musica

Xogos musicais interactivos para Educación Infantil

Ola!

Aquí tedes uns pequenos xogos para os grandes músicos da casa.

En primeiro lugar, un para adiviñar quen é o que fai varios sons: https://www.musicaeduca.es/recursos-aula/juegos/890-jugamos-a-descubrir-los-sonidos

Outro máis para tocar a batería: https://www.musicaeduca.es/recursos-aula/juegos/127-juegos-de-musicaeduca

E por último, un canto á natureza e a diversidade: https://youtu.be/4xyRqVEfKPc

Moito ánimo!

Exercicios interactivos para 4º

Ola!

Déixovos un par de actividades interactivas de repaso.

En primeiro lugar, traballaremos a melodía: http://recursostic.educacion.es/primaria/primartis/web/b/09/a_bb09_01vf.html

Despois, é a quenda dos instrumentos: http://recursostic.educacion.es/primaria/primartis/web/b/10/a_bb10_01vf.html

Por último, repasaremos as notas musicais: http://recursostic.educacion.es/primaria/primartis/web/b/08/a_bb08_01vf.html

Pasádeo ben!

Trivial para 5º

Ola!

Hoxe déixovos unha actividade de repaso de todo o aprendido. Trátase dun trivial no que ides atopar distintos temas, como adiviñar un ritmo que soa, recoñecer o debuxo dunha melodía ou preguntas sobre instrumentos, entre outras. Hai tamén algunhas preguntas sobre compositores clásicos que quizais resulten máis complicadas, pero non vos preocupedes por iso, o importante é repasar dun modo divertido.

Premede neste enlace para comezar: https://aprendomusica.com/const2/21trivial1/trivial1.html

Unha aperta!

Resistiré, partitura para 6º.

Ola!

Hoxe imos traballar as alteracións: os sostidos e os bemoles.

Recordemos que as alteracións sirven para subir ou baixar medio tono a altura das notas. O sostido sube medio tono (a nota vai soar medio tono máis aguda) e o bemol baixa medio tono (a nota vai soar medio tono máis grave). Unha canción de moda para practicar ambos é "Resistiré", do Dúo Dinámico. Nesta versión que vos propoño, atopamos o si bemol que xa practicamos, pero tamén o do' sostido. Ó final da partitura póñovos as posicións da frauta. A primeira páxina corresponde á estrofa e a segunda ó estribillo. Espero que vos divirtades moito!

E xa para rematar, póñovos un vídeo co que podedes practicar, incluso a dúas voces:

Unha aperta!

Construción de instrumentos musicais en 1º

Ola!

Hoxe propóñovos a construción de catro instrumentos musicais sinxelos que podedes facer na vosa casa. Seguro que con un pouco de axuda sodes capaces de construír algún...

Maracas, pau de chuvia, pandeireta e tam-tam:

Unha aperta!

Introdución á música folclórica para 2º

Ola!

Hoxe imos traballar o folclore popular galego. Antes de escoitar algunhas pezas quero que intentedes cubrir esta ficha a ver que é o que sabedes...

Agora, quero que escoitedes dúas pezas de pandereteiras, unha máis clásica e outra "un pouco distinta". Imos coa clásica, das "Lagharteiras":

E agora é o turno para unha cun toque distinto, as "Tanxugueiras":

Xa estades preparadas e preparados para cubrir esta ficha para saber que é o que descubristes:

Unha aperta!

Vídeos para traballar o ritmo en 3º

Ola de novo.

Déixovos un par de vídeos para traballar o ritmo na casa. Podedes acompañar con palmadas ou con calquer outro instrumento rítmico que teñades na casa: https://youtu.be/4vZ5mlfZlgk

Este é un pouco máis rápido pero tamén máis divertido. Teredes que acompañar  a música de Peer Gynt, de Edvard Grieg: https://youtu.be/Wk43IDUQmTk

Se vos gusta, podedes seguir escoitando Peer Gynt por aquí: https://www.youtube.com/watch?v=3sF_mQLXs_s&t=12s

 

O último tamén se pode cantar, neste caso un ritmo dunha canción africana: https://youtu.be/hIdp_Nj0tgk

Unha aperta e moito ánimo!

Música clásica para Educación Infantil

Ola!

Hoxe déixovos un par de vídeos para Educación Infantil.

O primeiro deles é da primavera de Vivaldi: https://www.youtube.com/watch?v=dciqiiaydew

Rondó Alla Turca, de Mozart: https://www.youtube.com/watch?v=qJT6kPp-c3o

El Barbero de Sevilla: https://www.youtube.com/watch?v=eoAKo2fZ5gg

Un saúdo!

 

Práctica da man dereita para frauta, 5º e 6º

Ola!

O último día de clase vimos un novo estilo musical, o "gospel". Agora imos traballar a mesma canción noutro estilo musical tamén nacido en EEUU, o "jazz". Un dos grandes deste estilo é Louis Armstrong, e aquí déixovos a súa versión:

Nesta interpretación van soando distintos músicos solistas despois de que Louis Armstrong toque a trompeta e cante. A continuación, déixovos unha ficha para que toquedes esta canción e escribades os nomes deses instrumentos:

Para axudarvos na interpretación, déixovos outro vídeo:

Unha aperta!

Orquestra para 4º

Un saúdo.

Hoxe propóñovos un vídeo titorial para coñecer mellor os instrumentos da orquestra e a súa colocación: https://www.youtube.com/watch?v=RHAklmqlvRI

 

E para saber se estivestes atentos, aquí deixo outro vídeo para autoavaliarse: https://www.youtube.com/watch?v=hXt04QfCdIg

Unha aperta e moito ánimo!

Distribuir contido