2º E.P.

Actividades, propostas e novas para o alumnado de 2º de Educación Primaria.

SEMANA DO 27 AO 30 DE ABRIL DE 2020

Bos días, nenos e nenas. Esta semana, só terá 4 días, porque o 1 de maio é festivo. Falaremos del nas actividades que imos realizar.

Lembrade, antes de facer as actividades:

 

- Mirar na axenda o día que é, e anotar o tempo. 

- Tamén que, esta semana, tedes que engadir a este traballo:

  • 2 sesións de inglés.
  • 1 sesión de Música.
  • 1 sesión de Educación Física. (A outra tocaría o venres, que é festivo).

(deberedes mirar nas seccións da páxina web para ver os exercicios que vos propoñen os profes)

anuncios:

- Esta semana, o venres día 1 de maio, será festivo. É o DÍA INTERNACIONAL DOS TRABALLADORES E TRABALLADORAS. 

- Intentei facer unhas instrucións máis esquemáticas. Agardo que, despois, me digades se precisades unha explicación máis longa sobre algo. 

- Tamén intentei que fose un pouco menos de traballo, xa que algúns dixestes que, a semana pasada, foi un pouco dura. 

 

-  Lembrade que, o vindeiro mércores, 29 de abril, non estarei moito tempo polo abalar, xa que teño revisión médica. Conto con estar de 12:00 a 14:00h. polo menos. 

 

Xa tedes as actividades publicadas na páxina web, tanto nos arquivos adxuntos (aquí abaixo) como nas sección das diferentes áreas. 

 

SEMANA DO 20 AO 25 DE ABRIL DE 2020

Bos días, chicos e chicas! 

Hoxe, en primeiro lugar, quero anunciar dúas novas:

- Mañá, 21 de abril, será o aniversario de Telma. (tedes que desculparme os que tivestes aniversario antes, Tristán e Alberto, que non o anunciei porque aínda non lle collera o tranquillo a isto de mandar as cousas por internet...).

- O xoves, 23 de abril, será o Día do Libro. 

Imos celebrar a semana do libro toda enteira. Por iso, en Lingua Galega, a actividade para facer é un conto,  e teredes que mandarmo. Elaboraremos, entre todos, un libro de contos que poderedes ler na páxina web. 

En Lingua Castelá, seguiremos coa práctica dos substantivos. 

En Matemáticas, teredes que repasar, diariamente, as táboas de multiplicar e coas moedas. Esta semana, empezaremos tamén cos billetes. 

En Ciencias Sociais e Naturais, imos poñernos ao día cos Proxectos "Somos xardineiros e xardineiras" e "A merendar". 

En plástica, ilustraredes o conto que faredes en Lingua Galega. 

E, por último, en valores, esta semana, imos colaborar de xeito especial coas tarefas da casa. 

Lembrade, todos os días: 

-  Abrir a axenda polo día de hoxe, e anotar o tempo. 

-  Repasar uns minutos as táboas de multiplicar e practicar coas moedas, e os billetes cando toque comezar con eles. 

-  Facer 20 minutos de lectura silenciosa e, nunha desas sesións, incluides a ficha de "Contos por teléfono". 

E, algunha vez, participar na asemblea, polo abalar, para preguntar dúbidas ou contar o que queirades. 

Xa tedes dispoñible, nos datos adxuntos, o pdf coas actividades propostas para a semana, para quen prefira este formato. 

Agardo que tivérades boa fin de semana e comezedes o luns con moita enerxía. Unha aperta! 

Martina. 

 

TARXETAS DE SAÚDO PARA OS COMPIS DE CLASE.

Pensaba que non publicara as tarxetas, e si que o fixera, nos arquivos adxuntos do Venres, 3 de marzo. Xusto antes de Semana Santa. Non sei se chegastes a velas ou non! Por se non fose así, aquí tedes os enlaces. Só tedes que pinchar:

 

Tarxetas 1. 

Tarxetas 2. 

Tarxetas 3.

Tarxetas 4.

ACTIVIDADES SEMANA DO 14 AO 17 DE ABRIL DE 2020

 Bos días, chicos e chicas! Benvidos á clase a distancia de novo! Agardo que me contedes na asemblea do abalar que tal pasastes estas vacacións. Estou desexando lervos. 

Esta volta de vacacións, os vosos papás e máis eu decidimos organizar as clases de forma semanal. Así que, cada día, poderedes elixir que tarefas facedes. A condición é que tedes que conseguir rematar as tarefas para o final de semana, así que teredes que distribuirvos ben. A ver que tal se vos da. 

Aquí vos van as instruccións para diario. Todas as actividades da semana, están dispoñibles no arquivo adxunto que hai abaixo de todo desta entrada do blogue. Onde pon: "ACTIVIDADES SEMANA DO 14 AO 17 DE ABRIL". Pero tamén podedes ir véndoas, día a día, pinchando en "2ºE.P.", e logo en cada materia debaixo ("matemáticas", "Lingua castelá"...)

1. TÓDOLOS DÍAS:

-  Mirar na axenda que día é e anotar o tempo que vai. Se aínda tés que medir a túa lentella, faino ata que leves 14 días. Logo, podes transplantala. Lembra contar, polo abalar, como vai esta actividade.

-  Participar no abalar cando poidades (pode ser só algunha vez á semana). Eu, estarei tódolos días pendente de que me contedes algo e de saber as vosas dúbidas.

-  Facer 20 minutos de lectura silenciosa, nos que incluiredes unha lectura semanal de “Contos por teléfono”. Os xoves, que tocaba biblioteca, faremos asemblea do clube de lectura e contaredes por onde ides lendo e qué vos gusta. Algunhas semanas enviarei actividades sobre algúns dos contos. Isto podedes facelo ao rematar as actividades do día, ou incluso polas tardes. Vós escolledes a hora. Mellor, se é a mesma tódolos días. 

-  Dedicar 20 minutos diarios, ata que acabedes, a arquivar correctamente as fichas que levades feito na casa, xa que agora tedes os arquivadores a man. Algunhas das fichas quedaron na clase, porque estaban inacabadas ou sen corrixir, por iso vos faltarán.

-  Para ver as actividades de cada área, mira na marxe dereita da páxina web. Debaixo de onde pon “2º E.P.”, está escrito “Matemáticas”, “Lengua gallega”, “Ciencias sociais e naturais”, “Valores”etc. Pincharedes en cada área para ver as actividades que propoño. Podedes facelas no orden que queirades, pero, a condición, é que hai que telas rematadas o venres. Esta semana non puxen actividades de Ciencias Naturais e Sociais porque, como agora tedes o libro de proxectos, quero reestructurar esta área.

-  Ademáis, esta semana tedes que facer: 1 sesión de Educación Física, 2 sesións de Inglés, e 1 sesión de Música. Debedes ir mirando que teñen publicados estos profes. 

Agardo que vos sexa fácil de organizar con este formato novo. Se tedes dúbidas, estarei no abalar de 09:15 a 14:15h. Unha aperta!

 

VENRES, 3 DE ABRIL DE 2020

Bos días a todos!! Hoxe, rematamos clases, porque, mañá, empezan as vacacións de Semana Santa! Xa volo dixen moitas veces, pero dígovolo outra vez: estou moi orgullosa e moi contenta do traballo que estades facendo na casa. Paréceme unha cousa moi complicada, e todos e todas o estades facendo fenomenal!

Por ser o último día, fixen unha lista de tarefas un pouquiño máis liviana, para que empecedes a desfrutar un pouquiño das vacacións.

LEMBRADE SEMPRE FACER DESCANSOS PEQUENIÑOS CADA HORA, E MÁIS LONGOS CADA DÚAS HORAS.

A lista de tarefas é a seguinte:

PRIMEIRO: Coller a axenda, abrila no día de hoxe, anotar o tempo que vai, e as medidas da vosa lentella.

Contade cantos días levades anotando as medidas. Para os que xa levades dúas semanas (14 días) anotados, podedes rematar hoxe.

Os outros, debedes seguir medindo ata que levedes os 14 días.

Ao rematar de medir a lentella, podedes facer o que queirades con ela. María dixo en algún momento que quería plantala na finca dos seus avós. Podedes probar todos a plantala nunha maceta ou nunha finca. Din que as lentellas dan unha planta moi bonita. A ver que pasa!!

ASEMBLEA: Quero que me contedes que pensades facer en vacacións, xa que non ides ter deberes! Eu, vou preparar o cuarto para o bebé. Non volo contei, pero agora mesmo, estou moi gorda! A miña barriga mide, en redondo, 1 metro e 10 centímetros!! Medrou máis que as vosas lentellas!

Agardo que me contedes que pensades facer vós...

MATEMÁTICAS: Xa que estamos falando de medidas, e vós estivestes medindo estos días, hoxe faredes a Ficha 11 de “medida”: El centímetro y el metro. Se tedes dúbidas, aquí estou para explicarvos.

(No exercicio 2, en lugar das medidas de compañeiros e da porta da clase, mediredes a alguén da vosa familia, e anotades a quen, e a porta do voso dormitorio). Lembrade que:

 

LENGUA CASTELLANA: Ayer vimos el video sobre los sustantivos. Podéis volver a verlo. Solo tenéis que pinchar en la página web del cole en “2º E.P.”, y buscar las actividades de ayer. Hoy, os subo un pequeño trabajo para que hagáis en casa.

-  En un folio, ponéis vuestro nombre, fecha y el título “EL SUSTANTIVO".

       -  En este paso, que os ayude un adulto: Abajo de todo de esta entrada del blog están los “datos adjuntos”. Ahí, hay una ficha que se llama “El sustantivo dictado y ejercicio”. Al abrirla, encontraréis un apunte sobre el sustantivo. Que un adulto os dicte la parte de “Que es un sustantivo. También podéis copiarlo, pero, mejor, dictado.

       -  Luego, copiaréis el ejercicio 1, y lo resolvéis. En lugar de dibujar una tabla como os manda la ficha, que es muy difícil en un folio, es mejor que hagáis una lista de sustantivos de personas, otra de animales, otra para cosas, etc, sin dibujar lineas. De esta forma:

 

Personas                      Animales                    Cosas                Lugares

Martina                       gato                             libro                 campo                        

niño                            Pipo                            mesa                Corcubión

 

(Mirad el ejercicio en los datos adjuntos)

 

EDUCACIÓN FÍSICA: No reto de hoxe, está xogar aos birlos, empregando rolos de papel rematados. Podedes velo pinchando na dereita en “E.F.”.

Lembrade que, a profe Laura, pediu que lle enviarades fotografías de vós mesmos facendo algún dos retos, ao seu correo (laura.teijeiro@edu.xunta.es)

 

HORA DE LER: 20 minutos de lectura silenciosa. Hoxe, teño unha proposta de conto para escoitar, sobre a historia da muiñeira de Chantada. É o video de abaixo. 

Tamén están colgadas, para ler e mirar, as tarxetas que mandastes para os compañeiros e compañeiras. Mirade nos datos adxuntos. Tiven que subilas en catro arquivos, 

porque a páxina non me permitía subilas nun só...

 

 

Agardo que, os que a vexades, a desfrutedes.

 

EDUCACIÓN EMOCIONAL: Hoxe, para liberarnos e desfrutar o último día, ides propoñer á vosa familia bailar con vós. Podedes preparar unha pequena festa.

Bailando, compartimos emocións, sacamos os malos humores, e fomentamos o contacto cos outros e a alegría. Aí vos van as miñas propostas de música para bailar:

(Os que non podedes velas,ou tedes problemas para ver os videos, buscade na casa música que vos guste, e valerá tamén.)

Esta primeira, é un pasodoble. Algúns aprendestes a bailalo cando tiñades tres anos... Lembrades? Agarrarse da parella, catro pasos adiante, catro atrás, e volta, volta, volta, volta... e repetimos.

Pero podedes bailar como queirades. Só pasádeo ben!

 

 

Aquí teño outro baile divertido para aprender: "vou de roda en roda", como di o título, é un baile de roda. Podedes miralo no primeiro video e, cando o aprendades, practicar coa música do segundo, que se oe mellor... Aí vos vai! (Se non tedes parellas para facelo, podedes facelo de un en un. Cando toque “cambiar de amor” podedes cambiar de sitio na roda, simplemente).

 

 

 

 

E por último, un que sempre tiñades moitas gañas de bailar en clase...

 

 

Desfrutade moito e... Felices vacacións, meus pequechos!! Seguimos falando á volta!!

XOVES, 1 DE ABRIL, 2020

 

Bos días! Xa case estamos rematando a semana, e xa veñen aí as vacacións!! Como vos dicía onte, estou moi orgullosa de canto traballastes e como participastes nas asembleas e vos aplicastes para non perder rutinas e continuar as vosas aprendizaxes. 

É un gusto traballar con vós.

Para despóis de Semana Santa, quizáis cambiemos un pouquiño o método de traballo. Pero agora, moito ánimo co que nos queda por diante. Quedan dous días, e... Xa veñen as vacacións de Semana Santa! Logo, teredes tempo libre ata o martes 14 de abril, que volveremos a traballar un pouco.

Para hoxe, a LISTA DE TAREFAS, é a seguinte:

PRIMEIRO: Abrir a axenda no día de hoxe, e anotar o tempo. Logo, medir e anotar as medidas da vosa lentella. Xa remataremos de medila o venres.

Non esquezades, ao longo do día, facer o reto de Educación Física! Mirádeo no seu apartado, porque hai fotos. Hoxe, hai que soprar bolitas cunha palliña. Podedes xogar con alguén, e facer carreiras. Lembrade que, a mestra Laura, pediu que lle enviarades algunha foto facendo algún dos retos. O seu correo, é laura.teijeiro@edu.xunta.es

ASEMBLEA: Hoxe, quero que me contedes que vos está parecendo esta maneira de traballar: se vos é fácil ou difícil, se vos costa moito poñervos, se o facedes vós ou teñen que dicirvos cando tedes que traballar. Que cousas vos gustan de traballar así? Que cousas non? Agardo as vosas respostas.

MATEMÁTICAS: Iremos á ficha 21 de resolución de problemas. Seguimos vendo multiplicacións... Se tedes dúbidas, preguntade.

LENGUA CASTELLANA: Os dejo el enlace para escuchar, hoy, la explicación de los sustantivos... Espero vuestras dudas! Mañana, haréis un ejercicio sobre esto. 

 

LINGUA GALEGA: Obradoiro de ortografía: Ficha 17 (Palabras con ll)

INGLÉS – No enlace que vos deixou Delfín (á dereita da páxina, onde pon “English”, elixide un xogo e practicade inglés. 

HORA DE LER: 20 minutos de lectura silenciosa. (A lectura que elixades). Lembrade, cando rematades un libro, anotalo no voso diario de lectura!

INFORMÁTICA: Practicade a abrir un documento word e escribir tres frases, inventadas por vós. (se non sabedes como se abre no voso ordenador, que vos dea instrucións un adulto, pero facédeo vós, como facemos en clase de informática.) Se vos apetece, podedes practicar un pouco máis de escritura. Logo, probade como se cambian os modelos de letra e as cores.

 

Nada máis por hoxe, chicos e chicas! Que pasedes un bo día!

 

 

 

 

MÉRCORES, 1 DE ABRIL DE 2020

Bo día, pitufos e pitufas! Feliz comezo do mes de Abril a todos e todas! Este venres, comezan as vacacións, así que quedan, agora mesmo, tres mañás de traballo... Estades dispostos?

Quería darvos as grazas a todos e todas por ser tan participativos, traballar tanto e facelo tan ben. É un gusto dar clases desde casa tendo tanta resposta. Estou moi orgullosa de vós.

Cóntovos tamén que, hoxe, xa hai 9 colaxes na páxina web. Podedes velos neste enlace, premendo onde di “As nosas colaxes 1” e “As nosas colaxes 2”. Agardo que desfrutedes mirándoas. O enlace, é o seguinte:

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceippraiaquenxe/?q=node/312 

(ou tamén podedes mirar na entrada do blogue que está xusto antes que esta)

Tamén aproveito para anunciarvos que, a mestra de Educación Física, Laura, pide que lle enviedes, se podedes, algunha foto de cando facedes o reto diario. O seu correo electrónico é:

laura.teijeiro@edu.xunta.es

A LISTA DE TAREFAS é a seguinte:

PRIMEIRO – Abrir a axenda no día de hoxe, anotar o tempo, e as medidas da vosa lentella.

-  Participar na semblea online polo abalar: Que contos lestes estas semanas de “Contos ao teléfono? En que conto ides lendo agora? Estanvos gustando? Algúns son un pouco absurdos, pero iso resulta gracioso, verdade?

-  Non esquezades, ao longo do día, nalgún descanso das tarefas ou cando as rematedes, facer o reto de E.F. de hoxe! Hoxe, toca: Facer equilibrios sinxelos (levar algo na cabeza, e os brazos abaixo). Mirade no enlace:

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceippraiaquenxe/?q=system/files/Move%20o%20corpo%20na%20casa%21%201%C2%BA%20EP%20e%202%C2%BA%20EP.pdf

LINGUA GALEGA – Escritura :Tarefa 11. (Xa sei que tedes sen facer as tarefas 9 e 10, pero farémolas máis adiante). Fixádevos ben, porque todo o que ides escribir nas receitas (ingredientes dos pratos, nomes de pratos e de sobremesas... ) son substantivos. As palabras das que estaremos falando próximamente. 

Desfrutade coa receita! E se alguén a fai, contade a experiencia! 

MATEMÁTICAS – Resolución de problemas: Ficha 20 (E xa sei, outra vez, que nos saltamos fichas. Pero quero que practiquedes as multiplicacións... A ver que tal sale. As fichas que quedan atrás, xa as iremos facendo. Non vos preocupedes).

CIENCIAS NATURAIS – Imos comezar, hoxe, outro apartado de investigación sobre o concello. Como esta vez non será respecto ao concello en sí, senón respecto a espazos naturais, comezaremos un folio novo para este apartado.

Poñedes con bolígrafo azul o nome, e a data, e, debaixo, en maiúscula, e con letras bonitas, o título. Dependendo de cal é o voso concello, ides escribir o título, que pode ser:

“ESPAZOS NATURAIS EN CORCUBIÓN” ou “ESPAZOS NATURAIS EN CEE”, OU “ESPAZOS NATURAIS EN FISTERRA”.

Hoxe, investigaredes sobre os espazos naturais do voso Concello. Trátase de buscar montes, praias, ríos, arboredas, montañas... onde atopemos natureza. Se vós xa coñecedes algún, podedes contalo. Tamén podedes preguntar aos adultos da casa. E, coma sempre, envíovos enlaces da páxina web onde podedes investigar.

 

Para Corcubión:

https://www.turismo.gal/localizador-de-recursos/-/sit/que_visitar/natureza/rias_e_praias/corcubion?langId=es_ES

 

Para Cee: https://cee.gal/gl/cee/turismo/patrimonio-natural-praias/

E tamén, podedes seleccionar algún espazo natural nesta outra páxina, pero non son todos!

https://cee.gal/gl/cee/turismo/patrimonio-etnografico/

 

Para Fisterra: http://www.concellofisterra.com/turismo/espazos_naturais/gl

E tamén aquí: http://www.concellofisterra.com/turismo/praias/gl

Non tedes que poñer todos, pero sí os que máis vos gusten ou os que vos parezan máis importantes. Logo, podedes comentalo polo chat se vos parece interesante. Debedes poñer os nomes dos lugares e explicar algo deles. Un ou dous é suficiente. Iremos engadindo día a día.

HORA DE LER: Facede 20 minutos de lectura continuada e silenciosa. Para hoxe, teño unha proposta, que podedes ler hoxe ou calquera outro día cos vosos papás e mamás:

https://1cae4daa431a99d58259-9bdc952f8135a71056243221595a2db3.ssl.cf1.rackcdn.com/2817F16424614BDBB241D5D60FE6758A.pdf

 

Se pinchades no enlace, debera sairvos un arquivo a un conto en castelán que se titula “Los días en que todo se detuvo”, e que nos fala sobre o COVID – 19.

 

MÚSICA – Mirade que puxo o profe Marcos, para vós, na sección de música (na páxina web do cole, na esquerda, onde están os enlaces a tódolos cursos e tamén a inglés, educación física, etc).

 

Por último, pero non menos importante... Non esquezades que, hoxe, ao longo do día, toca mirar o reto que nos manda Laura... Buscade na sección de Educación Física da páxina web.

                                                                                                                                         

Que pasedes un gran día hoxe, esteades moi contentos e desfrutedes das cousas pequenas. Unha aperta, pequechos e pequechas!

 

MARTES, 31 DE MARZO DE 2020

Bos días a todos e todas! Que tal ides coas actividades? Esta semana, rematamos o venres. Logo, haberá unha semana de vacacións, que xa será Semana Santa... ainda que temos que pasalas todos na casa!! 

A lista de tarefas de hoxe será a seguinte:

PRIMEIRO –  Anotar na axenda o tempo que vai hoxe, e as medidas da vosa lentella. Os que tivestes que replantar porque non naceu, anotade cando o fixestes, para saber cantos días tarda en agromar. Lembrade tela nun sitio con luz e humedecela cada 3 días!

Logo, na asemblea, quero que me contedes en que conto estades lendo de “Contos por teléfono”, que temos que poñernos ao día! Cantos contos lestes? Cal vos gustou moito? Hoxe, falaremos diso...

Algo máis que teño que explicar é que falei con Laura onte. Os retos que propón son para que fagades durante esta semana. Así que, hoxe, á hora que queirades facelo, teredes que tentar cumplir o reto 2: Encestar pelotiñas de papel nunha papeleira. (Lembrade utilizar papel que xa non sirva, se pode ser!!)(Pero iso non o fagades agora, senón máis tarde, cando fagades un descanso ou ao rematar). 

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceippraiaquenxe/?q=node/298

LINGUA GALEGA – Tarefa 18 de “Competencia lectora”. “Decálogo para adoptar un can”.

Despois de ler e facer as tarefas 1, 2 e 3, escribide no abalar a contestación á última tarefa: Cres que estás preparado/a para ter unha mascota? Por que? (tede en conta que falamos de ter unha mascota vós, non de que vola coiden os vosos papás e mamás...)

 

MATEMÁTICAS – Ficha 19 de “Resolución de problemas”

                         - Xogamos un pouco coas multiplicacións. Aquí tedes un enlace a unha páxina con xogos. Probade!

https://es.ixl.com/math/2-primaria/escribir-multiplicaciones-sobre-grupos-iguales

(Nesta páxina, encontraredes, para cando queirades, máis exercicios de matemáticas divertidos:

https://es.ixl.com/math/2-primaria )

 

CIENCIAS SOCIAIS: Continuamos co exercicio de onte. Lembrades? Sobre “O CONCELLO”. Collede o voso folio. Hoxe, investigaredes quen goberna no voso concello. As preguntas que habedes copiar, para logo contestar, son as seguintes:

-          - 

Quen é o alcalde ou presidente do teu concello?

-          - 

Hai tenente alcalde ou vicepresidente? Quen é ou quen son?

-          - 

Cantos concelleiros e concelleiras hai no teu concello?

 

Estas preguntas, podedes investigalas preguntando a un adulto ou ben nas páxinas web dos concellos:

-         

Concello de Corcubión: http://www.corcubion.gal/es/ayuntamiento/corporacion-municipal#top

-         Concello de Cee: https://cee.gal/gl/corporacion-municipal/

-         Concello de Fisterra: http://www.concellofisterra.com/portal_cidadan/corporacion/gl

E, ata hoxe, chegou de investigar. Seguiremos con isto...

 

INGLÉS -  Ide, na páxina web, ao apartado de xogos que vos deixou Delfín. Procurade escoller un diferente ao da última vez!

 https://www.edu.xunta.gal/centros/ceippraiaquenxe/?q=node/235

HORA DE LER – 20 minutos de lectura silenciosa.

PLÁSTICA – Rematar os colaxes, os que faltades. Hoxe, xa engadín o de Kevin, Iago e María.

A proposta de plástica para esta semana, é aprender algunha técnica de origami. Quere dicir facer figuras con papel. Facédea ao voso ritmo, que pedirei que me mandedes fotos á volta.

A miña proposta é esta:

https://www.youtube.com/watch?v=Z18MJVKGANA

Podedes escoller outra, pero a condición é que tedes que recortar e doblar vós soiños. Os adultos, só para explicar!

Hoxe, só tedes que ver o video e atender moi ben. Poderedes ir elaborando o voso canciño ao longo da semana, nos momentos en que vos apeteza. E, claro, se vos gusta... podedes facer máis!

 

E, por hoxe, nada máis. Pasade unha boa tarde e... ata mañá

LUNS, 30 DE MARZO DE 2020

LUNS, 30 DE MARZO DE 2020

Bos días, pitufos e pitufas de 2º! Que tal estades? Como pasastes a fin de semana? Fixestes algo interesante? 

Estades saindo ás fiestras a aplaudirlles aos sanitarios e sanitarias? Eu si! Tódolos días, ás 20:00h.

Como ides coas lecturas de "Contos ao teléfono"? 

Agardo as vosas participacións polo abalar! Por favor, procurade utilizar as normas de escritura, poñer maiúsculas, puntos e comas. Polo menos, intentádeo!  

PRIMEIRO – Anotar na axenda o tempo de hoxe, e as medidas da vosa lentella. Seguro que xa medraron un montón!

MATEMÁTICAS -  Ficha 23 de “numeración”. (Xa case chegamos ao 1000!!) Coidado co exercicio 3, pode ser un pouquiño complicado. Se tedes dúbidas, preguntádeme. Pero non vale que o solucione un adulto.

LINGUA GALEGA – Obradoiro de xogos – Fichas 6 e 7. Fixádevos nas palabras que tedes que escribir. Todas nomean persoas, lugares, obxectos... Esta semana imos falar dese tipo de palabras. Son os SUBSTANTIVOS!

EDUCACIÓN FÍSICA – Tocaría na 3ª sesión. Inventade un xogo ou exercicio, facédeo, e, a continuación, anotádeo. Podedes anotalo na axenda ou ben nun folio ben presentado, onde poñades tódolos exercicios que vaiades facendo a partir de agora. Ese folio debe ter o nome e as datas de cada día que anotedes nel. 

CIENCIAS SOCIAIS/NATURAIS – Imos empezar a investigar sobre o noso concello.

Para isto, ides coller un folio. Poñeredes, como xa sabemos facer, o nome e apelidos, e a data. Esta vez, imos facelo con bolígrafo.

Logo, poñeredes como título, en maiúscula: “O MEU CONCELLO”.

Debaixo, anotaredes o seguinte:

"O municipio ou concello é o territorio gobernado por un alcalde e uns concelleiros."

E logo, anotades e contestades as seguintes preguntas: (anotades as preguntas con bolígrafo azul e contestades con lapis)

·  Cal é o nome do teu concello?

· A que provincia pertence?

· En que comunidade autónoma está situado?

· Dentro de que país?

Podedes atopar información sobre o voso concello preguntando aos adultos ou buscando nas seguintes páxinas web: (a información está xa ao principio e é moi fácil de atopar)

 

-  Concello de Corcubión: https://es.wikipedia.org/wiki/Corcubi%C3%B3n 

-  Concello de Cee: https://es.wikipedia.org/wiki/Cee

-  Concello de Fisterra: https://es.wikipedia.org/wiki/Finisterre_(Espa%C3%B1a) 

Para hoxe, rematamos con esta tarefa. Pero gardade o folio, porque continuaremos con isto durante esta semana. 

HORA DE LER - Escolle unha lectura e le 20 minutos de forma ininterrumpida. 

VALORES – Hoxe, propóñovos facer unha nota de saúdo ou un debuxo para todos os vosos compañeiros e compañeiras da aula, con motivo da suspensión de clases. Que un adulto ma envíe ao correo electrónico (martinatrillo@edu.xunta.es). Publicareinas na web para que todos poidades ver os saúdos de todos.

 Lembrade descansar un pouquiño cada hora de traballo, e un rato máis longo ao facer dúas horas. 

Por hoxe abondou de traballo, meus pitufos. Unha aperta! Bótovos de menos!

VENRES, 27 DE MARZO DE 2020

Bo día a todos e todas. Que tal estades? Como foron os traballos da semana? Como parece que a suspensión de clases se vai ampliar, a partir de agora, irei poñendo o traballo por aquí, para que vaiades véndoo a diario. Se tivésedes algún problema para velo, podedes escribir ao meu contacto por correo electrónico: martinatrillo@edu.xunta.es

A lista de tarefas de hoxe, é a seguinte:

PRIMEIRO - Abrir a axenda no día de hoxe, anotar o tempo, e, de novo, as medidas da vosa lentella. 

MATEMÁTICAS - Ficha "La multiplicación" (é unha fotocopia que mandei solta cando vos dei as tarefas). 

LINGUA GALEGA - Realizar a ficha do conto "Un que comprou a cidade de Estocolmo" (nesta tarefa, podiades adiantar, así que, ao mellor, algúns xa estades lendo " A tocarlle o nariz ao rei" ou " A famosa chuvia de Piombino". Rematade a lectura que teñades pendente e realizade a ficha. 

Logo, contádeme na asemblea, polo abalar: Por que lectura estades en "Contos por teléfono"? Cal vos gustou máis? 

LINGUA GALEGA/CASTELÁ- Anotar no diario de lectura o conto ou contos que lerades durante esta semana. 

EDUCACIÓN FÍSICA - Hoxe, teriades Educación Física na segunda sesión: entre as 10:05 e as 10:55. 

* Houbo un erro nos enlaces que había en Educación Física, e tiven que borrar o que tiña aquí posto. A mestra de E. F.  irá colgando novas actividades. Polo momento, tócavos, de novo, inventar vós un xogo, facelo, e anotalo. Xa me iredes contando, tamén, pola asemblea. Desculpade!

E... preguntarédesvos que vai pasar a partir de agora! Parece que se amplía a suspensión de clases outros 15 días, así que irei publicando aquí, as tarefas, día a día. Se atopades algunha dificultade, non dubidedes en dicirmo. 

Que pasedes boa mañá! Agardo as vosas novas. 

Distribuir contido