Blogues

Crea a túa propia historia!

Bo día!!

Na actividade de hoxe a idea é crear a vosa propia historia. 

Como o ides a facer? Atentos a esta imaxe:

Para descubrir o voso personaxe tedes que ter en conta o mes do voso nacemento, o día diravos como é o seu carácter e a inicial do voso nome en que lugar sucede.

Para a miña historia teño que facela cun mestre (personaxe) malvado (carácter) nun centro comercial (lugar).

Apetécevos probar a inventar a vosa?

Se vos animades a facela podedes envialas ao meu correo electrónico que atoparedes neste ENLACE.

Biquiños

Recoñecemento de melodías clásicas para 1º, 2º e 3º

Ola.

Na sesión de música de hoxe traballaremos o recoñecemento de melodías moi famosas de compositores clásicos... cantadas por Huesitos!

Unha vez que escoitedes o vídeo, tedes que cubrir a seguinte ficha arrastrando a Huesitos sobre o compositor clásico coa mesma melodía. A ver cantas melodías sodes capaces de recoñecer: https://es.liveworksheets.com/c?a=s&s=M%C3%BAsica&t=ddpjm6qb09&m=n&l=rh&i=sndfus&r=dg

 

Non esquezades, tras darlle o botón de "Terminado", cubrir o voso nome e curso.

 

Unha aperta.

9º MARTES. 9º EXPERIMENTO

Bos días!!

No experimento de hoxe veremos como podemos crear "choiva de cores".

Precisaredes:

  • 1 recipiente alto de vidro 
  • Vasos. Un para cada cor que queirades utilizar
  • Colorante de varias cores
  • Espuma de afeitar
  • 1 contagotas

Premede na imaxe para acceder ao vídeo e seguide os pasos.

Espero que vos guste!

Biquiños!

 

A Función de Relación, repaso de CCNN

Deixovos o enlace á presentación A Función de Relación.

É repaso e tamén amplia algunhas cousiñas que ides ter que aprender.

Espero que vos resulte moi útil.

Un saúdo

TAREFAS DO MÉRCORES 10-6-2020

MATEMÁTICAS

Corrixir páx 188, exercicio 1 (correción en adxuntos)

Facer 1, 2, 3 da páxina 192 (imaxe da páxina en adxuntos)

Déixovos unha folla resumo de todo o aprendido neste tema. 

LENGUA CASTELLANA

Página 202, todos (la imagen de la página está en adjuntos)

NATURAIS

Corrixir páxina 111 todos menos o 5 ( ver arquivo adxunto)

8 de xuño: Día Mundial dos Océanos

Hoxe é o Día Mundial dos Océanos.

O propósito deste Día é concienciar á opinión pública sobre as consecuencias que a actividade humana ten para os océanos e  poñer en marcha un movimiento mundial ciudadano a favor dos océanos.

Este día quere movilizar e unir á poboación mundial sobre a importancia da xestión sostible dos océanos, que son unha fonte importante de alimentos e menciñas e unha parte esencial da biosfera.

Para saber máis podes entrar na web das Nacións Unidas

Se queres facer unha viaxe virtual polo fondo dos océanos vai, desde o seguinte enlace, á web de The Ocean Agency

E se queres coñecer as historias de 10 mulleres pioneiras na oceanografía, podes descargar estas historias picando enlace.

Bos e profundos días!

CUADERNOS DE REPASO LENGUA CASTELLANA

Aquí tenéis unos cuadernos de repaso de Lengua Castellana. Con la primera imagen podéis acceder al segundo y tercer trimestre, en la segunda imagen accedéis al primer trimestre. Para abrirlos mejor con Chrome. Si queréis imprimir, botón derecho y ya sale la opción.

Para acceder al cuaderno tienes que pinchar en la imagen. Te van a aparecer los cuadernos del segundo y del tercer trimestre juntos. Si pinchas en una flechita que hay en la parte superior izquierda te sale 6.2 (que es el cuaderno del segundo trimesre) y 6.3 (cuaderno del tercero)

 

Para acceder al solucionario del segundo trimestre pincha AQUÍ

Para acceder al solucionario del tercer trimestre pincha AQUÍ

 

 

Si quieres ver las soluciones tienes que pinchar AQUÍ 

 

Otro cuaderno de fichas de MEJORA Y AMPLIACIÓN. Puedes acceder a él pinchando AQUÍ. Puedes descargarlo e imprimir lo que te interese. Las soluciones están al final.

 

Si pincháis AQUÍ accedéis a un juego de ortografía

Teoría da mente

Moi bo día a todas e todos!!

Hoxe imos empezar a semana, traballando a teoría da mente. Fundamentalmente, entre outras cousas, axúdanos a "poñernos no lugar do outro" e así regular o noso comportamento, para entender o que din e fan os outros temos que poñernos no seu lugar, axuda a manter boas relacións interpersoais, a comunicarnos e a cooperar cos outros.

A ver que tal se vos da! Cando rematedes, pulsade no botón de terminado, poñede os voso nome e curso e dádelle a enviar.

 

Pulsade na seguinte imaxe:

 

Lembrade que me podedes escribir a al.cole.luisa@gmail.com

Espero as vosas mensaxes, fotos, audios, vídeos...

Unha aperta forte para todas e todos!!

Distribuir contido