Novas

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2022

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

En cumprimento da RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares, infórmase que durante o vindeiro mes de novembro, celebraranse eleccións ó Consello Escolar deste Centro, órgano colexiado onde están representados: pais e nais, mestres/as, A.N.P.A, Concello e persoal non docente.

 

Antes de iniciar este proceso, cómpre constituir a Xunta Electoral que estará formada por:

  • Director do Centro

  • 1 pai ou nai

  • 1 mestre/a

  • 1 membro do persoal de servizos.

 

Os tres últimos serán designados por sorteo segundo establece a lexislación vixente. Dito sorteo, que será público e que preverá a designación de membros suplentes, terá lugar o vindeiro mércores, día 2 de novembro, ás 11.00 horas na biblioteca do Centro.

CURSO 22/23

CURSO 2022/2023

O curso 22/23 empezará na data recollida na orde do calendario escolar, o 8 de setembro. Tal como recolle a antedita orde, o comedor escolar funcionará con normalidade desde o primeiro día de colexio. Lembrade que é preciso avisar antes das 09:30h se non se vai facer uso do servizo de comedor.

  • O día 8 de setembro incorporarase todo alumnado de Educación Infantil e Primaria.
  • No caso do novo alumnado de 4º de Educación Infantil (3 anos), en breve a titora porase en contacto coas familias para informar, entre outras cousas, sobre o período de adaptación. 

O horario lectivo será o mesmo de sempre: de 09:15h a 14:15h. 

O transporte escolar funcionará con normalidade no seu horario habitual. O uso da mascarilla será obrigatorio no servizo de transporte.

Ao longo destes días iremos informando de todo o relativo ao funcionamento do colexio durante este novo curso.

Aconséllase instalar a aplicación Abalar Móbil no teléfono o antes posible para poder recibir notificacións e información do centro.

No bloque da esquerda desta páxina CURSO 22/23 poderase ir accedendo a todos os documentos máis relevantes deste curso. No apartado autorizacións pódense descargar varios documentos, entre os que se atopan as autorizacións para recoller o alumnado. Se alguén precisa facer uso das anteditas autorizacións xa o primeiro día pode cubrilas na casa e entregarllas ao profesorado ao chegar ao centro.

 

 

FORMACIÓN FAMILIAS

Eleccións ao Consello Escolar 2021

RELACIÓN DE PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS

SECTOR DE PAIS E NAIS DE ALUMNOS/AS 

    Unha vez finalizado o prazo de presentación de candidaturas para a elección dos representantes de nais e pais do alumnado no CONSELLO ESCOLAR do Centro, segundo convocatoria do 2 do mes en curso, a XUNTA ELECTORAL deste Colexio fai pública a relación dos nomes dos candidatos que se presentan á referida elección, segundo se indica de seguido por orde alfabética de apelidos: 

1.- DE LA FUENTE REDONDO, VANESSA

 

    Segundo o establecido no artigo 41 do Decreto 374/1996, do 17 de outubro (DOG do 21) correspondería elixir no presente proceso electoral a 3 pais/naisdun total de cinco que debe ter o Consello Escolar. Os outros dous representantes de pais/nais continúan como consecuencia da súa elección anterior no ano 2018 ou por ser un deles proposto pola ANPA. As votacións no sector pais/nais serán o luns 22 de novembro de 16:10h a 19:00h.

 

    Segundo o punto 5º da Convocatoria de elección de pais/nais para o Consello Escolar do 3 de novembro, a campaña electoral comprenderá dende o 16 ao 20 de novembro, ambos días inclusive.

 

    O que se fai público para xeral coñecemento. 

 

 

   Corcubión, 16 de novembro de 2021

 

O/A DIRECTOR/A DO CENTRO E

PRESIDENTE DA XUNTA ELECTORAL,

 

  Delfino Domínguez Lestón

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2022

ELECCIÓNS DE REPRESENTANTES DE NAIS, PAIS E TITORES LEGAIS AO CONSELLO ESCOLAR

CONVOCATORIA

De acordo coa RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos Consellos Escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos, a XUNTA ELECTORAL deste Centro, en virtude das atribucións que lle son conferidas pola lexislación vixente, dispón a convocatoria de eleccións ao Consello Escolar, SECTOR DE PAIS E NAIS DE ALUMNOS, segundo as seguintes normas:

1. De acordo co disposto no artigo 41 do Decreto 374/1996, do 17 de outubro (DOG do 21), redactado conforme ao establecido na disposición adicional terceira.1 do Decreto 7/1999, do 7 de xaneiro (DOG do 26), corresponde elixir no presente proceso electoral a 3 pais/nais, dun total de 5 que debe ter o Consello Escolar. Os outros representantes de pais continúan como consecuencia da súa elección anterior no ano 2021.

2.- Son electores todos os pais e nais ou, se é o caso, os titores legais do alumnado matriculado no Centro e incluídos no Censo correspondente que a partir do día  da data está exposto no taboleiro de anuncios. As reclamacións ao referido Censo realizaranse mediante escrito razoado dirixido á Xunta Electoral, ata as 14'00 horas do día 17 de novembro.

3.- Son elixibles os pais e nais ou, se é o caso, os titores legais, que formulen a súa candidatura oficial segundo o modelo que se facilitará na Secretaría do Colexio ou descargar AQUÍ. As candidaturas poderán ser presentadas desde o 10 de novembro ata as 14:00 horas do día 18 de novembro.

4.- O sorteo dos membros da mesa electoral realizarase en acto público, entre os pais que non se presenten como candidatos, o día 21 de novembro, ás 17:40 horas. Dita mesa electoral estará composta polo Director do Centro, que actuará como Presidente, e catro pais/nais ou titores legais, actuando de secretario o de menor idade.

5.- A campaña electoral comprenderá dende o 22 ao 26 de novembro, ambos días inclusive. As dependencias e servizos do Centro estarán a disposición dos candidatos, previa petición ao presidente da Xunta Electoral, sempre que o seu uso non altere o normal funcionamento educativo do Colexio. O día 27 de novembro, véspera das votacións, non se poderá facer campaña electoral.

6.- Poderán actuar como supervisores da votación os pais ou titores legais dos alumnos matriculados no Centro que sexan propostos pola ANPA ou, no seu defecto, que estean avalados cando menos pola firma de 10 electores.

7.- As votacións realizaranse neste Colexio Público o día 28 de novembro, de 16:10 a 18:40 horas. A mesa electoral será constituída o mesmo día, en acto público, ás 16:00 horas.

8.- Na papeleta de votación cada elector fará constar un máximo 2 nomes dos candidatos presentados, debendo acreditar a súa personalidade a hora de votar, mediante exhibición do D.N.I. ou documento similar. O voto será directo, secreto e non delegable e non se admitirá o voto por correo.

9.- Teñen dereito ao voto o pai e a nai ou, se é o caso, o titor legal dos alumnos/as.

10.- Finalizada a votación procederase ao escrutinio  dos votos, que será público, e unha vez realizado, levantarase acta para ao seu envío a Xunta Electoral do Centro.

11.- A Xunta Electoral do Centro resolverá as dúbidas e reclamacións que se poidan formular.

 

Corcubión, 8 de novembro de 2022

O PRESIDENTE DA XUNTA ELECTORAL,

Delfino Domínguez Lestón.

  

Nova Directiva da ANPA ALÉN

TRANSPORTE ESCOLAR CURSO 2021/2022

Ábrese o prazo para solicitude de transporte escolar de cara ao curso 2021/2022.

Os impresos de solicitude pódense recoller no propio centro ou descargar aquí:

  • LEXÍTIMOS   (usuarios/as que utilizan as paradas de Amarela ou Redonda)
  • EXCEPCIONAIS   (usuarios que utilizan as paradas de Vilar, Quenxe ou Praza de Corcubión)

As solicitudes deberán presentarse na dirección do centro en horario de 9:30h a 13:00h.

Prazo de presentación de solicitudes: 

  • do 22 de xuño ata o 30 de xuño
  • do 1 de setembro ao 10 de setembro

LIBROS DE TEXTO 2021/2022

Achégase a lista de LIBROS DE TEXTO para o curso 2021/2022.

 

Servizo de MADRUGADORES

PROGRAMA MADRUGADORES

Distribuir contido