Skip to Content

Por que participar nunha ANPA?

 

Moitas veces as familias, sobre todo as que inician a aventura do cole por primeira vez xunto cos seus fillos/as non saben moi ben o que é, e porque é importante unha ANPA no centro escolar. Por iso, queremos comentarvos unha serie de motivos polos que consideramos que a implicación nestas asociacións é fundamental para mellorar a calidade do ensino que reciben os nosos fillos/as:

 

  • SEN ANPA NON EXISTIRÍA O PLAN MADRUGA. As asociacións de nais e pais son as responsables da xestión destes servizos e de resolver as incidencias que neles se puideran producir.

 

  • SEN ANPA NON EXISTIRÍAN AS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES. Son tamén as encargadas de propoñer e xestionar estas actividades.

 

  • Se a ANPA non garante os dous puntos mencionados anteriormente NON EXISTIRÍA A XORNADA SO DE MAÑÁ nos colexios, pasando estes a ter clases en horario de mañá e tarde ao non poder garantir mínimamente a conciliación de vida familiar.

 

  • Sen ANPA os nenos que van a terapias de TDAH non se benenficiarían dos descontos actuais.

 

  • A ANPA é a encargada da MEDIACIÓN nos conflitos que puideran xurdir entre unha familia e o centro.

 

  • A ANPA é encargada de representar ós país no CONSELLO ESCOLAR.

 

  • A ANPA é encargada de organizar actividades formativas complementarias en beneficio de pais e alumnado.

 

  • Tamén é a vía para facer chegar as demandas, propostas e opinións dos pais e nais ao Equipo directivo do centro, ó Consello Escolar ou a calquera outro organismo.

 

  • A ANPA organiza actividades, festas e excursións, pero tamén vela e reivindica melloras, expón problemas e busca solucións por exemplo, en canto a instalacións, dinámicas do centro, etc.

 

  • A ANPA potencia a participación da familia na vida do centro.

 

  • A ANPA pretende promover a calidade educativa.



  • A ANPA colabora co profesorado e o alumnado para o bo funcionamento do centro.

 

Formamos parte da comunidade educativa. O colexio non é so o profesorado e os alumnos TAMÉN FORMAMOS PARTE DÉL AS NAIS E PAIS.

Finalmente, comentaros que: a participación no colexio e na educación dos nosos fillos a través da ANPA é unha cuestión de RESPONSABILIDADE das familias, e que esta asociación como calquera outra pode ser o que os seus integrantes queiran que sexa, centrándose máis nuns aspectos ou noutros, pero que para que funcione mínimamente, son necesarias familias que queiran ou poidan invertir algo do seu tempo nela.

 

ANPA Virxen do Carme



page | by Dr. Radut