Skip to Content

ANPA

Virxen do Carme

 

A ANPA "Virxen do Carme" é unha asociación integrada por nais e pais do CEIP de Ponte Sampaio, legalmente constituída e integrada na Federación de ANPAS de Pontevedra, coa finalidade principal de recoller e canalizar sugerencias e propostas, favorecer o intercambio de experiencias e fortalecer as relacións de convivencia dentro da Comunidade Educativa.

A asociación participa na organización e funcionamento do centro a través da súa representación no Consello Escolar; coa formación dos nenos e nenas aportando recursos e equipamento, ofertando actividades extraescolares e participando nas organizadas polo centro; coa formación de pais e nais, propoñendo e colaborando na realización de charlas e ponencias; ...; sempre desde a estreita colaboración co equipo docente, a través da dirección do centro.

 CARTA DE PRESENTACIÓN DA ANPAResultado de imagen de DIBUJO CARTA

SOLICITUDE DE INSCRICIÓN 

DESCONTOS SOCIOS EN ESTABLECEMENTOS

 

   

 Estatutos ANPA  

 Seguro ANPA Ilustración de Icono De La Póliza De Seguro En Estilo Cómico Reporte La  Ilustración De Dibujos Animados Vectoriales Sobre Fondo Aislado Blanco  Efecto De Salpicadura De Concepto De Negocio De Documento y

 

 Desde a ANPA queremos contribuír á consecución dunha escola de calidade, democrática e innovadora para o que invitamos a tódolos pais e nais a compartir as súas ideas e iniciativas, opinións e inquedanzas respecto da educación dos nosos fillos e fillas. Para tal fin, establécense as seguintes canles de participación:

  • Asistencia ás reunións convocadas.
  • Comunicación directa aos membros da Xunta Directiva.
  • No teléfono 660 08 87 86
  • Mediante o correo electrónico da asociación:
    anpavirxendocarme@gmail.com

PRESIDENTE/A:  

D. XOSÉ LOIS DÍAZ FERNÁNDEZ

VICEPRESIDENTE/A:

D. MARCOS BARREIRO MÁRQUEZ

SECRETARIO/A:

DNA. BERTA CONDE LÓPEZ

TESOREIRA:

DNA. NOELIA NIETO GONZÁLEZ

 REPRESENTANTE NO CONSELLO ESCOLAR:

D. XOSÉ LOIS DÍAZ FERNÁNDEZ

 

 

 


 

 

 

 GALERÍAS DE FOTOS

 

CURSO 2007/08 

 CURSO 2008/09

 CURSO 2009/10

 CONVIVENCIA 2011

CONVIVENCIA 2013  CÍES 2012

 

 


 

 

 

Por que participar nunha ANPA?

 

Moitas veces as familias, sobre todo as que inician a aventura do cole por primeira vez xunto cos seus fillos/as non saben moi ben o que é, e porque é importante unha ANPA no centro escolar. Por iso, queremos comentarvos unha serie de motivos polos que consideramos que a implicación nestas asociacións é fundamental para mellorar a calidade do ensino que reciben os nosos fillos/as:

 

  • SEN ANPA NON EXISTIRÍA O PLAN MADRUGA. As asociacións de nais e pais son as responsables da xestión destes servizos e de resolver as incidencias que neles se puideran producir.

 

  • SEN ANPA NON EXISTIRÍAN AS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES. Son tamén as encargadas de propoñer e xestionar estas actividades.

 

  • Se a ANPA non garante os dous puntos mencionados anteriormente NON EXISTIRÍA A XORNADA SO DE MAÑÁ nos colexios, pasando estes a ter clases en horario de mañá e tarde ao non poder garantir mínimamente a conciliación de vida familiar.

 

  • Sen ANPA os nenos que van a terapias de TDAH non se benenficiarían dos descontos actuais.

 

  • A ANPA é a encargada da MEDIACIÓN nos conflitos que puideran xurdir entre unha familia e o centro.

 

  • A ANPA é encargada de representar ós país no CONSELLO ESCOLAR.

 

  • A ANPA é encargada de organizar actividades formativas complementarias en beneficio de pais e alumnado.

 

  • Tamén é a vía para facer chegar as demandas, propostas e opinións dos pais e nais ao Equipo directivo do centro, ó Consello Escolar ou a calquera outro organismo.

 

  • A ANPA organiza actividades, festas e excursións, pero tamén vela e reivindica melloras, expón problemas e busca solucións por exemplo, en canto a instalacións, dinámicas do centro, etc.

 

  • A ANPA potencia a participación da familia na vida do centro.

 

  • A ANPA pretende promover a calidade educativa.



  • A ANPA colabora co profesorado e o alumnado para o bo funcionamento do centro.

 

Formamos parte da comunidade educativa. O colexio non é so o profesorado e os alumnos TAMÉN FORMAMOS PARTE DÉL AS NAIS E PAIS.

Finalmente, comentaros que: a participación no colexio e na educación dos nosos fillos a través da ANPA é unha cuestión de RESPONSABILIDADE das familias, e que esta asociación como calquera outra pode ser o que os seus integrantes queiran que sexa, centrándose máis nuns aspectos ou noutros, pero que para que funcione mínimamente, son necesarias familias que queiran ou poidan invertir algo do seu tempo nela.

 

ANPA Virxen do Carme

Distribuir contido


by Dr. Radut