Blogues

10º MARTES. 10º EXPERIMENTO

Bos días!!

Como última proposta de experimento: FRECHAS QUE XIRAN SOAS!

Que necesitamos?

-Un vaso

-Dúas frechas debuxadas cara o mesmo lado

-Unha xerra con auga

Que credes que vai a pasar?

Premede na imaxe para acceder ao vídeo.

Moitos bicos para tod@s!

Semana do 15 ao 19 de xuño

Bo día a tod@s!

Estamos na última semana de curso, para a cal vos traio as seguintes propostas:

MARTES 16

O EXPERIMENTO.

MÉRCORES 17

Unha receita de cociña fresquiña, no apartado de OUTRAS PROPOSTAS.

Lembrade que podedes acceder directamente a cada apartado do blogue clicando enriba das palabras destacadas en verde.

Que teñades boa semana.

Biquiños!!

Vocabulario animais -1

Moi bo día a todas e todos!!

Empezamos semana traballando un pouquiño de vocabulario de animais, a través dunha pequena descrición. Así traballamos, a parte disto, a comprensión lectora dunha maneira sinxeliña.

Podedes facelo dende ed. infantil, se aínda non ledes coa axuda dun adulto, ata 1º de educación primaria.

Ao rematar a actividade, tedes que pulsar no botón "terminado". Despois, pediravos o voso nome e curso e dádelle a enviar.

Coñecedes a estes animais?

 

Facede clic na seguinte imaxe:

Lembrade que me podedes escribir a al.cole.luisa@gmail.com

Espero as vosas mensaxes, fotos, audios, vídeos...

Unha forte aperta para todas e todos e bo inicio de semana!!

Tarefas Semana do 15 ao 19 de xuño de 2020.

 

TAREFAS DA SEMANA:  do 15 de xuño ao 19 de xuño.

 

MATE+.

 

    - Terminar de elaborar los CARTELES de precios para un mercado de alimentación.

 

Ø    - Si os apetece, os dejo unos enlaces de actividades:

 

https://www.mundoprimaria.com/juegos-educativos/juegos-matematicas/medidas/med-tercero

 

https://www.mundoprimaria.com/juegos-educativos/juegos-matematicas/geometria/geo-tercero

 

https://www.mundoprimaria.com/juegos-educativos/juegos-matematicas/numeros/num-tercero

 

 

ESCRITURA.

Ø     - Se che apetece, propóñoche copiar un conto no ordenador. Na carpeta que tes aberta coa actividade “CUENTO”, abres un arquivo co título do conto que vas copiar. Pode ser o teu favorito ou calquera que teñas na casa. Engade imaxes e escribe con distintos tipos e tamaños de letra. Anímate!!

 

 

ARTE.

 

Ø      - Propóñoche elaborar nunha lámina de debuxo, unha representación da túa canción favorita, dunha paisaxe que che guste, ou de calquera outra cousa que che apeteza. Non se trata de facer un debuxo e colorealo, senón de facer unha montaxe con figuras tridimensionais de ORIGAMI- PAPIROFLEXIA. Podes combinar figuras tridimensionais con algún debuxo. Anímaste?

 

Por detrás da lamina, escribe os seguintes datos:

 

-       DATA DE ELABORACIÓN:

 

-       TÍTULO:

 

-       EMOCIÓN:

 

o    Animais: https://manualidadesplay.com/ninos/origami-facil-animales/

 

o    Flores: https://es.wikihow.com/hacer-una-flor-origami

 

o    Barco: https://www.origamifacil.net/origami-barco/

 

o    Estrella: https://www.bing.com/videos/search?q=estrellas+de+origami+f%c3%a1ciles&&view=detail&mid=BDE24DF28737CB91EBE0BDE24DF28737CB91EBE0&&FORM=VDRVRV

 

 

Ø      - Realiza as portadas e contraportadas para arquivar as túas fichas deste curso: EDUCACIÓN EMOCIONAL,

 

PROXECTO “SALVEMOS O PLANETA”,

 

LÓXICA- MATEMÁTICA,

 

VALORES…

 

 

VIDEOCONFERENCIAS: esta semana non realizaremos videoconferencia o luns.

 

O mércores faremos videoconferenica todo o grupo-clase, para poñer en común as vosas propostas de temas de traballo do próximo curso.  

 

O venres, tamén faremos videoconferencia todo o grupo-clase, para despedirnos ata setembro. É posible que teñamos a visita dalgún especialista.

 

 

EDUCACIÓN FÍSICA. Ver a proposta de Laura no blogue na páxina do cole.

 

 

INGLÉS. Ver a proposta de Eva no blogue na páxina do cole.

 

MÚSICA. Ver a proposta de Marcos no blogue na páxina do cole.

 

 

 

Calquera dúbida, envíame un correo electrónico ou polo Abalar diario ou nas videoconferencias semanais.

 

Bo traballo!

 

Actividades lengua - 15 al 19 de junio

 
 
ADIVINANZAS
 

 

CONCIENCIA LÉXICA

 

 

 

 

DESCRIPCIONES

 
 
 
 
 
 
COMPRENSIÓN LECTORA
 
 
 
 
 
 
 
COMPRENSIÓN ORAL - MEMORIA VISUAL Y AUDITIVA
 

SEMANA DO 15 AO 19 DE XUÑO. CADERNOS DE REPASO

Esta última semana de xuño non haberá traballo diario. Traballastes moito ao longo destes meses. Ao final conseguimos dar todo de todas as asignaturas. Só quedan algúns exercicios de repaso do final dos temas. Quen queira facer eses exercicios de repaso pode facelo e pedir corrección ou a axuda que precise.

Agora toca descansar e recargar pilas para empezar o curso que vén con forza.

Aínda así quen queira repasar pode facelo. Nas distintas seccións de 6º tendes acceso a cadernos de fichas de repaso que vos poden servir de axuda.

Tendes que pinchar en MATEMÁTICAS 6º, LINGUA CASTELÁ 6º E LINGUA GALEGA 6º

 

Vouvos deixar acceso a un caderno de TÉCNICAS DE ESTUDO, por se a alguén lle interesa e lle é útil. Pódese descargar. 

 

No seguinte ENLACE podedes acceder a unha páxina que ten xogos das diferentes materias

Bailes rexionais para 4º, 5º e 6º.

Ola.

Hoxe deixo un vídeo e unha actividade sobre algúns bailes rexionais españois.

O rematar dew ver o vídeo tedes que cubrir esta ficha: https://es.liveworksheets.com/c?a=s&s=M%C3%BAsica&t=ddpjm6qb09&m=n&l=xy&i=oufdcx&r=gn

Ides atoparvos esto:

 

Non esquezades poñer o nome e o curso tras darlle ao botón de "Terminado".

 

Unha aperta!

 

Colección de libros sobre natureza

Se vos gusta saber máis sobre árbores, plantas, fungos, insectos, aves, mamíferos, reptiles e anfibios, aqui tedes un enlace a unha imaxe interactiva onde podedes descargar unhas guias visuais de Editorial Omega.

Son lecturas moi interesantes para todos aos que lles guste a natureza. Non olvidemos que para coidar ben da natureza, temos que coñecela.

Unha aperta!

Colours!!!

Boas!!

Para non esquecer as cores in English!!!

Code: 5803117

 

 

 

Sons iniciais -2

Moi bo día a todas e todos!!

Hoxe imos repasar o son inicial das palabras, as correspondencias grafema-fonema. Nun tren vannos aparecer as letras que temos que buscar e, polo ceo, van voando globos con imaxes. Temos que pinchar o globo para que caiga no vagón que queremos. Por exemplo, se no vagón do tren aparece escrito unha “S” e hai un globo que ten unha imaxe que empece polo son “S”, pincharémolo para que caiga nese vagón. Se ides acertando, o tren cada vez vai máis rápido, e tamén os globos voan máis rápidos, así que tedes que estar moi atentos. Cada nivel que pasedes é máis difícil. Animádevos a probar?

Facede clic na seguinte imaxe:

 

Lembrade que me podedes escribir a al.cole.luisa@gmail.com

Espero as vosas mensaxes, fotos, audios, vídeos...

Unha aperta forte para todas e todos!!

 

Distribuir contido