Skip to Content

Salón do Libro

Salón do Libro 2011:"É mentira"

É mentira

A XII edición do Salón do Libro abriu as súas portas o pasado día 6 de febreiro baixo o título "É mentira", e permanecerá aberto ata o 19 de marzo no Pazo da Cultura.


Nesta ocasión os organizadores buscan "...descubrir as mentiras que nos contan os personaxes dos contos, ou a mentira que é a historia que estamos a ler, tamén queremos xogar coa mentira como tema na literatura"


Este ano, coma sempre,  ofrécense unha morea de exposicións, obradoiros, obras de teatro, concertos, ... para todas as idades.


O noso Centro participa na exposición cunha montaxe tridimensional na que se recrea o conto tradicional de "Pedro e o lobo".


Ademáis, o día 7 de febreiro, os alumnos do 2º ciclo visitamos a exposición e fixemos un obradoiro moi divertido de "Pintar mentiras" en Pontevedra.


Para o vindeiro día 23 o alumnado do E. Infantil e o 1º ciclo de E. Primaria temos previsto asistir á función de teatro "Pedro e o Lobo, singular versión". No mesmo día faremos tamén a visita guiada á exposición.


Se queres saber máis cousas do Salón do Libro, podes visita-la súa páxina web premendo no seguinte enlace: SALÓN DO LIBRO 2011


Se queres ver as nosas fotos relacionadas co Salón do Libro, preme na cámara:

Distribuir contido


by Dr. Radut