Blogues

NATURAIS

Corrixir páxina 104: 1, 2, 3, 4, 5, 6 ( ver arquivo adxunto)

Conciencia léxica -5

Moi bo día a todas e todos!!

Hoxe imos xogar un pouquiño coa conciencia léxica, que xa ides coñecendo. Lembrade que axúdanos a ser conscientes das palabras e a non xuntalas ou separalas cando escribimos.

Tedes que pinchar no altavoz que vos aparece, levar a imaxe correspondente ao seu lugar e contar as palabras que teña a oración pulsando nun cadriño por cada palabra que escoitedes. Ao rematar, pulsade en "terminado", poñede o voso nome e curso e dádelle a enviar.

Xogades?

Pulsade na imaxe:

 

Lembrade que me podedes escribir a al.cole.luisa@gmail.com

Espero as vosas mensaxes, fotos, audios, vídeos...

Apertas para todas e todos!!

Liveworksheet!!!

Bo día, 

Aquí tedes unha ficha interactiva de autoavaliación.

Ánimo:

Fai clic na imaxe

Instrumentos musicais para 3º

Ola.

Hoxe deixo para terceiro unha ficha de discriminación auditiva de instrumentos musicais.

A ficha que debedes cubrir é esta: https://es.liveworksheets.com/c?a=s&g=terceiro&s=M%C3%BAsica&t=ddpjm6qb09&m=n&l=dd&i=cucotf&r=ee

Ides atoparvos esto:

Non vos esquezades de escribir o nome unha vez cliquedes en "Terminado".

Unha aperta.

8º MARTES. 8º EXPERIMENTO

Bos días!!! Que tal estades?

Quéredes escribir mensaxes secretas?

Neste experimento que vos propoño podedes facelo. Titúlase TINTA INVISIBLE.

Só precisades:

-1 folio branco

-Zume de limón

-1 pincel ou 1 bastoncillo dos oídos

-1 vela (coa axuda dun adulto). Outra forma de facelo é metelo no forno durante un par de minutiños.

Premede no vídeo e seguide os pasos:

 

Podedes mandarme as vosas creacións ao meu correo electrónico, que figura na páxina principal do meu blogue.

Moitos bicos

Tarefas Martes 2 de xuño de 2020

TAREFAS DO DÍA.

- ASAMBLEA. Durante as dúas próximas semanas necesitaremos cartóns (que se poidan recortar: de caixas de panos de papel ou de caixas de cereais ou...) e folletos de prezos de alimentos. Prepararemos entre todos un material, que vos explicarei a próxima semana.

- INGLÉS. Ver proposta de Eva.

- RELIXIÓN. Ver proposta de Chefa.

VALORES.O conto desta semana será sobre o agradecemento: “El pez de oro”:

 

https://www.mundoprimaria.com/cuentos-infantiles-cortos/el-pez-de-oro

 

A continuación da ilustración que fixeches do conto anterior “El perro aterrado”, escribes a data de hoxe, o título do conto “El pez de oro”e realizas as ilustracións dos personaxes desta historia.

 

- MATE+. Realizar primeiro:

 

- Ficha 13. Las coordenadas (TRATAMIENTO DE LA INFORMACIÓN).

Logo, podes practicar online:  

 

https://es.ixl.com/math/3-primaria/ubicar-objetos-en-un-plano-de-coordenadas

 

             https://es.ixl.com/math/3-primaria/identificar-coordenadas-de-objetos

 

HORA DE LER. Lectura silenciosa durante 20 minutos aproximadamente.

 

As dúbidas resolvémolas no Chat en Abalar ou por correo electrónico.

Bo traballo!

TAREFAS DO MARTES 2-6-2020

LENGUA CASTELLANA

Leer en la página 193 arcaísmos, estranjerismos y neologismos

Ejercicios página 193: 1, 2, 3, 5, 6

MATEMÁTICAS

Corrixir os problemas da páxina 179 (ver arquivos adxuntos)

Podedes ir botándolle unha ollada a uns vídeos que puxen no apartado de MATEMÁTICAS 6º. Son do tema seguinte de estatística e probabilidade. Se os ides mirando xa ides entendendo de que vai e mañán empezamos co tema.

LINGUA GALEGA

Corrixir páx 184: 1, 2

                   185: 4, 5 (ver arquivos adxuntos)

SOCIAIS

Corrixir pax 134 exercicios: 1,2,5 (ver arquivo adxunto)

Ler o tema

E damos por rematado o tema. 

Damos por rematado sociais. Fin da asigantura.

ACABAMOS!!!!

Distribuir contido