3º E.P.

Tarefas Xoves 16 de abril de 2020

TAREFAS DO DÍA:

- ASAMBLEA. Hoxe imos falar das vosas reflexións sobre o cadro de Gustav Klimt que vos presentei o xoves 2 de abril. Xa sabedes como se chama o cadro? (no Chat de Abalar)

-PROXECTO: continuamos coa actividade "OS VOLCÁNS" iniciada onte. Copiamos e resolvemos as actividades 3 e 4.

  • 3- Debuxa un volcán e as súas partes (indícaas no debuxo). Coloréao.
  • 4- Curiosidades. Copia e completa o seguinte cadro co nome e a altitude de: as 3 montañas máis altas de Galicia, as 3 montañas máis altas de España, as 3 montañas máis altas de Europa e a montaña máis alta do Mundo. Busca en internet ou en libros de consulta a información.  

                                               NOME                                      ALTITUDE

                    GALICIA               Peña Trevinca (Ourense)           2.127m

                    GALICIA

                    GALICIA

                    ESPAÑA

                    ESPAÑA

                    ESPAÑA

                    EUROPA

                    EUROPA

                    EUROPA

                    MUNDO

- MATE+: Ficha17. Resolución de problemas.

- E.F.: ver as actividades propostas por Laura.

- HORA DE LER. O sábado 11 de abril de 2020, entrou en erupción o volcán ANAK KRAKATAU, en Indonesia. Vichedes as noticias? Se tendes curiosidade, no seguinte enlace podedes ver como ocorreu todo e a historia deste volcán:

                                         https://www.bing.com/news/search?q=volc%c3%a1n+indonesia+en+erupci%c3%b3...

 

Como todos os días, as dúbidas resolvémolas no Chat de Abalar ou por correo electrónico.

Bo traballo!

 

 

Tarefas Mércores 15 de abril de 2020

TAREFAS DO DÍA:

- ASAMBLEA (no Chat en Abalar).

- INGLÉS: ver proposta de Eva no blogue de inglés.

- MATE+: Ficha 20. Los números hasta el 999.999. De Numeración.

- PROXECTO: continuamos coas actividades iniciadas no 2º trimestre sobre "Salvemos o planeta". Hoxe centrarémonos nos volcáns.

  • 1º: ver os seguintes vídeos: - "Volcanes y géiseres. Mi viaje a Lanzarote. Aprende con Dani" de Happy Learning.
                                                     - "Historia de Canarias. Las islas que nacieron del mar".
  • 2º: A continuación da actividade "Capas da Terra", escribir a data (boli negro) e debaixo o título "OS VOLCÁNS" (en boli vermello e maiúsculas). Logo copiades e contestades ás seguintes preguntas:

                  1- Que é un volcán?

                  2- Que ocorre cando un volcán entra en erupción? Explícao coas túas palabras.

- HORA DE LER. Facede unha lectura silenciosa durante 20 minutos, aproximadamente.

 

NOTAS:

- A actividade da Biblioteca (lectura do libro semanal) retomámola a próxima semana. 

- Envíovos por e-mail as correccións das descricións dos vosos superheroes e superheroínas. Tamén me faltan algunhas colaxes.

Os que aínda non as enviáchedes, contádesme polo Abalar se tendes algún problema para facelo por e-mail, dacordo?

 

Como todos os días, resolvemos as dúbidas polo Chat de Abalar ou polo correo electrónico.

Bo traballo!

 

Tarefas Martes 14 de abril de 2020

Hoxe comezamos o 3º trimestre deste curso. Imos continuar coas clases a distancia mentras non teñamos novas instrucións.

Tarefas do día:

- ASAMBLEA (no Chat de Abalar)

- INGLÉS: ir á proposta de actividades de Eva.

- RELIXIÓN/VALORES. O alumnado de relixión, ver as propostas de Chefa.

                                 O alumnado de valores, le o seguinte conto sobre a amizade: https://www.mundoprimaria.com/fabulas-para-ninos/tigre-negro-venado-blanco

                                 Despois da lectura, a continuación da actividade que fixéchedes sobre o conto "El loro y la cacatúa", escribides: a data de hoxe (boli negro), debaixo o título do conto "El tigre negro y el venado blanco" (boli vermello) e debuxades unha escea da historia onde se mostre a amizade entre os dous protagonistas.

- ESCRITURA: Se recordades, o xoves 2 de abril empezamos a coñecer ao artista Gustav Klimt, analizando unha das súas obras máis representativas. O xoves desta semana, 16 de abril, imos comentar as vosas reflexións sobre o cadro, na Asamblea grupal.

Hoxe comezaremos coa súa biografía. Imos elaborar un pequeno libro (como fixemos o de Picasso, recordades?). Colledes un folio en horizontal e cortádelo pola metade. Logo, colocádelas dúas metades do folio en vertical:

  • A primeira será a portada, na que terá que aparecer o nome de GUSTAV KLIMT con letras "bonitas" (dobres, de cores, adornadas...), o voso nome e o curso. Pola parte de atrás non escribimos nada.
  • Na segunda, escribides de título en vermello: "A biografía de GUSTAV KLIMT". Pedides a un adulto que vos faga o seguinte ditado (se non fose posible, facedes copia): Escribides por diante e continuades pola parte traseira deste mesmo folio:
       Gustav Klimt foi o máis famoso dos artistas austríacos do seu tempo. Naceu en Baumgarten, cerca de Viena, nunha familia de tradición artesá. A súa nai era vienesa e seu pai, Ernst Klimt, orfebre de orixe bohemia, que orientou aos seus tres fillos varóns (naceron tamén catro fillas) cara o seu mesmo camiño profesional.
      Gustav Klimt, o maior dos varóns, ingresa en 1876 na Escola de Artes Aplicadas do Museo Imperial de Arte e Industria de Viena. Alí, farase cunha sólida formación técnica e teórica e, ao rematar os seus estudos en 1883, constitúe co seu irmán Ernst e o seu compañeiro Franz Matsch, a “Compañía de artistas”.
 
- MATE+: Ficha 18 Cálculo.
 
As dúbidas resolvémolas no Chat de Abalar ou no email.
 
Moito ánimo a todos!!! 
 

 

 

Tarefas Venres 3 de abril de 2020

Tarefas do día:

- ASAMBLEA (no Chat en Abalar)

- PROXECTO: Continuamos coa actividade "O sistema solar", dentro do Proxecto SALVEMOS O PLANETA. Hoxe as actividades consistirán en ver un par de vídeos sobre as CAPAS DA TERRA e completar un esquema que vos adxunto.

   * 1º: ver estes vídeos:  - "La Tierra y sus partes" de Happy Learning.

                                      - "Las capas de la Tierra" de La Eduteca.

   * 2º: Abrir o ficheiro adxunto, copiar o esquema e ir completando os datos que faltan. Unha vez o teñas rematado, volver a ver os vídeos para comprobar se está todo correcto.

Esta actividade, o esquema, escribídela a continuación da tarefa "As constelacións". Primeiro escribides a data en boli negro, o título en maiúsculas e boli vermello CAPAS DA TERRA e facedes o esquema co folio en horizontal. Se tendes pouco espazo nesa folla, colledes un folio novo.

- INGLÉS (ver blogue English3)

- MATE+. Ficha 17 de Cálculo.

- ARTE. Os que non rematáchedes o colaxe ("collage"), rematádelo hoxe e enviádesmo ao meu correo electrónico en canto poidade. Pedide axuda a un adulto para enviarmo.

Calquera dúbida sobre as tarefas do día, resolvémolas no Chat.

As próximas tarefas do día serán o martes 14 de abril, á volta das vacacións de Semana Santa. Disfrutade e divertídevos moito! Felices vacacións!!

Tarefas Xoves 2 de abril de 2020

Tarefas do día:

- ASAMBLEA (no Chat en Abalar). Temas: 

- MATE +: Ficha 16 de Cálculo: nesta ficha podedes utilizar a calculadora para realizar as operacións, menos en el ejercicio1.

- ESCRITURA: Hoy vais a realizar unos ejercicios sobre la Acentuación de palabras, que habeis repasado ayer viendo los vídeos explicativos y haciendo el esquema.

Teneis dos fichas en los archivos adjuntos. En el mismo folio donde escribistes ayer la teoría de Acentuación de palabras, copiais el enunciado y ya vais resolviendo el ejercicio.

En la 1ª ficha, hai un ejercicio para clasificar palabras en un recuadro. Para facilitar el reconocimiento de las palabras, podeis separar por sílabas y rodear la sílaba tónica. Así ya veis claramente que típo de palabra es cada una.

En la 2ª ficha teneis 2 ejercicios, pero sólo teneis que hacer el segundo, el de acentuar palabras. Os aconsejo que separeis en sílabas cada palabra, porque os ayudará a saber cuál es la sílaba tónica y, por lo tanto, ver si es aguda, llana o esdrújula, y acentuarlas o no, siguiendo el esquema que copiasteis ayer.

- E.F. (mirar no blogue)

HORA DE LER: no momento do día que prefirades, facede unha lectura silenciosa duns 20 minutos.

 - EDUCACIÓN EMOCIONAL: A partir de hoxe, e durante varias semanas, imos coñecer ao artista austríaco Gustav Klimt

Comezamos traballando unha das súas obras máis representativas (ver arquivo adxunto). Teredes que observala moi ben e facer a súa descrición (como vindes facendo cos cadros e pinturas que vós fixéchedes na clase, recordades).

Nun folio escribides a data en boli negro e en boli azul, os seguintes apartados (contestades a lapis ou boli azul).

      1- Descrición do cadro (que ves?).

      2- Emoción ou emocións que esperta en tí.

      3- Cores empregadas:

             - Primarias:

             - Secundarias:

      4- Autor.

      5- Título (inventa un título para o cadro).

Esta actividade comentarémola en grande grupo no CHAT  do xoves 16 de abril  e, polo tanto, ten que estar rematada para ese día (porque o próximo xoves 9 de abril estamos de vacacións de Semana Santa). 

Espérovos a tod@s na asamblea, polo CHAT de Abalar.

Tarefas Mércores 1 de abril de 2020

Tarefas do día:

- Asamblea (no Chat en Abalar).

- INGLÉS: tarefas propostas por Eva: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceippraiaquenxe/?q=taxonomy/term/55

- MATE+: Ficha 19 de Numeración: Las centenas de millar.

- ACENTUACIÓN DE PALABRAS: Vamos a hacer un repaso de cómo se acentúan las palabras, como lo hacemos a diario en clase. Escucha y observa atentamente estos cuatro vídeos:

          *"Diferenciar palabras agudas, llanas y esdrújulas": https://www.unprofesor.com/lengua-espanola/diferenciar-palabras-agudas-l...

          * "Acentuación de las palabras agudas":https://www.unprofesor.com/lengua-espanola/acentuacion-de-las-palabras-agudas-58.html

          * "Acentuación de las palabras llanas":https://www.unprofesor.com/lengua-espanola/acentuacion-de-las-palabras-llanas-o-graves-59.html

          * "Acentuación de las palabras esdrújulas":https://www.unprofesor.com/lengua-espanola/acentuacion-de-las-palabras-esdrujulas-60.html

Luego, copia la teoría que te envío en "Ficheiro adxunto". En un folio en blanco o de doble pauta, escribe la fecha de hoy en boli negro y el título ACENTUACIÓN DE PALABRAS en maiúsculas y con boli rojo.

 

- HORA DE LER. Lectura silenciosa durante 20 min. (ellixes tí o momento do día para facer a lectura)

- INFORMÁTICA: Busca información de 2 plantas que aínda non teñan feitas, as que tí queiras.

As dúbidas resolvémolas no Chat en Abalar.

Tarefas Martes 31 de marzo de 2020

Tarefas do día:

- Asamblea (no chat en Abalar)

- INGLÉS: ver a proposta de Eva no seguinte enlace:

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceippraiaquenxe/?q=taxonomy/term/55

- RELIXIÓN: actividades que vos deixou Chefa no seguinte enlace: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceippraiaquenxe/?q=node/257#attachments

- VALORES: leer el cuento de solidaridad "El loro y la cacatúa" ( https://www.mundoprimaria.com/cuentos-infantiles-cortos/el-loro-y-la-cacatua). Luego, en un folio escribir la fecha en negro y el título del cuento en rojo y mayúsculas. Dibujar la escena del cuento que más te gustó. Debajo de la ilustración, explica con tus palabras qué parte de la historia representa.

- MATE+: Ficha18 de numeración: Los números hasta el 99.999

- Ficha: "As contelacións"

A continuación da actividade "O sistema solar"(se non vos colle no mesmo folio, collemos un folio novo). Escribimos a data en galego e con boli negro, o título en vermello e todo maiúsculas "AS CONSTELACIÓNS".

Logo, vemos o vídeo de Happy Learning: ¿Por qué brillan las estrellas?. A continuación, escribimos en azul as seguintes cuestións e contestamos en lapis ou boli azul, como prefirades:

      1- Que é unha constelación? Busca no diccionario.

      2- Elixe 4 constelacións, debúxaas e escribe o seu nome propio.

- MÚSICA. Ver as actividades propostas por Marcos na páxina do cole, en Titorías e Departamentos- música ou no seguinte enlace:

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceippraiaquenxe/?q=node/276

Resolvemos as dúbidas polo Chat. 

Tarefas Luns 30 de marzo de 2020

Tarefas:

 

- Asamblea. No Chat de Abalar.

 

- E.F. (ver proposta de Laura)

 

- Mate+. Ficha 16. Resolución de problemas.

 

- Ficha "O sistema solar":

 

        1º ver os vídeos:

 

                . Happy Learning: "La Tierra y sus movimientos".

 

                . La Eduteca: "Movimientos de la Tierra", "El movimiento de traslación" e "El movimiento de rotación".

 

        2º Continuar na ficha "O sistema solar", coas seguintes actividades. Recordade poñer antes a data de hoxe en galego.

 

                1- Explica coas túas palabras o movemento de traslación. Fai un debuxo para representalo e coloréao.

 

                2-  Explica coas túas palabras o movemento de rotación. Fai un debuxo para representalo e coloréao.

 

- Biblioteca. Escollede un conto para ler durante esta semana e facede o Pasaporte lector.

 

* ARTE: Durante esta semana teredes que elaborar un "collage". Antes vede o vídeo: "el collage educathyssen". Podedes elixir vós a temática e os materiais que atopedes pola casa. A base do collage pode ser: un folio, unha cartulina, goma eva, un cartón (como o dos cereais),...

 

Distribuir contido