INGLÉS PARA EDUCACIÓN PRIMARIA E OUTRAS NOVAS

En inglés para Educación Primaria houbo dúas baixas. Tiñamos un grupo de 5 inscricións, que daba o mínimo para comezar clases, pero agora temos 3. Continúa a faltar unha inscrición. 

Finalmente, se saíse este grupo, intentaríase poñer a clase os venres, de 16:00 a 17:00h. 

Por outra banda, unha vez estean estas actividades fixadas, é posible que academos facer grupo para manualidades, dependendo dos días que sexa posible poñer a clase. Comunicarase en canto haxa novas.  

PUBLICACIÓN DOS ESTATUTOS TIPO DA ANPA

A petición da ANPA, publícanse, mediante a presente, os estatutos tipo para Asociación de Nais e Pais de Alumnado. Podedes atopala nos arquivos adxuntos.

Atentamente,

CEIP Praia de Quenxe

NOVAS SOBRE AS EXTRAESCOLARES DE POLAS TARDES. (INGLÉS E ROBÓTICA)

Infórmase que mañá, xoves 3 de outubro de 2019, comezará, ás 16:00h, a actividade de ROBÓTICA cunha demostración para o alumnado, á que tamén poderedes asistir as familias. 

Anticípovos que, mañá,  o responsable da actividade , falará cos presentes para cambiar o horario da mesma. A intención será organizar un cambio de robótica para o luns ou o venres. (falarase coas familias para ver de chegar a un acordo). 

Tamén que, en relación coa actividade de inglés, está en proceso o cambio de horario, que xa está falado coas familias, e hai algunha novidade máis. En lugar de mércores, será os xoves de 16:00 a 17:00h. para Educación Infantil. Tamén comentar que hoxe había, xa, grupo para organizar unha clase de primaria (o mestre reduciu de 8 a 4 alumnos de mínimo considerando que somos un colexio pequeno), pero estamos pendentes da baixa dunha inscrición da actividade, polo que aínda non queda confirmada esta posibilidade. 

Pedímosvos desculpas polos posibles problemas ou dificultades que vos poidan ocasionar estos cambios, e agradecémosvos infinitamente a comprensión. 

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES POLAS TARDES - cambio

Infórmase a toda a comunidade educativa que mañá, martes 1 de outubro de 2019, comezará o funcionamento da biblioteca polas tardes, de 15:00 a 17:00h. 

 

Ademáis, esta semana, se non hai novidade, comezarán as seguintes actividades:

-  Tambor: Martes de 16:00 a 17:00h. 

-  Xadrez:  Mércores de 16:00 a 17:00h. 

Robótica: Xoves de 16:00 a 17:30h. 

 

(Sobre as escolas de fútbol e patinaxe será preciso informarse no concello)

A vindeira semana, comezará:

Inglés de 3 a 6 anos: Mércores de 16:00 a 17:00h. (Comezará o mércores 9). 

*Sobre o comezo das escolas deportivas deberedes informarvos no concello. Se queredes que se pase aos vosos fillos/as ao pavillón directamente desde a biblioteca algún dos días, debedes falar con Martina (coordinadora de extraescolares) ou coa dirección. 

NO RESTO DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES OFERTADAS, POLO MOMENTO, NON SE FORMOU O GRUPO MÍNIMO. ESTAS INICIARANSE SE ACADAMOS O NÚMERO DE INSCRICIÓNS AXEITADO PARA POÑELAS EN MARCHA. 

INDÍCASE, A CONTINUACIÓN, COMO ESTÁN A DÍA DE HOXE AS LISTAS:

-  Inglés para maiores: 2 inscricións (grupo mínimo de 8)

-  Pandeireta: 1 inscrición (grupo mínimo de 8)

-  Baile tradicional: 2 inscricións (grupo mínimo de 8)

-  Música e movemento (infantil): 3 inscrición (grupo mínimo de 5)

-  Debuxo e manualidades (infantil): 4 inscrición (grupo mínimo de 5)

-  Canto moderno (ed. primaria): 2 inscricións (grupo mínimo de 5)

-  Moda (ed. primaria): 2 inscricións (grupo mínimo de 5).

-  Debuxo e manualidades (primaria): 2 inscrición (grupo mínimo de 5)

-  Multiactividades deportivas con UD Corcubión: 5 inscricións (grupo mínimo de 8)

-  Manualidades con UD Corcubión: 2 inscricións (grupo mínimo de 8)

 

 

AS CLASES DE INGLÉS

Aclaración: Sobre as clases de inglés ofertadas pola ANPA, aclaramos que teñen un custo de 20€ ao mes, cunha matrícula de 5€, e que sería unha sesión semanal de 1 hora. Tamén que non comezarían esta semana, senón o mércores día 9. Publícase, nos anexos, a carta de presentación do mestre, Henry Wright.

PARÓN POLO CLIMA

27/09/2019 13:10
27/09/2019 13:10
Europe/Madrid

No transcurso das actividades desta semana polo clima, gracias á intervención dunha familia do centro, tivemos, durante toda a semana, unha exposición de fotografías, na biblioteca, con imaxes das folgas que houbo en tódolos continentes esta semana. Os diferentes grupos puideron pasar pola biblioteca a velas. 

Dentro destas actividades, mañá, realizaremos un parón de 13:10 a 13:25h, para unirnos á protesta polo cambio climático. 

 

SEMANA DO CLIMA

Estimadas familias:

Este curso académico propuxémonos o obxectivo, a longo prazo, de ser un colexio Residuo 0.

Dentro desta liña de interese ecoloxista, e con motivo da "semana do clima", decidimos que o alumnado pinte unha camiseta con mensaxes reivindicativas en defensa do planeta e da conservación medioambiental.

A intención é que, despois, os venres poidamos traela (voluntariamente), apoiando os "Fridays for future" iniciados por Greta Thumberg.

Para isto precisamos que os nenos e nenas traian unha camiseta, preferiblemente branca ou clariña, e que sexa lisa, ao longo desta semana.

Atentamente,

O equipo docente.

XUNTANZA DA ANPA O VENRES 27

27/09/2019 09:20
Europe/Madrid

O próximo venres, 27 de setembro de 2019, a ANPA Alén organiza unha xuntanza no noso centro. Tedes toda a información a continuación .Un saúdo!

Corcubión,25/09/2019

Convocatoria  de  reunión.

Estimadas  familias:

A  xunta  directiva  da  ANPA  ALÉN  convoca  a  todas  as  nais  e  pais  do  alumnos  do CEIP  Praia  de  Quenxe  á  asamblea  xeral  que  terá  lugar  o  vindeiro  venres  27  de setembro  as  9:20  horas  na  biblioteca  do  centro  co  seguinte  orde  do  día:

  •   Xestión  realizada  pola  Anpa  o  pasado  curso  18-19
  •   Situación  ante  o  novo  curso  19-20-  Eleccións  ANPA. 
  •   Presentación  de  candidaturas  e  proceso  electoral.
  •   Iniciativas  para  o  novo  curso.
  •   Modificación  Estatutos
  •   Rogos  e  preguntas.

Un  saúdo

 

INICIO DE CURSO 2019 / 2020

INICIO DO CURSO ACADÉMICO 2019/2020

O vindeiro mércores, 11 de setembro, iniciamos un novo curso académico. A xornada escolar será coma de costume de 9:15 a 14:15h. Todas as familias están invitadas a acompañarnos na primeira sesión para que poidan coñecer ao novo alumnado e profesorado do centro.

Ás 9:15h subiremos todos ao ximnasio para facer unha breve presentación do curso escolar e, a continuación, os pais e nais que así o desexen poderán baixar ás aulas cos seus fillos e fillas para ter unha breve charla cos titores.

Lembrade  que os servizos de transporte e comedor escolar funcionarán con normalidade desde o primeiro día. Os usuarios do comedor escolar que non fagan uso do servizo teñen a obriga de avisar con un día de antelación. En caso de imprevisto, deberán avisar antes do inicio das clases ás 09:15h.

Benvidos e que teñades un bo inicio de curso.

HORARIO XERAL

 

HORARIO XERAL DO CENTRO

ENTRADA

9.15 h

1ª CLASE

09,15 – 10,05

2ª CLASE

10.05 – 10.55

RECREO

10,55 – 11,15

3ª  CLASE

11.15 – 12.05

4ª CLASE

12.05 – 12.55

RECREO

12.55 – 13:10

HORA DE LER

13:10 – 13:25

5ª CLASE

13:25 – 14:15

SAÍDA

14.15 h

COMEDOR

14.15 – 15:30 h

A PARTIR DE OUTUBRO O ALUMNADO DO CENTRO PODERÁ FACER USO DA BIBLIOTECA DO CENTRO DE 15:00 A 17:00H, ONDE HABERÁ SEMPRE 2 MESTRES DE GARDA.

 

Distribuir contido