musica

Canción de frauta para 3º

Un saúdo!

Para o alumnado de 3º deixo unha canción para practicar a man esquerda na frauta, con tres notas: sol, la e si.

 

Ademais, podedes tocar a partitura con este acompañamento titorial: https://www.youtube.com/watch?v=R8pXzDZa_DY

Unha aperta e moito ánimo!

Conto musical

Un saúdo.

Hoxe imos descubrir os instrumentos da orquesta a través dun conto musical clásico, "Pedro e o Lobo".

Prestade moita atención ás personaxes, xa que cada unha ten un instrumento asociado: https://www.youtube.com/watch?v=31Df9snxMcM

Práctica de ritmo

Un saúdo!

Hoxe imos a practicar un pouco o ritmo mediante unhsa actividades interactivas, para o cal propóñovos dous xogos.

O primeiro consiste en repetir o ritmo que escoitades seguindo o pulso nun "pandeiro virtual": https://aprendomusica.com/const2/42entrenritmo1/game.html

O segundo é tamén de oído, e consiste en escribir o ritmo que escoitades con negras ou con silencio de negra: https://aprendomusica.com/const2/09negraysilencio/negraysilencio.html

 

Pasádeo ben e practicade moito!

Distribuir contido