musica

Himno galego para 5º e 6º

Ola.

Hoxe, continuando coas Letras Galegas, imos repasar o Himno Galego para frauta:

Recordade, practicade moito. Cando vos saia ben, gravades un audio e mandádesmo a este correo: marcos.praiadequenxe@gmail.com

O prazo é dunha semana, polo que tedes tempo ata o día 28.

Déixovos tamén a partitura en formato pdf como archivo adxunto para que o descarguedes (está ao final desta entrada), e tamén en imaxe:

Unha aperta.

 

Clasificación de sons para 1º e 2º

Ola.

Hoxe deixo unha ficha para practicar a clasificación de sons. Teremos que marcar se un son é longo ou curto, agudo ou grave e se o fago eu ou o meu invitado especial...

Teredes que cubrir esta ficha: https://es.liveworksheets.com/c?a=s&g=1%C2%BA%20e%202%C2%BA&s=M%C3%BAsica&t=ddpjm6qb09&m=n&l=hb&i=fofcfo&r=yh

Ides atoparvos esto:

Unha aperta!

Emparellamentos sonoros para 3º

Ola.

Hoxe déixovos un par de actividades de emparellamentos sonoros. A primeira é de ritmos e a segunda de melodías:

Despois da explicación, tedes que facer dúas fichas. Na primeira delas hai que escoitar os sons da esquerda e despois os da dereita. Cando atopedes dous que soan igual hai que arrastrar cada ovella sobre a súa parella: https://es.liveworksheets.com/c?a=s&g=3%C2%BA&s=M%C3%BAsica&t=ddpjm6qb09&m=n&l=vd&i=fsxotd&r=ou

Na segunda ficha, pasa o mesmo pero con breves melodías tocadas no piano. Tedes que arrastrar cada piano sobre a súa parella (encima da interrogación correspondente): https://es.liveworksheets.com/c?a=s&g=3%C2%BA&s=M%C3%BAsica&t=ddpjm6qb09&m=n&l=cy&i=fszftz&r=qc

Unha aperta!

Canción-conto "Un lobo feroz" para Educación Infantil

Ola.

Hoxe deixo para Educación Infantil unha canción-conto para Educación Infantil, "O lobo feroz":

E para quen queira ver só o conto:

Unha aperta!

Semana das Letras Galegas para 4º, 5º e 6º.

Ola.

Hoxe deixo un cuestionario de tres cancións. A primeira delas está basado nun conto de Carvalho Calero (Letras Galegas 2020), a segunda é a canción orixinal e a terceira é unha canción sobre un poema deste autor. Prestade moita atención as cancións, aos seus instrumentos e os distintos estilos que vos poño neste vídeo:

Unha vez que o vexades, respondede a este cuestionario: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfmaaY4hoM2N-HaN6OnAreUOtCyCfV81EpwNgHyNsj_rfCJHQ/viewform?usp=sf_link

Atoparédesvos esto:

Unha aperta.

Letras galegas para 1º e 2º

Ola.

 

Hoxe deixo unha Hoxe un vídeo no que ides a ter que comparar dúas cancións. A primeira é de "A Banda das Pitas", sobre un conto de Carvalho Calero (Letras Galegas 2020), e a outra é a canción orixinal, "Singing in the rain" de 1952. Prestade moita atención os instrumentos que soan en cada unha porque despois ides a ter que facer un par de xogos:

 

 

 

Clicando aquí tedes os tres primeiros xogos: https://www.educandy.com/site/resource.php?activity-code=1adc0

 

Ides atoparvos estos tres, o máis difícil é a sopa de letras, pero nela ides atoparvos coa lista de instrumentos das cancións anteriores. O segundo é o "Aforcado" e o terceiro hai que ordear as letras para formar instrumentos:

 

O seguinte xogo tamén é de preguntas sobre as cancións que se escoitan no vídeo: https://www.educandy.com/site/resource.php?activity-code=1adc5

Unha aperta!

Letras galegas para 3º

Ola.

Hoxe deixo un cuestionario para 3º no que ides a ter que comparar dúas cancións. A primeira é de "A Banda das Pitas", sobre un conto de Carvalho Calero (Letras Galegas 2020), e a outra é a canción orixinal, "Singing in the rain" de 1952. A ver que diferenzas topades entre dúas versións separadas por case 70 anos...

Despois de ver o vídeo, teredes que cubrir este cuestionario: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSf86GpF9gqXClC9HFz_EI_bEjTflMm9QALEOGuhp5g71_cEcQ/viewform?usp=sf_link

Ides atoparvos esto:

Unha aperta!

Mariluz Avestruz, canción-conto para Educación Infantil

Ola.

Hoxe deixo unha cación-conto para Educación Infantil, Mariluz Avestruz:

A pasalo ben!

Unha aperta.

Figuras e os seus silencios para cuarto

Ola.

Hoxe déixovos unha ficha para repasar as figuras musicais e os seus silencios.

A ficha que tedes que cubrir é esta. Como expliquei no vídeo, na primeira parte tedes que arrastrar cada figura sobre o seu silencio, e na segunda tedes que marcar se a parella dura o mesmo (dedo hacia arriba) ou se non dura o mesmo (dedo hacia abaixo). Unha vez rematedes, clicades en "Terminado" e escribides o voso nome e curso: https://es.liveworksheets.com/c?a=s&s=M%C3%BAsica&t=ddpjm6qb09&m=n&l=xg&i=ctnxuo&r=nz

 

Atoparédevos esto:

Unha aperta.

Recoñecemento de melodías e instrumentos para 5º e 6º

Ola.

Hoxe imos traballar o recoñecemento sonoro de instrumentos e tamén o de unha melodía tocada no piano.

Estas son as fichas que tedes que cubrir. A primeira delas é de instrumentos, e simplemente tedes que clicar no que soa: https://es.liveworksheets.com/c?a=s&s=M%C3%BAsica&t=ddpjm6qb09&m=n&l=dd&i=cucotf&r=ee

Atoparédevos algo así:

E a segunda ficha tedes que arrastrar o piano negro sobre o vermello que represente a melodía que se escoita: https://es.liveworksheets.com/c?a=s&s=M%C3%BAsica&t=ddpjm6qb09&m=n&l=lb&i=cunstx&r=kj

Non esquezades, despois de premer "Terminado", cubrir o voso curso e nome.

Unha aperta.

Distribuir contido