Skip to Content

Curso 2010/11, Fotos das actividades, Magosto 2010, Día da PAZ, Salón do Libro, Semana Cultural

Semana Cultural 2011

Esta foi a programación cultural que se organizou este ano no Centro para conmemorar o Día das Letras Galegas.

Para ver as fotos das actividades, preme na cámara

 

Luns, 9 de maio 

Teatro Novacaixagalicia: “Cando chove e raia o sol”

Alumnado de E. Infantil

Martes, 10 de maio

Contacontos e obradoiro de prevención do déficit de atención

Fundación DEVI

Alumnado de E. Infantil e 1º curso de E. Primaria

Mércores, 11 de maio

Obradoiro práctico de Educación Vial

Alumnado de 3º ciclo de E. Primaria

Parque da Policía Local en Mollabao (Pontevedra)

Xoves, 12 de maio 

Obradoiro con Jacobo Fernández Serrano

(Premio Merlín de literatura infantil 2009)

2º ciclo de E. Primaria

 e

Visita aos Bombeiros e á Policía Local

Alumnado de E. Infantil

Venres, 13 de maio

Visita cultural á “Insuíña” (illa de Medal)

Alumnado do 1º ciclo de E. Primaria 

Mércores, 18 de maio 

Obradoiro con Teresa González Costa

(Premio Manuel María de literatura infantil 2008)

3º ciclo de E. Primaria

Venres, 20 de maio

Charla coloquio Jaime Blanco-Dios

Autor do libro “Pontevedra: as árbores da cidade”

Alumnado do 3º ciclo 

Luns, 23 de maio

Obradoiros do Instituto de Estudos Galegos “Pai Sarmiento”

“A Prehistoria a través dos obxectos” - Alumnado do 2º ciclo

“Obradoiro de arenoglifos” - Alumnado do 3º ciclo

Martes, 24 de maio

Roteiro dos Bolechas pola zona monumental de Pontevedra

Alumnado do 1º ciclo

 

 

 

É mentira

A XII edición do Salón do Libro abriu as súas portas o pasado día 6 de febreiro baixo o título "É mentira", e permanecerá aberto ata o 19 de marzo no Pazo da Cultura.


Nesta ocasión os organizadores buscan "...descubrir as mentiras que nos contan os personaxes dos contos, ou a mentira que é a historia que estamos a ler, tamén queremos xogar coa mentira como tema na literatura"


Este ano, coma sempre,  ofrécense unha morea de exposicións, obradoiros, obras de teatro, concertos, ... para todas as idades.


O noso Centro participa na exposición cunha montaxe tridimensional na que se recrea o conto tradicional de "Pedro e o lobo".


Ademáis, o día 7 de febreiro, os alumnos do 2º ciclo visitamos a exposición e fixemos un obradoiro moi divertido de "Pintar mentiras" en Pontevedra.


Para o vindeiro día 23 o alumnado do E. Infantil e o 1º ciclo de E. Primaria temos previsto asistir á función de teatro "Pedro e o Lobo, singular versión". No mesmo día faremos tamén a visita guiada á exposición.


Se queres saber máis cousas do Salón do Libro, podes visita-la súa páxina web premendo no seguinte enlace: SALÓN DO LIBRO 2011


Se queres ver as nosas fotos relacionadas co Salón do Libro, preme na cámara:

Construímos a Paz

 O luns 31 de xaneiro todos os colexios do concello de Pontevedra reunímonos na praza da Ferrería para celebrar conxuntamente o Día da Paz.

Este ano o lema elixido foi "ENTRE TODOS CONSTRUÍMOS A PAZ"  e levámolo nunha pancarta e nas pegatinas.

Pegatina día da Paz

 Preme na pegatina se queres ver as fotos do acto da Ferrería

Na xuntanza de todos os centros seguiuse o seguinte programa de actuacións:

1ª Actuación: Presentación do acto a cargo do locutor de Localia Manolo Fernández

2ª Actuación: Nomeamento dos colexios a cargo de Manolo Fernández para depositar un ou dous cubos con lemas sobre a PAZ

3ª Actuación: Canción: "O XOGO DA CARRASQUIÑA", ambientada con movementos por Susa Herrera

4ª Actuación: Lectura de poesías, manifesto e frases sobre a Paz.

5ª Actuación: Intervención do Concelleiro de Educación de Pontevedra

6ª Actuación: Solta de pombas

Para rematar o acto sonou a canción de Axel "Celebra la vida".

 

Magosto 2010

Outro ano máis celebramos o magosto no colexio.

Logo de varios días de traballo nas aulas, o venres 5 de novembro preparamos no patio xogos populares para todos, asamos e comemos as castañas e, como manda a tradición, rematamos a festa "enfarruscándonos" uns aos outros.

Non deixes de ver o video e as fotos   do que fixemos.

Sorry, flash is not available.

Distribuir contido


by Dr. Radut