ANPA

RESULTADOS DO PROCESO ELECTORAL DA ANPA ( CON CORRECCIÓN DE ERROS )

Suscríbese, a continuación, comunicación enviada pola nosa Anpa. 

Estimadas familias:

Reunidos a nova directiva resultante do proceso electoral, tal e como marcan os nosos estatutos, queda configurada co seguinte reparto de cargos:

 

Presidencia: Mª Jesús López Haz.

Vicepresidencia: Rubén Sánchez Galán.

Secretaría: Raquel Blanco García. 

                 Sandra Raquel Andrade Lago. 

Tesourería: Sandra Raquel Andrade Lago. 

                 Raquel Blanco García

Vogais:

Alexandre López Romero

Xosé Henrique Rodríguez Portela

Susana González Santos

Francisco Xosé Hermida Abelleira

 

Noméase a Raquel Blanco García como a representante da Anpa Alén no Consello Escolar. 

En breve, reunirémonos con todas as familias que así o desexen para presentarnos, dar todo tipo de información que se precise, responder as dúbidas e preguntas, así como organizar, entre todos e todas, as posíbeis iniciativas para este curso 2019 - 2020.

 

Un saúdo cordial

Anpa Alén. 

CONVOCATORIA DE ELECCIÓNS DA ANPA - CEIP PRAIA DE QUENXE

Publícase, a petición da ANPA, convocatoria de eleccións para a xunta directiva, que toca renovar este ano. 

Podedes vela nos datos adxuntos. 

POLO SAN MARTIÑO, PEÓNS AO CAMIÑO!!!!

O próximo venres, 11 de novembro, no CEIP Praia de Quenxe, e por convocatoria da ANPA Alén, celebraremos o día do Peón.

Con tal motivo, xa en anos anteriores se viñeron celebrando actividades e tódolos nenos  e nenas do noso colexio, a excepción dos máis novos, teñen un peón que lles regalou a ANPA.

Convocámosvos a que tódalas familias manden aos seus fillos e fillas co peón para que o venres no patio os peóns nos invadan. A ANPA xa está preparándose para que ao alumnado novo non lle falte o seu, e esperamos contribuir unha isca á recuperación deste gran xogo tradicional.

Xunto déixovos un manifesto que Xavier P. Docampo elaborou para a convocatoria anual que a asociación Brinquedia realiza neste día.

Distribuir contido