3º E.P.

Tarefas Xoves 30 de abril de 2020

TAREFAS PARA HOXE:

- ASAMBLEA. No CHAT de Abalar, hoxe resolveremos o RETO matemático da páx.104. Falaremos sobre as profesións e oficios que vós considerades que están sendo imprescindibles nestas semanas de confinamento.

 

- MATE+. FICHA 19. RESOLUCIÓN DE PROBLEMAS.

 

- LECTURA-ESCRITURA. Conmemoración DÍA DEL TRABAJO- 1 DE MAYO.

    1º Ver el vídeo "Día del trabajador Aula365".

     2º Leer el texto "Día del trabajador" (en el documento adjunto).

     3º En un folio de doble pauta o cuadriculado, escribes como título  DÍA DEL TRABAJO  1 DE MAYO (con letras dobles y grandes, coloreadas). Copias y resuelves los siguientes ejercicios:

                    1- Busca en el diccionario.(recuerda escribir antes de la definición, las abreviaturas del tipo de palabra (sustantivo-s.; verbo-v.) y género (masculino-m. ó femenino-f.) de la palabra, tal y como aparece en el diccionario).

            - trabajo: s.m.
            - remunerar:
            - luchar:
            - huelga:
            - mártir:
            - reivindicar:
           
     2- Investiga en tu familia. Pregunta a 4 personas sobre su trabajo: 

 

     Familiar

(abuela, madre, tío,...)       

Número de horas
que trabaja al día
Trabajo remunerado
o no remunerado
     
     
     
     

 

- EDUCACIÓN FÍSICA. Ver as propostas de Laura.

 

HORA DE LER. Lectura silenciosa durante 20 minutos aproximadamente.

 

As dúbidas resolvémolas no Chat en Abalar e por correo electrónico.

Bo traballo!

Tarefas Mércores 29 de abril de 2020

TAREFAS DO DÍA:

- ASAMBLEA. Na videoconferencia de hoxe imos correxir as tarefas sobre as divisións, que fixéchedes esta semana (Ficha 19-20). Tamén falaremos do experimento que vos propuxen onte.

- INGLÉS. Ver a proposta de Eva.

- MATE+. FICHA 18. RESOLUCIÓN DE PROBLEMAS. Divisiones de 1 cifra.

- ESCRITURA. GRAMÁTICA: OS VERBOS.

       Collemos o libriño sobre Gustav Klimt, e realizamos as seguintes actividades a continuación da vosa versión do cadro "El árbol de la vida". Nunha carilla en branco, escribides a data en boli negro e en boli azul os seguintes exercicios:   

       1- O texto sobre a vida e obra de Gustav Klimt, está escrito en PRESENTE, PASADO OU FUTURO? Como o sabes? Explícao coas túas palabras.

       2- Busca 6 verbos (palabras que nos indican unha acción, facer algo) no texto e completa o seguinte cadro:

 

     VERBO        INFINITIVO       CONXUGACIÓN: 1ª,2ª ou 3ª

 

 

   

RECORDA:
1ª conxugación: verbos rematados en -ar
2ª conxugación: verbos rematados en -er
3ª conxugación: verbos rematados en -ir.

       3- Escribe unha oración con cada un dos verbos do exercicio 2.
             (Podes conxugar os verbos como queiras. En total escribirás 6 oracións)

HORA DE LER. Lectura silenciosa durante 20 minutos aproximadamente.

- PRÁCTICA ONLINE DE CONTIDOS

    DIVISIONES: https://www.cokitos.com/juego-aventura-matematica-submarina/play/

    CÁLCULO MENTAL: https://www.cokitos.com/calculo-mental-interactivo/play/

 

As dúbidas resolvémolas no Abalar, no correo electrónico e na Videoconferencia.

Bo traballo!

 

Tarefas Martes 28 de abril de 2020

TAREFAS para hoxe:

- ASAMBLEA. Falaremos das saídas que fixéchedes onte e da actividade de onte sobre como escribir un correo electrónico.

- INGLÉS. Ver as propostas de Eva.

- RELIXIÓN. Ver proposta de Chefa.

   VALORES. Ler o conto: "LA ZORRA Y LAS UVAS", fábula sobre o esfuerzo, que está no Ficheiro adxunto. A continuación do traballo do conto "La esmeralda encantada" da semana pasada, escribe a data e o título do conto e fai unha ilustración que represente cómo continuarías tí a historia da "zorra".

- MATE +. Ficha 20. Cálculo y operaciones. 

            Antes de hacer la ficha, ver los 2 vídeos explicativos en unprofesor.com:

                 "Aprender a dividir entre una cifra- divisiones exactas" y "Aprender a dividir entre una cifra- divisiones inexactas" (=enteras).

           Luego, practica online en:    https://www.smartick.es/matematicas/exercise.html?resource=todas-juntas

- PROXECTO.

           Esta semana imos coñecer un pouco máis a fondo unha das capas máis importantes da Terra, a ATMOSFERA (en galego, atmosfera é unha palabra grave/llana e non leva til. En castelá, atmosfera é unha palabra esdrúxula e leva til, "atmósfera")
       1º Ver o vídeo: "La atmósfera" de Happy Learning.

        2º Despois da teoría "Fontes de enerxía", escribir a data e o título CAPAS DA ATMOSFERA (en boli vermello), debaixo realizar o debuxo que vos adxunto sobre as capas da Atmosfera. Unha vez feito o debuxo, identificade as capas escribindo os nomes en cada unha delas. Logo, completade a información de cada capa con dous datos dos que fala no vídeo: altura que ten a capa e que podemos atopar nela. 

        3º EXPERIMENTO. Propóñovos un experimento sobre as capas da Terra. É moi interesante. Animádesvos?
             Ve o seguinte vídeo, busca os materiais e intenta realizalo: "Geología. Capas de la Tierra. Experimento" (ver ata o minuto 6:21). Se queres podes gravarte explicando como o fixeches e enviarmo por WETRANSFER, así practicas como enviar vídeos ou imaxes por correo electrónico.

HORA DE LER. Lectura silenciosa durante 20 minutos aproximadamente.

- MÚSICA. Ver propostas de Marcos.

 

Tarefas Luns 27 de abril de 2020

Esta semana teremos clases virtuais só catro días porque o venres é festivo, conmemoramos o 1 de maio "DÍA DOS TRABALLADORES E DAS TRABALLADORAS".

TAREFAS DO DÍA:

- ASAMBLEA. Na Videoconferencia de hoxe falaremos da vosa saída de onte, despois de varias semanas sen poder saír á rúa a causa do COVID-19. Tamén falaremos do libro que líchedes a semana pasada e o novo libro para esta semana.

- EDUCACIÓN FÍSICA. Ver propostas de Laura.

- ESCRITURA. Escribimos un CORREO ELECTRÓNICO. Imos aprender a escribir un e-mail, para que saibades como enviarme as vosas tarefas, vídeos, imaxes...

       Nunha folla de dobre pauta (se non tendes, nun folio) escribides a data de hoxe en boli negro e o título da actividade en maiúsculas e boli vermello: ESCRIBIR UN CORREO ELECTRÓNICO.

       Abrides o documento adxunto e resolvedes as tarefas propostas.

- MATE+. Ficha 19. Cálculo y operaciones. Antes de hacer la ficha, ver el vídeo explicativo: "Enseñar a dividir" en unprofesor.com Nos explica la división como el reparto en partes iguales.

        - Hacer la ficha. Para el ejercicio 2 puedes utilizar la calculadora.

        - Luego, practica online:    https://es.ixl.com/math/3-primaria : "Comprender la división": J1, J2, J3, J4, J5

                                               https://www.smartick.es/matematicas/exercise.html?resource=concepto-de-la-division

HORA DE LER. Lectura silenciosa durante 20 minutos aproximadamente.

- BIBLIOTECA. Se remataches o libro da semana pasada, elixe outro conto para ler durante esta semana. Cando o remates, cubre o Pasaporte lector.

 

Resolvemos dúbidas no Chat de Abalar, no correo electrónico e na Videoconferencia.

Bo traballo!

Tarefas Venres 24 de abril de 2020

Tarefas de hoxe:

- ASAMBLEA (no Chat de Abalar).

- ESCRITURA. DESCRICIÓN DO CADRO: Continuamos co traballo sobre Gustav Klimt. No libriño que estades construíndo, na seguinte folla en branco, escribides a data de hoxe e colocades a folla en horizontal. Facedes con lapis e regla o seguinte cadro que xunto no ficheiro (Esquema cadro), ocupando toda a folla. Logo, describides coas vosas palabras o que vedes nas distintas partes do cadro "El árbol de la vida" de Gustav Klimt (non copiedes o que está entre paréntese, iso é unha pista sobre o que tendes que escribir en cada apartado).

- INGLÉS. Ver proposta de Eva.

- MATE+. Ficha 12 de GEOMETRÍA. Los cuerpos redondos.

Lee bien el recuadro y completa la ficha. Luego practica online:

https://es.ixl.com/math/3-primaria/seleccionar-figuras-tridimensionales

https://es.ixl.com/math/3-primaria/figuras-de-objetos-de-la-vida-diaria

https://www.cokitos.com/juego-clasificar-figuras-geometricas/play/

HORA DE LER. Lectura silenciosa durante 20 minutos aproximadamente.

- ARTE. Rematar a vosa versión do cadro "El árbol de la vida".

 

As dúbidas resolvémolas polo Chat en Abalar ou por correo electrónico.

Bo traballo!

 

Tarefas Xoves 23 de abril de 2020

Hoxe, 23 de abril, conmemoramos o DÍA DO LIBRO. As tarefas de hoxe ímolas centrar en coñecer un pouco máis a razón desta celebración.

TAREFAS PARA HOXE:

- ASAMBLEA. Polo Chat en Abalar.

 “En un lugar de la Mancha, de cuyo nombre no quiero acordarme, no hace mucho tiempo que vivía un hidalgo llamado Don Quijote…”

 - LECTURA e ESCRITURA. Propóñovos dúas tarefas para conmemorar o DÍA DO LIBRO:

          1º Ler o documento que xunto, con información sobre as razóns de por que se celebra o día de hoxe. Damos resposta a dous interrogantes: "Por que o 23 de abril?" e "Como se conmemora o Día do Libro?".

          2º Elaborar unha tarxeta sobre un libro que recomendarías ler (cortar un folio pola metade e escribir en vertical). A tarxeta incluirá:

                        DÍA DO LIBRO(en letras grandes e decoradas)
                        23 de abril de 2020
                      
                        (Título do libro e autor)
                  
                        Recoméndovos este libro porque... (tres ou catro liñas xustificando por que o recomendas. podes falar do que trata, dalgún personaxe, algunha parte do conto...)

Decorar a tarxeta polos arredores, que non quede en branco. Todas as tarxetas van formar parte de "El árbol de la vida" de Gustav Klimt. Espero que desfrutedes realizando a actividade.

- MATE +. Repasar las tablas de multiplicar, si aún no las sabéis bien. Podéis hacer actividades online que os propuse ayer o escribirlas varias veces para practicarlas.

- EDUCACIÓN FÍSICA. Ver a proposta de Laura.

HORA DE LER. Facer lectura silenciosa durante 20 minutos, aproximadamente.

 

Calquera dúbida, resolvémolas polo Chat grupal ou por e-mail.

Bo traballo!

 

 

 

 

Tarefas Mércores 22 de abril de 2020

A xornada de hoxe adicarémola a reflexionar sobre a situación que está vivindo o planeta no que vivimos, conmemorando o DÍA DO PLANETA.

- ASAMBLEA: no Chat de Abalar.

- INGLÉS. Ver proposta de Eva.

- PROXECTO. Celebración do DÍA DO PLANETA. Onte estivéchedes traballando distintas fontes de enerxía, renovables e non renovables e puidéchedes ver uns vídeos que vos propuxen sobre estas enerxías e como inflúen no noso Planeta. Hoxe propóñovos ver dous vídeos complementarios aos de onte, que son:

  •  "Aprende con Dani. El efecto invernadero" de Happy Learning.
  • "Aprende con Dani. La contaminación de los mares" de Happy Learning.

Con todo o que xa falamos moitas veces na aula e a información que acabas de ver, elabora nunha lámina de debuxo, un CARTEL sobre accións para coidar o noso planeta Terra. Poderás tratar os seguintes temas: uso responsable dos recursos naturais (auga, seres vivos, enerxías,...), residuos, contaminación, reciclaxe,...

No cartel podes incluír debuxos, recortes, frases e terá un lema ou eslogan, é dicir, unha frase de 2 ou 3 palabras que resuma o teu cartel (con letras decoradas e grandes) e tamén aparecerá por algún lado do cartel: DÍA DO PLANETA. 22 DE ABRIL DE 2020.

- MATE. Repaso de las tablas de multiplicar. La próxima semana vamos a empezar con la práctica de la DIVISIÓN, y es necesario que sepáis muy bien las tablas de multiplicar. Podéis hacerlo escribiéndolas, con juegos o realizando algunas tareas online como éstas:

                          -  https://es.ixl.com/math/3-primaria  : entrais en el apartado MULTIPLICACIONES y ENTRENAMIENTO DE COMPETENCIAS DE MULTIPLICACIÓN.

- HORA DE LER. Lectura silenciosa durante 20 minutos aproximadamente.

- VIDEOCONFERENCIA. Espérovos a todos ás 12:00h!!!

 

Bo traballo!

 

 

 

Tarefas Martes 21 de abril de 2020

TAREFAS DO DÍA.

- ASAMBLEA: no Chat en Abalar. Que tal as tarefas das simetrías? fixéchedes algún xogo dos que vos propuxen? 

                        Recordades as narices de Pinocho? Como as construímos e de que poliedro se trataba??

 

- INGLÉS. Ver proposta de Eva.

 

- RELIXIÓN. Ver proposta de Chefa.

  VALORES. O conto para hoxe titúlase: "La esmeralda encantada" e podedes lelo no seguinte enlace:  https://www.mundoprimaria.com/cuentos-infantiles-cortos/la-esmeralda-enc...

A continuación da ilustración do conto "El tigre negro y el venado blanco", realizar a actividade de hoxe. Escribides a data en negro e debuxades unha escena que para vós representa a parte máis importante desta historia. 

 

- PROXECTO: Actividade "FONTES DE ENERXÍA": ver varios vídeos e copiar a continuación da actividade "OS VOLCÁNS", a teoría que vos xunto no documento. Escribir a data en boli negro e debaixo o título FONTES DE ENERXÍA en boli vermello. 

Podedes ver algún vídeo e copiar algo da teoría, ver outros vídeos e seguir coa teoría. Cada un organizádevos como prefirades.

Os vídeos completan a información que ides copiar e tamén vos vai servir para a actividade de mañá, DÍA DO PLANETA.

 

- MATE+: Ficha 11. Los poliedros: prismas y pirámides.

Lee despacio el recuadro para fijarte bien en la diferencia entre prisma y pirámide. Luego, haz las actividades de la ficha y practica online: 

https://es.ixl.com/math/3-primaria/identificar-figuras-trazadas-a-partir-de-cuerpos-sólidos

https://es.ixl.com/math/3-primaria/desarrollos-de-figuras-tridimensionales

 

HORA DE LER. Lectura silenciosa durante aproximadamente 20 minutos.

 

- MÚSICA. ver a proposta de Marcos.

 

As dúbidas resolvémolas por Abalar ou por correo electrónico.

Bo traballo!

 

 

Tarefas Luns 20 de abril de 2020

Comezamos unha semana na que imos realizar dúas conmemoracións importantes: o mércores 22 de abril "Dia do planeta" e o xoves 23 de abril "Día do libro". Ámbolos días, adicaremos a xornada toda a xornada a cada conmemoración: o planeta e os libros.

As tarefas para o día de hoxe son:

- ASAMBLEA (no Chat de Abalar)

- EDUCACIÓN FÍSICA: ver propostas de Laura.

- ESCRITURA: Continuamos coñecendo ao artista austríaco Gustav Klimt. No documento xunto, podedes ver os cadros que vos aparecen no ditado. Sen escribir a data, seguimos a biografía que comezamos a semana pasada, co terceiro ditado:

 

               Das obras de arte de Gustav Klimt, podemos destacar as seguintes: 

  • “El Beso”, que actualmente se atopa exposto no Museo Belbedere de Viena.
  • “El Árbol de la Vida”, que foi colocado no comedor do Palacio Stoclet de Bruselas.
  • “Vida y Muerte”, recibe o primeiro premio na Exposición Internacional de Arte de Roma. Esta obra encóntrase na actualidade exposta no Museo Leopold.
  • “Retrato de Emilie Flöge”, era deseñadora de moda. O retrato atópase no Museo de Viena.

 

              Curiosidades: Roubo e recuperación do cadro "Retrato de una dama".

 Era un dos cadros roubados máis buscados, despois de que a súa espectacular desaparición sen deixar rastro da Galería Ricci Oddi en Italia en 1997, dera a volta ao mundo.

Desapareceu misteriosamente xusto antes do seu traslado para unha exposición.

Foi descuberto en decembro de 2019 no propio museo durante unhas obras de limpeza e de reestructuración do muro exterior. Os traballadores encontraron unha bolsa negra de lixo co cadro dentro, nunha cavidade protexida por unha chapa e cuberta por fieitas.

 

- MATE+: Ficha 10. Simetría y traslación. La tarea 2 la podeis hacer en el libro, las tareas 3 y 5 las hacéis en una hoja cuadriculada (escribid la fecha y el nombre de la ficha debajo).

Despues de hacer la ficha, podeis practicar algunas de las actividades online que os propongo en el siguiente enlace:

                    https://www.cokitos.com/tag/juegos-de-simetria/                 

- HORA DE LER: lectura silenciosa durante aproximadamente 20 minutos.

- BIBLIOTECA: Elixides un novo conto para ler durante esta semana e cubrir o Pasaporte Lector.

 

As dúbidas resolvémolas polo Char de Abalar ou polo correo electrónico.

Bo traballo!

 

Tarefas Venres 17 de abril de 2020

TAREFAS DO DÍA:

- ASAMBLEA (no Chat de Abalar). Hoxe comentaremos os "problemas" dos semilleiros que temos na aula e o volcán ANAK KRAKATAU.

- PROXECTO: FICHAS DAS PLANTAS. Buscar información sobre 2 plantas, as que tí elixas. Ir facendo os debuxos das plantas que xa tendes buscada a información.

- INGLÉS. Mirar as propostas de Eva.

- ESCRITURA. Continuamos coa biografía de Gustav Klimt.

A continuación do 1º ditado, facemos o 2º ditado. Se non vos colle nese medio folio, teredes que cortar outro folio pola metade e facer o mesmo. Recordade escribir polos dous lados do papel.

Buscade a axuda dun adulto para que vos faga o ditado. Non escribades a data, para que a información quede unha a continuación da outra. O ditado é o seguinte:

 

En 1904 comeza os debuxos para a decoración do Palacio Stoclet de Bruselas, que finalizou en 1909. 

En 1908,  encóntrase no máis alto da súa carreira, con algunhas das súas pinturas máis famosas, como: El beso, Dánae y Judith II. O estilo de Klimt, e o que utiliza neste cadro, é o simbolismo.

Klimt, aparte de ser pintor, tamén foi decorador. El árbol de la vida foi un dos seus últimos traballos decorativos e forma parte da decoración que Klimt fixo para o palacio de Bruselas.

 

- HORA DE LER. Facede unha lectura silenciosa de 20 minutos aproximadamente.

- ARTE. A proposta desta semana é realizar a vosa versión de "El árbol de la vida" de Klimt. Para iso, nunha lámina de debuxo facedes o voso cadro. Non ten que ser exactamente como o de Klimt, pero sí ten que cumplir uns requisitos mínimos, é dicir, manter a estructura do cadro e os elementos principais, que destacamos onte na Asamblea. Logo, podedes introducir algúns elementos novos decorativos para facelo propio. Así, cada cadro terá unhas peculiaridades e serán todos diferentes. 

Podedes utilizar reglas, compás, acuarelas ou ceras.

Por detrás da lámina, escribide os datos sobre o cadro orixinal e sobre a vosa versión:

          Cadro orixinal.                                                                        A miña versión do cadro.

            - TÍTULO:                                                                                 - TÍTULO:

            - AUTOR:                                                                                  - AUTOR:

            - DATA DE ELABORACIÓN:                                                          - DATA DE ELABORACIÓN:

            - LOCALIZACIÓN:                                                                       - LOCALIZACIÓN: 

O cadro estará rematado para o próximo venres 24 de abril.

 

Aclaramos as dúbidas de hoxe polo Abalar ou polo e-mail.

Bo traballo!

Distribuir contido