Audición e Linguaxe

Memoria auditiva 2

Bos días!!

Hoxe déixovos un enlace para traballar a memoria auditiva, tamén moi importante para mellorar a adquisición da lectoescritura, entre outros aspectos. Se non sodes capaces de lembrar o que escoitades... que credes que pasa? Seredes capaces de seguir ordes ou instrucións que teñades que facer ou costaravos saber por onde empezar?... Claro! Sería máis difícil, verdade? Así que, aquí tedes un pequeno xogo para traballar a memoria auditiva.

Memorizaredes todo o que escoitades? Probade a ver que pasa! Cando rematedes, pulsade no botón de "¡terminado!", logo cubride e enviade o seguinte cadro que vos aparece.

 

Facede clic no seguinte enlace https://es.liveworksheets.com/c?a=s&s=memoria%20auditiva&t=v45g3ezbv7&l=...

 

Lembrade que me podedes escribir a al.cole.luisa@gmail.com

Espero as vosas mensaxes, fotos, audios, vídeos...

Unha aperta forte para todas e todos!!

 

Imos entrenar a memoria visual!

Bos días a todas e todos!!

Hoxe imos facer un xogo de memoria visual... Lembraredes onde estaba...?

Este tipo de xogos axúdanos a mellorar na aprendizaxe, por exemplo, da lectoescritura. Na lectura, collendo velocidade lectora ao recoñecer as palabras que lembramos, e na escritura, cometendo menos faltas de ortografía porque recordamos a forma da palabra, importante para aquelas que non teñen unha norma ortográfica como as que teñen "b" ou "v". Como sabemos cando usar unha ou outra?... Pois, axúdandonos da memoria visual. Así que, imos reforzala con este xogo. A ver canto adiviñades?

 

Facede clic aquí https://view.genial.ly/5e7642d20fcfb90d9f8fcb16/presentation-entrenamos-nuestra-memoria

 

Lembrade que me podedes escribir a al.cole.luisa@gmail.com

Espero as vosas mensaxes, fotos, audios, vídeos...

Apertas para todas e todos!!

Actividades para o aprendizaxe e desenvolvemento de habilidades lingüísticas - 10

Moi bo día a todas e todos!

Déixovos no enlace que vos poño máis abaixo, unha nova tanda de actividades para a mellora da linguaxe oral. Xa imos pola 10!

Espero que vos gusten moito!

 

Facede clic aquí https://view.genial.ly/5e73527766abcc0f6863c46b/presentation-actividades...

 

Lembrade que me podedes escribir a al.cole.luisa@gmail.com

Espero as vosas mensaxes, fotos, audios, vídeos...

Apertas para todas e todos!!

 

Seguimento de instrucións... Os piratas!

Bos días a todas e todos!! Que tal a fin de semana?

Hoxe tócanos empezar nova semana e ímolo facer cunha actividade que vos vai estimular a vosa comprensión oral.  Imos seguir instrucións a través dos piratas!

Isto é moi importante para cando, por exemplo, esteades en clase e vos digan as cousiñas que tedes que ir facendo non se vos olviden ou, cando vos lean un conto, vos lembredes do que foi acontecendo e, tamén, por exemplo, cando os vosos pais e nais vos digan as vosas responsabilidades do día, sepades o que tedes que facer. A parte da memoria, outro aspecto importante a traballar, entón, é a comprensión oral, porque se non entendedes o que vos din, váisevos complicar resolvelo.

Esta actividade é recomendada para educación infantil ata 1º ou 2º de educación primaria.

Estade moi atentos... unha vez que pinchedes no enlace, vaivos ir dicindo os pasos que tedes que facer.

Cando entredes, ide pulsando no botón "play", para escoitar as instrucións.

 

Facede clic aquí... https://view.genial.ly/5e87728659ee3c0df4087e82/presentation-los-piratas...

 

 

 

Lembrade que me podedes escribir a al.cole.luisa@gmail.com

Espero as vosas mensaxes, fotos, audios, vídeos...

Apertas para todas e todos!!

 

 

Actividades para o aprendizaxe e desenvolvemento de habilidades lingüísticas - 9

Moi bo día a todas e todos!

Déixovos no enlace que vos poño máis abaixo, unha nova tanda de actividades para a mellora da linguaxe oral. Xa imos pola 9!

Espero que vos gusten moito!

 

Facede clic aquí https://view.genial.ly/5e73527766abcc0f6863c46b/presentation-actividades...

 

Lembrade que me podedes escribir a al.cole.luisa@gmail.com

Espero as vosas mensaxes, fotos, audios, vídeos...

Boa fin de semana a todas e todos!!

 

FELIZ DÍA DO LIBRO!!

Feliz Día Internacional do Libro a todas e todos!

Hoxe celebramos este día que está promovido pola UNESCO para fomentar a lectura e a protección da creación literaria.

Por este motivo, ímolo festexar cun conto moi bonito, que seguramente moitos coñeceredes.

Explícovos nas imaxes que hai máis abaixo como podedes acceder a el.

Saberedes contestar as preguntas que se vos plantexan? Estade moi atentos!! Son moi faciliñas... Animádevos a xogar!

 

 

Aquí tedes a explicación:

Tedes que ir a este enlace e logo seguir os pasos que vos indico nas imaxes:

https://edpuzzle.com/open/usmawlo

       

 

 

                       

 

Espero que o gocedes moito!!

Lembrade que me podedes escribir a al.cole.luisa@gmail.com

Cal é o voso conto favorito?

Espero as vosas mensaxes, fotos, audios, vídeos...

Moitas apertas!!

Habilidades metafonolóxicas (omitir ou engadir sílabas para formar novas palabras)

Bos días!

Hoxe imos xogar coa metafonoloxía. Vainos axudar a ver os segmentos que forman a linguaxe oral e é unha actividade que nos vai a axudar, tamén, na adquisición e mellora da lectoescritura. Averiguaredes que palabra queda?

Déixovos dous formatos, un en pdf que é un pouco máis difícil, se non sabedes ler, mellor para 1º ou 2º de educación primaria. Non fai falta que o imprimades, podedes xogar a través do ordenador. Outro en formato vídeo, é algo máis sinxelo, así que se os de 4 e 5 anos animádevos, tamén podedes xogar.

Aquí tedes o vídeo. Facédelle clic enriba:

Lembrade que me podedes escribir a al.cole.luisa@gmail.com

Espero as vosas mensaxes, fotos, audios, vídeos...

 

Aquí debaixo tedes o arquivo adxunto.

Actividades para o aprendizaxe e desenvolvemento de habilidades lingüísticas - 8

Moi bo día todas e todos!

Déixovos no enlace que vos poño máis abaixo, unha nova tanda de actividades para a mellora da linguaxe oral. Xa imos pola 8!

Espero que vos gusten moito!

 

Facede clic aquí https://view.genial.ly/5e73527766abcc0f6863c46b/presentation-actividades...

 

Lembrade que podedes contactar comigo no seguinte email:

al.cole.luisa@gmail.com

Espero as vosas mensaxes, fotos, vídeos... o que prefirades!

Unha aperta moi forte!

 

Rima que te rima! - 2

Bo día a todas e todos!

Hoxe imos facer un cruceiro de rimas! Iría dirixido, sobre todo, para os nenos/as de Ed. Infantil e 1º Ed. Primaria. Que vos parece?

Seredes capaces de facer que o barco chegue ao seu destino?

Lembrade que as rimas axúdannos, tamén, a mellorar a nosa conciencia fonolóxica, base fundamental para a adquisición da lectoescritura.

Animádevos?

 

Facede clic aquí

https://view.genial.ly/5e8359fdad7e6d0e3aaacf37/game-crucero-de-rimas

 

Lembrade que, podedes contactar comigo, a través do seguinte email:

al.cole.luisa@gmail.com

Unha aperta!

Repaso lectoescritura - sílabas

Moi bo día! Que tal seguides? Espero que moi ben.

 

Xa sabedes que podedes escribirme a este email, que vos poño a continuación, se tedes calquera consulta, comentario ou o por calquera outra cousa que necesitedes:

al.cole.luisa@gmail.com

 

Hoxe vos traio un xogo para construír palabras a través de sílabas! Que vos parece? A ver se ides superando os distintos niveis! Xa me contaredes!

 

Facede clic aquí https://view.genial.ly/5e859baeba81d90dfb340609/presentation-nubes-de-pa...

 

Apertas mil para todas e todos e boa finde!

 

Distribuir contido