Audición e Linguaxe

Rima que te rima!

As rimas son outra actividade para traballar a estimulación da linguaxe oral, a conciencia fonolóxica e a discriminación auditiva de fonemas.

Todo isto, como xa sabedes, son xogos para axudar na adquisición da lectoescritura. Xogar coas rimas é un bo recurso!

Aí van unhas ideas… Por certo, cando cliquedes no vídeo, pausádeo para pensar a resposta e, logo, ver se acertades!

Anímovos a xogar!

 

 

Vexo, vexo?...

Un xogo co que traballamos a conciencia fonolóxica e que nos axuda a aprendizaxe da lectoescritura.

 

O xogo do vexo, vexo é un xogo tradicional co que traballar oralmente. Recomendable para nenos e nenas a partir de 4 anos de idade.

Para xogar son necesarias 2 persoas ou máis e pódese realizar en calquera parte e en calquera momento. Seguro que moitas e moitos de vós, xogástedes algunha vez!

 

“-Vexo vexo

-que ves?

-Unha cousiña.

-E que cousiña é?

-Empeza coa letriña...”___”… Que será, que será, que será?”

 

 

 

Xogades?... Vexo, vexo?...

Conciencia léxica

Para Ed. Infantil e Ed. Primaria.

 

A conciencia léxica axuda a que non xuntemos ou separemos palabras cando escribimos.

 

Podemos facer xogos inventándonos oracións orais e adiviñar cantas palabras ten. Ao principio sempre de forma oral, así interiorizaremos mellor a conciencia léxica, antes de pasar á linguaxe escrita:

Primeiro dicindo a oración de forma oral, podédelo facer por quendas, unha vez un e outra vez outro, para que sexa máis divertido. Por exemplo, unha vez que un diga a oración, o outro pode:

-        - Dar un salto, como unha rá ou un saltamontes, por cada palabra.

-         -Dar unha palmada por cada palabra.

-        - Poñer en fila cousas que teñades preparadas nunha caixiña como obxectos diversos, pezas de construcións, xoguetiños, fichiñas, papeliños, boliñas,… o que queirades, e poñer en fila tantos como palabras teña a oración.

-        - Agacharnos por cada palabra.

-        - Etc…

 

Tamén, cando practiquedes o xogo anterior…

Xogamos ao revés!... Podedes dar un número de palmadas, ou poñer un número de  obxectos, ou dar un número de saltos… o que prefirades, e tedes que inventar unha oración que teña ese número de palabras… Nin unha máis nin unha menos!

 

Animádevos a participar…  Quen acertará máis?...

Como nos gusta que nos conten contos!

Os contos son un boísimo recurso para traballar infinidade de cousas como: atención, escoita e discriminación da historia, das personaxes, dos lugares, do que acontece... vocabulario, categorías semánticas, memoria auditiva, diálogo... un sinfín de actividades que podemos facer... así como, se vos apetece, incluso, disfrazarvos co que teñades pola casa, ou con cousiñas que vos mesmos creedes... e a dramatizalo e a pasalo xenial! Vos animades?

CONTOS:

https://www.mundoprimaria.com/cuentos-infantiles-cortos/audiocuentos-infantiles

 

CONTACONTOS:

https://www.youtube.com/user/BeatrizMontero/videos

 

CONTOS ADAPTADOS CON PICTOS:

https://aprendicesvisuales.com/p/cuentos_aprendicesvisuales

https://www.pictocuentos.com/

Lectoescritura

Aí vos van algúns enlaces para repasar LECTOESCRITURA para 1º e 2º de primaria:

 

A QUE VAS XOGAR?...

www.juegosarcoiris.com/juegos/letras/

 

 

 

UN POCO DE LECTURA Y COMPRENSIÓN, SIEMPRE VIENE BIEN... ¡HAY QUE ESTAR ATENTO! (PARA 1º Y 2º DE ED. PRIMARIA)

https://www.mundoprimaria.com/lecturas-para-ninos-primaria/lecturas-cortas-y-rapidas

 

 

¡JUEGA AL BINGO DE PALABRAS!

http://www.educa.jcyl.es/educacyl/cm/gallery/recursos_educamigos/verano12/index.html

 

 

Animádevos a xogar!

Repaso fonemas

Déixovos unha serie de actividades que podedes facer co material adxunto. Cada un de vós ten que ir aos xogos que lle correspondan para seguir reforzando o traballado e aprendido.

Podedes: xogar a adiviñar a imaxe, a ocas, bingos, memorys... Tamén, podedes inventarvos oracións e/ou crear unha historia divertida tirando un dado, ou outro pequeno obxecto que teñades, e nas tres imaxes que caiga, por exemplo, inventar esa historia coa que ides sorprender a quen vos escoite. A imaxinación é vosa! podedes ir medrando no número de imaxes a introducir na vosa historia. Podedes pensar cales son as personaxes, onde sucede, que pasa, como se soluciona... é dicir, ir respondendo a quen? onde ? cando? como? que?...

O primeiro arquivo de cada fonema é a imaxe dunha boquiña, do grupo Comunicar-nos, coa posición correcta. É un recordatorio visual!

A maioría das imaxes están en branco e negro para que as poidades colorear como queirades!

Espero que o pasedes ben!

Fonema R e sinfóns R

Fonema F

Fonema C-Z

Fonema S

Distribuir contido