! 

Calquera dúbida ou comentario podedes contactar conmigo mediante o correo electrónico : laura.teijeiro@edu.xunta.es

 

 

LUNS, 30 DE MARZO DE 2020

LUNS, 30 DE MARZO DE 2020

Bos días, pitufos e pitufas de 2º! Que tal estades? Como pasastes a fin de semana? Fixestes algo interesante? 

Estades saindo ás fiestras a aplaudirlles aos sanitarios e sanitarias? Eu si! Tódolos días, ás 20:00h.

Como ides coas lecturas de "Contos ao teléfono"? 

Agardo as vosas participacións polo abalar! Por favor, procurade utilizar as normas de escritura, poñer maiúsculas, puntos e comas. Polo menos, intentádeo!  

PRIMEIRO – Anotar na axenda o tempo de hoxe, e as medidas da vosa lentella. Seguro que xa medraron un montón!

MATEMÁTICAS -  Ficha 23 de “numeración”. (Xa case chegamos ao 1000!!) Coidado co exercicio 3, pode ser un pouquiño complicado. Se tedes dúbidas, preguntádeme. Pero non vale que o solucione un adulto.

LINGUA GALEGA – Obradoiro de xogos – Fichas 6 e 7. Fixádevos nas palabras que tedes que escribir. Todas nomean persoas, lugares, obxectos... Esta semana imos falar dese tipo de palabras. Son os SUBSTANTIVOS!

EDUCACIÓN FÍSICA – Tocaría na 3ª sesión. Inventade un xogo ou exercicio, facédeo, e, a continuación, anotádeo. Podedes anotalo na axenda ou ben nun folio ben presentado, onde poñades tódolos exercicios que vaiades facendo a partir de agora. Ese folio debe ter o nome e as datas de cada día que anotedes nel. 

CIENCIAS SOCIAIS/NATURAIS – Imos empezar a investigar sobre o noso concello.

Para isto, ides coller un folio. Poñeredes, como xa sabemos facer, o nome e apelidos, e a data. Esta vez, imos facelo con bolígrafo.

Logo, poñeredes como título, en maiúscula: “O MEU CONCELLO”.

Debaixo, anotaredes o seguinte:

"O municipio ou concello é o territorio gobernado por un alcalde e uns concelleiros."

E logo, anotades e contestades as seguintes preguntas: (anotades as preguntas con bolígrafo azul e contestades con lapis)

·  Cal é o nome do teu concello?

· A que provincia pertence?

· En que comunidade autónoma está situado?

· Dentro de que país?

Podedes atopar información sobre o voso concello preguntando aos adultos ou buscando nas seguintes páxinas web: (a información está xa ao principio e é moi fácil de atopar)

 

-  Concello de Corcubión: https://es.wikipedia.org/wiki/Corcubi%C3%B3n 

-  Concello de Cee: https://es.wikipedia.org/wiki/Cee

-  Concello de Fisterra: https://es.wikipedia.org/wiki/Finisterre_(Espa%C3%B1a) 

Para hoxe, rematamos con esta tarefa. Pero gardade o folio, porque continuaremos con isto durante esta semana. 

HORA DE LER - Escolle unha lectura e le 20 minutos de forma ininterrumpida. 

VALORES – Hoxe, propóñovos facer unha nota de saúdo ou un debuxo para todos os vosos compañeiros e compañeiras da aula, con motivo da suspensión de clases. Que un adulto ma envíe ao correo electrónico (martinatrillo@edu.xunta.es). Publicareinas na web para que todos poidades ver os saúdos de todos.

 Lembrade descansar un pouquiño cada hora de traballo, e un rato máis longo ao facer dúas horas. 

Por hoxe abondou de traballo, meus pitufos. Unha aperta! Bótovos de menos!

Tarefas Luns 30 de marzo de 2020

Tarefas:

 

- Asamblea. No Chat de Abalar.

 

- E.F. (ver proposta de Laura)

 

- Mate+. Ficha 16. Resolución de problemas.

 

- Ficha "O sistema solar":

 

        1º ver os vídeos:

 

                . Happy Learning: "La Tierra y sus movimientos".

 

                . La Eduteca: "Movimientos de la Tierra", "El movimiento de traslación" e "El movimiento de rotación".

 

        2º Continuar na ficha "O sistema solar", coas seguintes actividades. Recordade poñer antes a data de hoxe en galego.

 

                1- Explica coas túas palabras o movemento de traslación. Fai un debuxo para representalo e coloréao.

 

                2-  Explica coas túas palabras o movemento de rotación. Fai un debuxo para representalo e coloréao.

 

- Biblioteca. Escollede un conto para ler durante esta semana e facede o Pasaporte lector.

 

* ARTE: Durante esta semana teredes que elaborar un "collage". Antes vede o vídeo: "el collage educathyssen". Podedes elixir vós a temática e os materiais que atopedes pola casa. A base do collage pode ser: un folio, unha cartulina, goma eva, un cartón (como o dos cereais),...

 

Tarefas Luns 30 de marzo de 2020

Tarefas:

 

- Asamblea. No Chat de Abalar.

 

- E.F. (ver proposta de Laura)

 

- Mate+. Ficha 16. Resolución de problemas.

 

- Ficha "O sistema solar":

 

        1º ver os vídeos:

 

                . Happy Learning: "La Tierra y sus movimientos".

 

                . La Eduteca: "Movimientos de la Tierra", "El movimiento de traslación" e "El movimiento de rotación".

 

        2º Continuar na ficha "O sistema solar", coas seguintes actividades. Recordade poñer antes a data de hoxe en galego.

 

                1- Explica coas túas palabras o movemento de traslación. Fai un debuxo para representalo e coloréao.

 

                2-  Explica coas túas palabras o movemento de rotación. Fai un debuxo para representalo e coloréao.

 

- Biblioteca. Escollede un conto para ler durante esta semana e facede o Pasaporte lector.

 

* ARTE: Durante esta semana teredes que elaborar un "collage". Antes vede o vídeo: "el collage educathyssen". Podedes elixir vós a temática e os materiais que atopedes pola casa. A base do collage pode ser: un folio, unha cartulina, goma eva, un cartón (como o dos cereais),...

 

Distribuir contido