Skip to Content

Introducción

Bicentenario da Batalla

Monumento ós Heroes

Monumento aos heroes de Ponte Sampaio

"O último enfrontamento entre galegos e franceses foi na Batalla de Ponte Sampaio, no fondo da ría de Vigo. Nela participaron veciños de Soutomaior, Cotobade, Fornelos, Pontevedra, etc.
O exército francés mandábao o mariscal Ney, un veterano militar que nunca perdera batalla.
Os dous bandos enfrontáronse nas beiras do río Verdugo. Os galegos cortaron a ponte para impedir o avance de Ney. Os de Cotobade e Soutomaior construíron canóns de pau, feitos con tronco de Carballo ou de buxo que vaciaban por dentro, como tubos. Estas inxeniosas pezas artilleiras rebentaban ao primeiro disparo, pero conseguían asustar ao enemigo. Ney intentou vadear o río por varios lugares, pero impedíronllo os veciños, que coñecían mellor o terreo, e ordenou a retirada.
Os guerrilleiros venceran ao vello raposo. Era o 9 de xuño de 1809.
Días máis tarde as tropas napoleónicas abandonaban Galicia para sempre."


Os guerrilleiros
Col. A Nosa Historia
Ed. A Nosa Terra

 


4:30 minutes (6.19 MB)
Distribuir contido


by Dr. Radut