Skip to Content

Día da PAZ

Celebración conxunta na Ferrería

Construímos a Paz

 O luns 31 de xaneiro todos os colexios do concello de Pontevedra reunímonos na praza da Ferrería para celebrar conxuntamente o Día da Paz.

Este ano o lema elixido foi "ENTRE TODOS CONSTRUÍMOS A PAZ"  e levámolo nunha pancarta e nas pegatinas.

Pegatina día da Paz

 Preme na pegatina se queres ver as fotos do acto da Ferrería

Na xuntanza de todos os centros seguiuse o seguinte programa de actuacións:

1ª Actuación: Presentación do acto a cargo do locutor de Localia Manolo Fernández

2ª Actuación: Nomeamento dos colexios a cargo de Manolo Fernández para depositar un ou dous cubos con lemas sobre a PAZ

3ª Actuación: Canción: "O XOGO DA CARRASQUIÑA", ambientada con movementos por Susa Herrera

4ª Actuación: Lectura de poesías, manifesto e frases sobre a Paz.

5ª Actuación: Intervención do Concelleiro de Educación de Pontevedra

6ª Actuación: Solta de pombas

Para rematar o acto sonou a canción de Axel "Celebra la vida".

 

Distribuir contido


by Dr. Radut