HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO EN DIRECCIÓN E SECRETARÍA

HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO 2016/2017

DIRECCIÓN

 

Setembro / Xuño

Outubro / Maio

Luns

09:10 – 10:00

10:00 – 10:50

Mércores

09:10 – 10:00

10:00 – 10:50

Venres

10:00 – 10:50

10:50 – 11:40

SECRETARÍA

Martes

10:50 – 11:40

12:10 – 13:00

Mércores

10:50 – 11:40

12:10 – 13:00

Xoves

15:00 -16:00

15:00 – 16:00

INICIO DE CURSO

12/09/2016 09:10
Europe/Madrid

Prezados pais/nais, familias, alumnos e alumnas e demáis membros da nosa comunidade educativa:

 

O vindeiro luns 12 de setembro, ás 09:10h. da mañá, abriremos as portas do noso centro e realizaremos un pequeno acto de presentación ao que todos/as estades convidados. A maioría de vós fostes chamados persoalmente polos titores do alumnado para comunicarvos isto, pero non nos demos conta de que o alumnado de quinto non tiña ainda asignado titor/a, que se incorporará o vindeiro luns.

Nese acto presentaremos ao profesorado e alumnado novo e daremos as novas máis importantes do curso, para que a continuación acompañedes aos vosos fillos/as ás aulas e podades falar cos titores e titoras.

Comunícovos como vai quedar a asignación de profesorado polo momento:

4º de Educación Infantil: Belén Blanco Lamas.

5º de Educación Infantil: Paula Pereira Senra

6º de Educación Infantil: Mª Carmen Romero Areas

1º de Educación Primaria: Débora María Sande Pena

2º de Educación Primaria: Mª José Piñeiro Rey

3º de Educación Primaria: Bárbara Castro Vázquez (Secretaria do centro)

4º de Educación Primaria: Alberto Grandío García

5º de Educación Primaria: Mª Dolores Rodríguez Lariño

6º de Educación Primaria: Mª Inés López Rivas (especialista en 2ª lingua estranxeira, francés)

Especialista en Ed. Física: Francisco León Martínez (Xefe de Estudos)

Especialista en Ed. Musical: Martina Trillo Sande (Directora)

Especialista en Lingua estranxeira (inglés): Delfino Domínguez Lestón

Xefa do Departamento de Orientación: Mª del Rosario Vázquez Freire (substituta: Sonia Pérez Lado)

Especialista en Pedagoxía Terapéutica: Raquel Carreira Pérez

Especialista en Audición e Linguaxe: Mª del Carmen Amado Ceán

Estos son os mestres e mestras que comezarán con nós o vindeiro día 12.

O horario do centro durante o mes de setembro será o seguinte:

-         Setembro e Xuño:         9:10 a 14:10 h

Comedor                          14:10 a 15:30 h

MAÑÁ

ENTRADA

9.10 h

1ª CLASE

09.10 – 10.00

2ª CLASE

10.00 – 10.50

3ª CLASE

10.50 – 11.40

RECREO

11.40 – 12.10

4ª CLASE

12.10 – 13.10

5ª CLASE

13.10 – 14.10

SAÍDA

14.10 h

COMEDOR

14.10 – 15:30 h

Sobre os libros de texto, xa temos os lotes feitos, pero ainda non nos chegaron os libros que debe adquirir o centro. O luns explicarémosvos polo miudo como se vai proceder coa asignación de libros a aqueles que o precisedes. Detectamos que hai grupos de libros incompletos (faltan exemplares dalgúns trimestres de determinadas áreas). Por favor, revisade na casa se vos quedaron libros ou cadernos por devolver.

Aproveito esta entrada para presumir un pouco de alumnado. Xunto con outros compañeiros, e coa inestimable axuda de Leo Kch, adicáronse a crear este verán... E mirade o que fixeron:

http://quepasanacosta.gal/os-rap-arigos-corcubion/

 

Enviámosvos un cordial saúdo e desexámosvos un gran fin de semana. Cargade forzas e...

 

BO INICIO DE CURSO!!!

 

 

CURSO 2016/2017

O comezo das clases para o vindeiro curso 2016/2017 terá lugar o luns día 12 de setembro.

O horario durante ese primeiro mes será desde as 09:10 ata as 14:10h, e o alumnado de comedor sairá ás 15:30h. Xa sabemos que a empresa adxudicataria do comedor será serunion.

Os mestres estaremos no colexio a partir do día 1, e nas oficinas abriremos ao público a partir do día 5 de setembro, de 09:00h. a 11:00h.

O día 12, ás 09:10h., estades invitados a asistir tódolos pais e nais de alumnado a unha reunión na que presentaremos ao novo profesorado e alumnado e logo poderedes reunirvos cos titores/as dos vosos fillos e fillas nas aulas para coñecer as principais características do novo curso escolar.

Nos documentos adxuntos atoparedes o enlace á orde e ao calendario para o vindeiro curso, ao que faltan engadir os festivos do concello e do centro.

Un saúdo.

http://www.edu.xunta.gal/portal/calendarioescolar

ALFABETIZACIÓN DIXITAL, PÍXELES E TERRÓNS DE AZUCRE.

22/07/2016 14:59
24/07/2016 23:59
Europe/Madrid

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceippraiaquenxe/?q=node/52

ENTREGA DE VALES, HORARIOS FIN DE MES E OUTRAS NOVAS

Comunicamos que o centro vai permanecer pechado os próximos días. Abriremos o vindeiro Martes 26 e Mércores 27 de xullo en horario de 10:00h. a 12:00h. Nesas datas entregaremos os vales de libros de texto ao alumnado de 1º e 2º cursos e os de material a todo o alumnado do centro. Estaremos a disposición por se alguén quere facer algunha reclamación tamén en canto á lista definitiva de comedor escolar.

 

Respecto dos libros de texto do préstamo, a vindeira semana publicaremos na web a lista de libros que se lle conceden a cada alumno/a (cando a aplicación nos permita baixala). Recomendamos a todos aqueles que teñades que mercar os libros que non o fagades ata setembro, principalmente se aínda non sabedes quen vai ser o mestre dos vosos fillos/as.

Os libros de préstamo entregaranse a partir de setembro.

Tamén vos anunciamos xa que o 12 de setembro, no inicio de curso, tódalas familias estaredes invitadas a asistir ao centro ás 10:00h. da mañá. Presentaremos ao profesorado novo, informarémosvos sobre o novo curso e poderedes xa reunirvos cos titores/as dos vosos fillos.

 

Un saúdo a todos. Estade pendentes da publicación da nova listaxe de libros que realizaremos a semana que vén.

 

ALFABETIZACIÓN DIXITAL, PÍXELES E TERRÓNS DE AZUCRE.

A ANPA Alén, xunto con algúns pais do colexio e a UNIVERSIDADE CROMÁTICA, estarán no Mercado Medieval de Corcubión, os vindeiros 23 e 24 de xullo, con un posto de recadación de fondos para un proxecto de Educación Dixital. O centro felicítaos pola iniciativa e ponse a disposición para colaborar no que sexa necesario.

No documento adxunto atoparedes a información sobre o proxecto e un documento de matrícula por se estades interesados nos cursos que poidan xurdir, e no enlace que deixo a continuación, está a información publicada no diario dixital da Costa da Morte. Construamos ese castelo entre todos!!

 

http://quepasanacosta.gal/doa-un-pixel-no-medievo-para-alfabetizar-dixitalmente-aos-nosos-cativos/

 

 

 

REUNIÓN DE VOLUNTARIOS: COLABORACIÓN EN AXUDA AOS REFUXIADOS.

O próximo Xoves 5 de abril de 2016 prestaranse as dependencias da Biblioteca do centro para labores solidarias. O Club Cee de Deportes de Contacto e o CEIP Praia de Quenxe realizan un chamamento a todos aqueles/as que queiran colaborar como voluntarios/as en tarefas de recollida de material para enviar á illa de Lesbos.

De cara a esta colaboración, prevese a recollida de numerosos paquetes e caixas que haberá que organizar e almacenar para o seu posterior traslado aos distintos puntos de saída, traballo que ten que ser feito por un grupo de persoas voluntarias.

Polo momento, solicitouse local no Concello de Cee para o almacenamento.

Estamos pendientes de saber o número de voluntarios que quererán colaborar para establecer horarios de recollida, que se anunciará posteriormente.

Haberá unha reunión de posibles colaboradores/as na Biblioteca do CEIP PRAIA DE QUENXE o Xoves 5 de abril ás 21:00h., á que estades invitados todos/as aqueles que esteades interesados, para establecer horarios e coordinar o traballo. 

 

 

FINAL DE TRIMESTRE

18/03/2016 10:00
18/03/2016 17:00
Europe/Madrid

O vindeiro venres 18 de maio de 2016 pola mañá o alumnado de Educación Primaria do CEIP Praia de Quenxe realizará unha saida didáctica ao centro ASPADEX, co cal colaboraremos este ano coas ganancias do mercadiño solidario. Alí os nenos e nenas de 1º a 6º realizarán obradoiros no Centro de Día, na Lavandaría, de enmarcado, realización de bolsas de papel, horticultura e encadernación, e compartirán o rato de merenda cos usuarios do centro, que serán os seus mestres durante os obradoiros. Esperamos pasar un bo día de final de trimestre, que pola tarde remataremos no centro cos partidos de brilé e fútbol entre profesores e alumnos tal e como se ven facendo nos últimos anos.

Para finalizar o día, repartiremos os boletíns académicos entre o alumnado. As vacacións de Semana Santa terán lugar desde o día 19 ata o 28 de marzo, ambos inclusive. As clases reiniciaranse o día 29 do presente mes.

 

CONVOCATORIA PARA AXUDAS DE MATERIAL SETEMBRO 2015

04/09/2015 13:33
Europe/Madrid

COMUNÍCASE AOS PAIS/NAIS/TITORES/AS DE ALUMNADO DO CENTRO QUE:

- Está aberto o prazo para recibir axudas para a adquisición de material escolar para alumnado matriculado en Educación Primaria, ata o 1 de outubro de 2015.

Requisitos:

- Ser pai/nai , titor ou titora legal de alumnado matriculado en educación primaria, secundaria obrigatoria ou educación especial nun centro sostido con fondos públicos durante o curso escolar 2015/2016.
- Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da lei 9/2007 do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
- Ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior aos 5400€. Este límite de renda será único para todas as familias.

Solicitudes e documentación:

- Todas as solicitudes, no momento da súa presentación, deberán vir acompañadas da documentación preceptiva, ou, de ser o caso, deberán autorizar os datos de identidade ou tributarios.
- Os datos fiscais que se terán en conta serán os do exercicio 2013, e a data para determinar o número de membros da unidade familiar será a do devandito ano.

Contía da axuda

- As axudas serán de 50 € por alumno.

Tramitación

- Desde o luns 7 de setembro ata o 1 de outubro do presente ano atenderemos a tramitación na dirección do centro. É preciso traer o DNI do solicitante e os datos da renda 2013, así como, se vos é posible, o cálculo da renda per cápita dese ano (suma das casiñas 366+374).

VOTACIÓNS XORNADA MIXTA

Faise saber a toda a comunidade educativa que os resultados da votación da xornada mixta para o sector de nais e pais foi o seguinte:

Censo:74 familias

Votos: 55

Votos a favor: 24

Votos en contra: 31

En consecuencia, NON SE ACADA a maioría absoluta esixida  pola lei para a aprobación deste proxecto.

Moitas grazas a todos pola vosa participación.

Un saúdo.

Martina Trillo Sande

Directora C.E.I.P. Praia de Quenxe

Distribuir contido