Audición e Linguaxe

Pasapalabra!

Moi bo día a todas e todos!!

Hoxe imos xogar a Pasapalabra! Xogo moi coñecido no que seguro que non fai falta que vos explique como xogar. En principio, é para alumnas e alumnos ata 2º de educación primaria. É un moi bo exercicio de conciencia fonolóxica, memoria, comprensión e vocabulario.

Animádevos a xogar?

 

Facede clic no seguinte enlace https://view.genial.ly/5ea294ccd407580db9f212ba

 

 

Lembrade que me podedes escribir a al.cole.luisa@gmail.com 

Espero as vosas mensaxes, fotos, audios, vídeos...

Unha aperta forte para todas e todos e bo inicio de semana!!

17 de maio... Día das Letras Galegas!

Moi bo día a todas e todos!!

Hoxe imos falar un poquiño do Día das Letras Galegas porque, como xa sabedes, celébrase cada ano en Galicia o 17 de maio, así que, se non foran as circunstancias nas que estamos, celebraríamolo durante esta semana no cole, xa que cadraría para este domingo.

Oficialmente, este 2020, de maneira extraordinaria, a celebración vaise pospoñer ao 31 de outubro, por ser o 110 aniversario do nacemento do autor deste ano, así que nesas datas volveremos falar deste día tan importante para as galegas e galegos e falaremos do autor galardonado Ricardo Carvalho Calero.

Dende aquí a nosa pequena homenaxe a este día, escoitando unha canción dun conto en galego, "Mariluz Avestruz".

Espero que vos guste!!

 

Facede clic neste enlace, poñede o voso nome e curso na ventá que vos aparece e ampliade a pantalla no cadriño de abaixo á dereita, ao lado do altavoz. Adiviñaredes as cuestións que vos van ir aparecendo?

https://edpuzzle.com/assignments/5ebdbfd0fe11f93f8f18106b/watch

 

 

Lembrade que me podedes escribir a al.cole.luisa@gmail.com

Espero as vosas mensaxes, fotos, audios, vídeos...

Unha aperta forte para todas e todos e boa fin de semana!!

 

Actividades para o aprendizaxe e desenvolvemento de habilidades lingüísticas - 14

Moi bo día a todas e todos!

Déixovos no enlace que vos poño máis abaixo, unha nova tanda de actividades para a mellora da linguaxe oral. Xa imos pola 14!

Espero que vos gusten moito!

 

Facede clic aquí https://view.genial.ly/5e73527766abcc0f6863c46b/presentation-actividades-para-el-aprendizaje-y-desarrollo-de-habilidades-linguisticas

Lembrade que me podedes escribir a al.cole.luisa@gmail.com

Espero as vosas mensaxes, fotos, audios, vídeos...

Unha aperta forte para todas e todos!!

 

Discriminación R-D 1

Moi bos días a todas e todos!!

Hoxe imos xogar a adiviñar se as imaxes que van aparecendo escríbense con R ou D. Seredes capaces de facelo? Seguro que si!!!!

Ás veces, confundimos estes dous sons, por iso, é bo facer un repasiño para ver se xa o temos superado e que cando escribamos, non nos confundamos de letra ao escribir unha palabra. Por exemplo, é o mesmo en castelán "CODO" que "CORO"?... Son palabras que significan dous cousas totalmente distintas, verdade? Por iso, é importante traballar a discriminación auditiva de sons e saber diferencialos correctamente.

Animádevos a probar?

 

Facede clic aquí https://view.genial.ly/5eb29dccb68c5b0da426c1f1/presentation-con-r-o-con-d

 

 

 

Lembrade que me podedes escribir a al.cole.luisa@gmail.com

Espero as vosas mensaxes, fotos, audios, vídeos...

Apertas para todas e todos!!

Seguimento de instrucións... Os Superheroes!

Bos días a todas e todos!! Que tal a fin de semana?

Hoxe tócanos empezar nova semana e ímolo facer cunha actividade que vos vai estimular a vosa comprensión oral.  Imos seguir instrucións a través dos Superheroes!

Xa falamos de que isto é moi importante para cando, por exemplo, esteades en clase e vos digan as cousiñas que tedes que ir facendo non se vos olviden ou, cando vos lean un conto, vos lembredes do que foi acontecendo e, tamén, por exemplo, cando os vosos pais e nais vos digan as vosas responsabilidades do día, sepades o que tedes que facer. A parte da memoria, outro aspecto importante a traballar, entón, é a comprensión oral, porque se non entendedes o que vos din, váisevos complicar resolvelo.

Esta actividade é recomendada para educación infantil ata 1º ou 2º de educación primaria.

Estade moi atentos... unha vez que pinchedes no enlace, vaivos ir dicindo os pasos que tedes que facer.

Cando entredes, ide pulsando no botón "play", para escoitar as instrucións.

Facede clic aquí https://view.genial.ly/5e8efbe6124be30da50f7746/presentation-super-heroes

 

Lembrade que me podedes escribir a al.cole.luisa@gmail.com

Espero as vosas mensaxes, fotos, audios, vídeos...

Apertas e bo inicio de semana para todas e todos!!

Actividades para o aprendizaxe e desenvolvemento de habilidades lingüísticas - 13

 

Moi bo día a todas e todos!

Déixovos no enlace que vos poño máis abaixo, unha nova tanda de actividades para a mellora da linguaxe oral. Xa imos pola 13!

Espero que vos gusten moito!

 

Facede clic aquí https://view.genial.ly/5e73527766abcc0f6863c46b/presentation-actividades...

 

 

Lembrade que me podedes escribir a al.cole.luisa@gmail.com

Espero as vosas mensaxes, fotos, audios, vídeos...

Unha aperta forte para todas e todos e boa fin de semana!!

Discriminación R-L 1

Moi bo día a todas e todos!!

Hoxe temos unha actividade de repaso, sinxeliña, de discriminación de R e L. Xa que, ás veces, usades un son polo outro, sen darvos conta, e, ao mellor, xa o tedes tan aprendido desa maneira que sabedes, que necesitades unha axudiña para ver a diferenza entre ambos, para que non vos interfira na vosa linguaxe oral nin na linguaxe escrita.

Aquí vai esta actividade de repaso, para ver como vos vai indo.

Cando pinchedes no enlace, e rematedes a actividade, non vos olvidedes de darlle o botón de "terminado". Logo, teredes que cubrir o voso nome e curso e darlle a enviar.

 

Facede clic aquí

https://es.liveworksheets.com/c?a=s&s=discriminaci%C3%B3n%20L/R&t=v45g3ezbv7&m=n&l=yp&i=dzuxco&r=zd

 

Lembrade que me podedes escribir a al.cole.luisa@gmail.com

Espero as vosas mensaxes, fotos, audios, vídeos...

Apertas para todas e todos!!

 

 

 

Actividades para o aprendizaxe e desenvolvemento de habilidades lingüísticas - 12

Moi bo día a todas e todos!

Déixovos no enlace que vos poño máis abaixo, unha nova tanda de actividades para a mellora da linguaxe oral. Xa imos pola 12!

Espero que vos gusten moito!

 

Facede clic aquí https://view.genial.ly/5e73527766abcc0f6863c46b/presentation-actividades...

Lembrade que me podedes escribir a al.cole.luisa@gmail.com

Espero as vosas mensaxes, fotos, audios, vídeos...

Apertas para todas e todos!!

 

Que elixes?... Q, C ou Z?

Moi bos días a todas e todos!!

A actividade de hoxe é, principalmente, para 1º-2º de ed. primaria.

Tedes que escoitar o nome da imaxe e, despois, elexir con que letra se escribe... Q?...C?...Z?...

Logo, dádelle o botón de "terminado" e poñede o voso nome e curso.

Estades preparados?

 

Facede clic aquí https://es.liveworksheets.com/c?a=s&s=ortograf%C3%ADa&t=v45g3ezbv7&m=n&l...

 

 

Lembrade que me podedes escribir a al.cole.luisa@gmail.com

Espero as vosas mensaxes, fotos, audios, vídeos...

Apertas para todas e todos!!

 

Actividades para o aprendizaxe e desenvolvemento de habilidades lingüísticas - 11

Moi bo día a todas e todos!

Empezamos a semana cunha nova tanda de actividades para a mellora da linguaxe oral. Xa imos pola 11!

Espero que vos gusten moito!

 

Facede clic aquí https://view.genial.ly/5e73527766abcc0f6863c46b/presentation-actividades...

Lembrade que me podedes escribir a al.cole.luisa@gmail.com

Espero as vosas mensaxes, fotos, audios, vídeos...

Apertas e bo inicio de semana para todas e todos!!

 

Distribuir contido