4º E.P.

A organización da nosa sociedade, presentación para ciencias sociais.

Ola!

Que tal comezamos a semana?

Para que pasedes un tempo entretido, á vez que proveitoso, déixovos aquí a presentación do tema que vamos a traballar esta primeira quincena de maio en Ciencias Sociais.

A ORGANIZACIÓN DA NOSA SOCIEDADE

Se tendes calquer consulta que facer, escribídeme a profearacastro@gmail.com

Que teñades unha boa semana!

Ata logo!

Araceli

Henri Matisse

 

 
Bos día nenos e nenas!!
 
No adxunto está o traballo que teredes que realizar durante esta quincena.
Calquer dúbida preguntade.
Estamos ansiosos por ver as vosas creacións.
Un bico.
 
 
 Fai click na imaxe de Matisse para acceder ao arquivo PDF

Contacontos: NICOMEDES EL PELÓN

Ola rapaces e rapazas!

Preséntovos unha contacontos. Xa veredes que conto máis divertido nos vai contar.

Premede aqui para ver a presentación.

Espero que vos guste!!!

Divertídevos!

Día do libro.: "La gran decisión de Digipato" fálanos das consecuencias de non respectar aos demais en internet

23 de abril. Día do libro

A aproveitando que hoxe celebramos o día do libro e que, por outra banda, botamos moitas horas en internet e nas redes sociais, quero achegarvos unha lectura que trata un tema tan complexo como a seguridade nas redes, o ciberacoso e o que significa ter o primeiro móbil.

‘La gran decisión de Digipato’ de Lindsay Buck, traducido polo Foro Generaciones Interactivas, fala das consecuencias de non respectar aos demáis nas redes sociais en Internet. Premede do título. 

Espero que vos guste.

Araceli

Novidades de Ciencias Sociais e Ciencias Naturais. Xornal de arrabeada actualidade!!!

Ola rapaces e rapazas.

Deixovos aqui o enlace á presentación sobre a máis rabiosa actualidade, por iso está en forma de xornal.

Anímovos a que o leades con atención e resolvades as preguntas que vos propoño. Distínguense ben, porque están en diferente cor.

Unha vez as resolvades podedes subilas á carpeta compartida que vos adxunto aqui.

Xa vos irei anunciando novas actividades, espero que vos gusten.

Aburiño!

Araceli

EDUCACIÓN EN VALORES. FRIDAYS FOR FUTURE!!!!!!

Bo día a todas!!

As nenas e nenos de Educación en Valores de 4º de Primaria, queren compartir convosco, un video sobre...

Fridays for future!!!

Esperamos que o gocedes e recordade...EU QUEDO NA CASA!!! STAY HOME!!!

Distribuir contido