Novas

MESA ELECTORAL

Unha vez realizado o sorteo, e chamados os membros da mesa electoral para ver quen pode ou non vir, infórmase que a mesa electoral está composta por:

 

Titular 1: Susana González Santos

Titular 2: Alberto Campos Díaz

Suplente 2: Bárbara Castro Vázquez

Suplente 4: Raúl González García

 

Esta mesa electoral constituirase o vindeiro luns 28 de novembro, para as eleccións dos representantes do Consello Escolar do sector de pais/nais. Estas persoas recibirán o chamamento oficial para acudir á constitución.

Agradecemos moito a súa colaboración.

 

 

PUBLICACIÓN DE CANDIDATURAS AO CONSELLO ESCOLAR PARA AS ELECCIÓNS DO VINDEIRO 28 DE NOVEMBRO

Pola presente anúncianse as candidaturas presentadas nos distintos sectores para as eleccións ao Consello Escolar:

 

-  NO SECTOR DE PAIS/NAIS DE ALUMNADO:

1.- Andrade Lago, Sandra Raquel

 

2.- Cernadas Lado, Mª del Carmen

 

3.- González Rodríguez, Gracia María

(Destes pais/nais hai que elexir a dous, porque o terceiro representante estará proposto pola ANPA)

-  A PROPOSTA DE REPRESENTACIÓN POR PARTE DA ANPA CORRESPONDE A:

-  González Rodríguez, Xosé Henrique.

-  NO SECTOR DE PROFESORADO:

1.- Domínguez Lestón, Delfino

 

2.- López Rivas, Mª Inés

 

3.- Pereira Senra, Paula

-  NO SECTOR DE PERSOAL NON DOCENTE:

1.- Bello Platas, Dolores

-  CANDIDATURA PROPOSTA POLO CONCELLO:

-  Fernández Louro, Manuela

 

 

 

 

 

 

 

 

PUNTUALIDADE NAS AULAS.

Estimadas familias:

Tras reunión mantida onte na escola (10 de outubro do 2016), quedaron aprobados tanto en Claustro como en Consello Escolar os documentos referidos a Normas de Organización e Funcionamento do centro (NOFC) asi coma o Plan de Convivencia. (En breve poderedes dispoñer das últimas modificacións dos mesmos e revisalos na web do centro).

Entre outras, aprobouse unha nova norma referida á puntualidade( coa intención de evitar a distorsión que producen as faltas de puntualidade no desenvolvemento das clases), que vai consistir no peche da porta da entrada principal pasados dez minutos desde que toque o timbre de entrada das 10:00 da mañá (no caso da xornada única de setembro e xuño, 9:10 da mañà).

Nese intre, o alumnado que desexe entrar no centro ( farao acompañado do seu pai/nai/titor) deberá amosar un xustificante médico en conserxería  que acredite o motivo de dita falta. No caso de non ter xustificante, o alumno/a deberá agardar para poder entrar ata a seguinte sesión das 10:50h (10:00 h. no caso da xornada única).

A medida entrará en vigor o vindeiro luns día 17 de outubro.

Agradecemos de antemán a vosa colaboración. Un saúdo.

O equipo directivo.

Distribuir contido