Audición e Linguaxe

Conciencia léxica -5

Moi bo día a todas e todos!!

Hoxe imos xogar un pouquiño coa conciencia léxica, que xa ides coñecendo. Lembrade que axúdanos a ser conscientes das palabras e a non xuntalas ou separalas cando escribimos.

Tedes que pinchar no altavoz que vos aparece, levar a imaxe correspondente ao seu lugar e contar as palabras que teña a oración pulsando nun cadriño por cada palabra que escoitedes. Ao rematar, pulsade en "terminado", poñede o voso nome e curso e dádelle a enviar.

Xogades?

Pulsade na imaxe:

 

Lembrade que me podedes escribir a al.cole.luisa@gmail.com

Espero as vosas mensaxes, fotos, audios, vídeos...

Apertas para todas e todos!!

Seguimento de instrucións... Os unicornios!

Bos días a todas e todos!! Que tal a fin de semana?

Hoxe tócanos empezar nova semana e ímolo facer cunha actividade que vos vai estimular a vosa comprensión oral.  Imos seguir instrucións a través dos unicornios!

Xa falamos de que isto é moi importante para cando, por exemplo, esteades en clase e vos digan as cousiñas que tedes que ir facendo non se vos olviden ou, cando vos lean un conto, vos lembredes do que foi acontecendo e, tamén, por exemplo, cando os vosos pais e nais vos digan as vosas responsabilidades do día, sepades o que tedes que facer. A parte da memoria, outro aspecto importante a traballar, entón, é a comprensión oral, porque se non entendedes o que vos din, váisevos complicar resolvelo.

Esta actividade é recomendada para educación infantil ata 1º ou 2º de educación primaria.

Estade moi atentos... unha vez que pinchedes no enlace, vaivos ir dicindo os pasos que tedes que facer.

Cando entredes, ide pulsando no botón "play", para escoitar as instrucións.

 

Pulsade na seguinte imaxe:

 

 

Lembrade que me podedes escribir a al.cole.luisa@gmail.com

Espero as vosas mensaxes, fotos, audios, vídeos...

Apertas e bo inicio de semana para todas e todos!!

Actividades para a aprendizaxe e desenvolvemento de habilidades lingüísticas - 16

Moi bo día a todas e todos!

Déixovos no enlace que vos poño máis abaixo, a última tanda de actividades para a mellora da linguaxe oral, a número 16! Durante moitas semanas foise actualizando para ofrecervos un bo material para que xogárades aprendendo dende a casa. Pero, agora xa imos rematando o curso e estas actividades, tamén, chegan a súa fin.

Espero que vos gustaran moito!

Se queredes xogar, premede na seguinte imaxe:

Lembrade que me podedes escribir a al.cole.luisa@gmail.com

Espero as vosas mensaxes, fotos, audios, vídeos...

Unha aperta forte para todas e todos!!

Sons iniciais - 1

Moi bo días a todas e todos!!

Hoxe imos xogar cos sons iniciais. Ides repasar a discriminación auditiva de pares de palabras que se parecen moito, pero que se diferencian polo son polo que empezan. Isto é moi importante, por exemplo, para cando vos comunicades oralmente, ou escribides, non teñades erros de comprensión.

Tedes que escoitar a palabra que vos din e, logo, pinchar na imaxe que corresponda co que escoitáchedes.

Facede clic na seguinte imaxe:

Lembrade que me podedes escribir a al.cole.luisa@gmail.com

Espero as vosas mensaxes, fotos, audios, vídeos...

Unha aperta forte para todas e todos!!

 

Para que serven? -(léxico-semántica -1)

Moi bos días a todas e todos!!

A actividade de hoxe, recomendada para primeiros cursos de educación primaria, e de educación infantil, coa axuda dun adulto, ten que ver co léxico e a semántica. Que quere dicir isto? Pois, léxico refírese ao vocabulario, as palabras que coñecemos, e a semántica ao significado das palabras que manexamos. Este é un aspecto moi importante na estimulación da linguaxe oral, xa que, entre outras cousas, permítenos poder comunicarnos cos demáis e avanzar na aprendizaxe, por exemplo, da lectoescritura e na súa comprensión, tanto lectora como escrita.

Apetécevos probar? Ao rematar tedes que pulsar no botón "terminado", cubrir o voso nome e curso e darlle o botón de enviar.

 

Facede clic na seguinte imaxe:

 

Lembrade que me podedes escribir a al.cole.luisa@gmail.com

Espero as vosas mensaxes, fotos, audios, vídeos...

Unha aperta forte para todas e todos!!

 

Conciencia léxica -4

Moi bos días a todas e todos!!

Imos empezar a semana repasando a conciencia léxica. Esta actividade, na que temos que escribir, está destinada, sobre todo, para os primeiros cursos de educación primaria. Tedes que inventarvos oracións co número de palabras que se vos indica. Ao finalizala, tedes que darlle o botón de "terminado", poñer o voso nome e curso e darlle a enviar.

 

Facede clic na seguinte imaxe:

 

Lembrade que me podedes escribir a al.cole.luisa@gmail.com

Espero as vosas mensaxes, fotos, audios, vídeos...

Unha aperta forte para todas e todos!!

 

Actividades para o aprendizaxe e desenvolvemento de habilidades lingüísticas - 15

Moi bo día a todas e todos!

Déixovos no enlace que vos poño máis abaixo, unha nova tanda de actividades para a mellora da linguaxe oral. Xa imos pola 15!

Espero que vos gusten moito!

 

Facede clic aquí  https://view.genial.ly/5e73527766abcc0f6863c46b/presentation-actividades-para-el-aprendizaje-y-desarrollo-de-habilidades-linguisticas

Lembrade que me podedes escribir a al.cole.luisa@gmail.com

Espero as vosas mensaxes, fotos, audios, vídeos...

Unha aperta forte para todas e todos!!

 

Quen é quen? -1

Moi bo día a todas e todos!!

Coñecedes o xogo do "Quen é quen"?... Pois, hoxe ides lembralo xogando a adiviñar cal é o Superheroe que tedes que atopar, seguindo as pistas que vos dan. Tedes que estar moi atentos. Este xogo vaivos axudar, sobre todo, a reforzar o seguimento de instrucións, o razoamento e a comprensión.

Adiviñaredes cal é? Só pode quedar un! Animádevos a xogar!

 

Facede clic aquí

https://es.liveworksheets.com/c?a=s&s=comprensi%C3%B3n%20y%20razonamiento&t=v45g3ezbv7&l=ex&i=ccfnns&r=jk

 

Lembrade que me podedes escribir a al.cole.luisa@gmail.com

Espero as vosas mensaxes, fotos, audios, vídeos...

Unha aperta forte para todas e todos!!

 

Conciencia léxica -3

Moi bo día a todas e todos!!

Hoxe imos xogar un pouquiño coa conciencia léxica, que xa ides coñecendo. Lembrade que axúdanos a ser conscientes das palabras e a non xuntalas ou separalas cando escribimos.

Tedes que pinchar no altavoz que vos aparece, contar as palabras que escoitades e pulsar un cadriño por cada palabra que escoitedes. Ao rematar, pulsade en "terminado", poñede o voso nome e curso e dádelle a enviar.

Cantas palabras escoitaredes?

 

Facede clic aquí

https://es.liveworksheets.com/c?a=s&s=conciencia%20l%C3%A9xica&t=v45g3ez...

 

Lembrade que me podedes escribir a al.cole.luisa@gmail.com

Espero as vosas mensaxes, fotos, audios, vídeos...

Apertas para todas e todos!!

 

Descrición de personaxes -1

Bos días a todas e todos!!

Hoxe imos seguir instrucións de descricións de personaxes, neste caso de nenas e nenos. Xa falamos da importancia do seguimento de instrucións en entradas anteriores, así que imos seguir repasándoo. En relación a descrición, dicir que é outro aspecto que nos fai traballar, entre outras cousas, a comprensión, a memoria e o vocabulario.

Así que, estade moi atentos.  Pinchade no altavoz e escoitade o que vos di. Logo, tedes que arrastrar a imaxe correspondente ao seu lugar.

Ao rematar a actividade, tedes que pulsar no botón "terminado". Despois, pediravos o voso nome e curso e dádelle a enviar.

Espero que vos guste!

 

Facede clic aquí

https://es.liveworksheets.com/c?a=s&s=descripci%C3%B3n%20ni%C3%B1os&t=v45g3ezbv7&m=n&l=li&i=tonoso&r=xz

Lembrade que me podedes escribir a al.cole.luisa@gmail.com

Espero as vosas mensaxes, fotos, audios, vídeos...

Unha aperta forte para todas e todos!!

Distribuir contido