Orientación

Contos contados

Ola a tod@s!!

Sempre é un gustazo ler e son moitas, e todas boas, as cousas que nos aporta: melloramos a nosa expresión, enriquecemos o noso vocabulario, aprendemos ortografía casi sen querer, e..., por suposto, podemos vivir un montón de aventuras.

Igualmente é moi importante ademais de gratificante ler en familia, especialmente cos máis pequerrechos da casa que aínda non aprenderon a ler, estimularemos o seu desenvolvemento persoal e intelectual e crearemos neles a semente da afición pola lectura.

A editorial Kalandraka, editora de libros infantís e xuvenís, ofrece os seus contos "contados", xa que ten creado unha web na que, cada día, teredes un título distinto contado por alguén.

Hoxe toca, "Se che pica un mosquito".

Premede na imaxe.... e a coñecer un montón de historias!!

Saudiños e saudiña.

KALANDRAKA TV

Xogo de relacionar

Ola a tod@s!!

Hoxe creei este xogo pensado especialmente para os máis pequenos pero que obviamente pode xogar calquera que queira. 

Hai uns debuxos que deberedes unir dous a dous, xa que hai pares de debuxos que teñen relación entre si. 

Seguro que o facedes moi ben, espero que vos divirtades!!

Como sempre prepareino para que ao premer no debuxo se vos abra nunha nova xanela para xogar.

Saudiños e saudiña.

XOGO DE RELACIONAR

Feliz Día das Letras Galegas 2020

Feliz Día das Letras Galegas 2020!!

Por se queredes coñecer algo máis do homenaxeado este ano, Ricardo Carvalho Calero déixovos un xogo que creei no que tamén repaso os primeiros autores aos que se adicou esta data, alá polos anos 60. Espero que vos guste e mil primaveras máis para a nosa lingua!!

Premedes na imaxe do xogo e abrirase nunha nova xanela.

MEDIA DUCIA DE LETRAS GALEGAS

 

Un novo xogo

Boas a tod@s!!

Espero que sigades ben, hoxe traio un xogo para traballar os procesos psicolóxicos básicos.

Poden xogalo mesmo os máis pequenos da casa e, por suposto, serve para a atención á diversidade.

Con cada pregunta acertada, lanzaremos un dardo e faremos diana. Ademais acompañaranos un amiguiño que nos aplaudirá os logros.

Quizais teñades escoitado estes días falar de Aulas Galegas, un organismo sen ánimo de lucro ao cal pertenzo formado por mestres e mestras que aportamos materiais educativos de xeito totalmente altruísta e que vén de formarse  a raíz da suspensión das clases nas aulas e do confinamento.

Debo dicirvos que formar parte de Aulas Galegas é un gustazo pois é ilusionante ver como hai mestres e mestras encantados de ofrecer de balde o seu tempo e o seu traballo na procura da mellora do ensino, por iso integro nos xogos que creo o seu logo que vos levará á súa web onde atoparedes moitísimos recursos organizados por etapas e niveis e tamén, como non, para a atención á diversidade. Iso si, todos os materiais que aportamos están en lingua galega. Recoméndovos que visitedes Aulas Galegas porque tedes materiais para todas as etapas, mesmo Bacharelato.

Premede na imaxe do xogo e abrirase nunha nova xanela. Espero que vos guste!!

Saudiños e saudiña.

Xogo Proc Psicol Básicos_1

 

Día do Libro

Boas de novo,

Disculpade que, aínda que tarde, quero deixarvos un agasallo do Día do Libro.

Se descargades o  arquivo veredes que hai un montón de contos e premendo na portada de cada unha tedes moitísimas opcións de lectura.

Glups!! Veño de intentalo pero a web dime que non me deixa subir arquivos tan pesados, síntoo!!

En compensación, déixovos o enlace á web de Baía Edicións que tiveron a ben ofrecer algunhas das obras editadas por eles de balde. E ademais están indicadas as idades aconselladas!!

https://baiaedicions.gal/editorial/baia-edicions-con-vos-na-casa/?fbclid=IwAR3bJ2jdvlmyZnglT6DA9Lw1XXCCfsPJtpEF-dk_hXY3tKYybe4g9PCWDG0

Saudiños e saudiña.

 

Actividades para o confinamento

Boa tarde a todos e todas, cativada e familias:

Como este confinamento está a prolongarse moito von ir aportando actividades da miña creación agardando que vos podan ser de axuda, para complementar quizais as que envían dende as titorías ou simplemente para que o tmepo de aprender sea tamén un tempo lúdico e de diversión.

E para comezar, este xogo, "Marcianiños" no que hai que recoñecer unha acción, un verbo, representado mediante un debuxo polo que poden xogalo os máis pequenos pero tamén incluín o apoio da palabra escrita para que o alumnado de 1º e 2º de Primaria poda practicar a lectura e, ao mesmo tempo, como en todos os materiais que creo, fíxeno ademais pensando na atención á diversidade polo que pediríavos que, na medida do posible, acompañasedes aos vosos fillos e fillas nun primeiro momento para prestarlles axuda se a precisan para desenvolver o xogo.

Por otra parte, o xogo segue a estética daqueles primeiros videoxogos dos que, de seguro, podedes contar moitas cousas á cativada e sempre está ben ter unha excusa para dialogar na casa.

Espero que vos guste e podedes contactar comigo para o que precisedes no seguinte enderezo electrónico: charova@edu.xunta.gal

Premendo na imaxe o xogo abrirase nunha nova xanela, e a xogar!!

Saudiños e saudiña.

CHARLAS SOBRE TDAH NO IES FERNANDO BLANCO

 

BOS DÍAS A TODOS E TODAS.

INFÓRMASEVOS DA OPORTUNIDADE QUE TEDES DE ASISTIR A UNHA CHARLA QUE SE IMPARTIRÁ O PRÓXIMO 29 DE ABRIL NO IES FERNANDO BLANCO, SOBRE O TRASTORNO DÉFICIT DE ATENCIÓN E HIPERACTIVIDADE- TDAH.

A HORA SERÁ ÁS 17:30 E DURARÁ APROXIMADAMENTE UNHA HORA.

A ASISTENCIA É GRATUÍTA E PODEDES PARTICIPAR QUEN QUEIRADES.

AGRADECERÍAMOS QUE O COMUNICARADES AOS TITUORES SE IDES A ASISTIR.

 

MOITAS GRAZAS!

 

HORARIO DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

ESTIMADOS PAIS E NAIS!

DENDE O CEIP PRAIA DE QUENXE CONSIDERAMOS QUE A COLABORACIÓN ENTRE A ESCOLA E A FAMILIA É IMPRESCINDIBLE PARA FACER DOS NOSOS ALUMNOS E ALUMNAS PERSOAS AUTÓNOMAS E HÁBILES.

POR ESTE MOTIVO, NON DUBIDEDES EN CONTACTAR CON NOSCO. O DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN ESTÁ A VOSA DISPOSICIÓN PARA ACLARAR CALQUERA DÚBIDA OU CUESTIÓN QUE APAREZA.

A XEFA DO DEPARTAMENTO ESTÁ:

OS LUNS: MAÑÁ DE 12:00 h A 13:00h / TARDE: DE 15:00 h A 17:00 h

OS XOVES: MAÑÁ DE 10:00 h A 13:00 h / TARDE: DE 15:00 h A 18:00 h

 

MOITAS GRAZAS!!!!!!!!

 

 

Distribuir contido