Skip to Content

Curso 2009/10, Halloween, Magosto 09, Nadal , Outras, Día da Paz, Entroido, Letras Galegas 2010, Semana Cultural

Irmáns

O venres 29 de Xaneiro todo o alumnado do Centro (agás os pequerrechos de 3 anos) celebramos na Praza da Ferrería en Pontevedra o acto conxunto co resto dos colexios de Pontevedra.

Este ano elexiuse como lema "Camiñamos pola Paz" e diseñouse a seguinte pegatina:

 (Fai clic nela para ver as nosas fotos)

.

 

O programa da xuntanza foi o seguinte:

  • Presentación a cargo de Manolo Fernández, periodista de Radio Pontevedra e Localia.
  • Todos xuntos cantamos a versión de Fuxan os Ventos  do poema “ Irmaus” de Celso emilio Ferreiro (Longa noite de Pedra-1962)
  • Lectura dunhas mensaxes de paz.
  • Entrega á Cruz Vermella da recadación da colecta que se fixo nos colexios para axudar ós damnificados de Haití.
  • Marcha “CAMIÑAMOS POLA PAZ” percorrendo os Soportais, Praza de Curros Enriquez, rúa Real, Praza Méndez Núñez, rúa Sarmiento, Praza da Leña, rúa Pasantería e volta de novo á Praza da Ferrería.
  • Lectura dun breve manifesto pola PAZ , saúdo do Concelleiro de Educación e da Presidenta das FANPAS.
  • Para rematar levouse a cabo o acto simbólico da solta de pombas e, ó mesmo tempo que cantábamos de novo, colocouse unha pancarta nas escalinatas do edificio de Facenda co lema elixido este ano: “Camiñamos pola PAZ”.

Os nenos e as nenas do noso cole fixemos, ademáis, uns bandeiríns cunha mensaxe de solidariedade con Haití combinando as cores das bandeiras galega e haitiana.

 

 

 

 Preme no reproductor do principio da páxina para escoitar a canción:

.

 

“IRMÁNS”

Camiñan ó meu rente moitos homes,
non os coñezo. Sonme estranos.
Pero tí que te alcontras alá lonxe,
mais alá dos desertos e dos lagos,
mais aló das sabanas e das illas,
coma un irmau che falo.
Si é tua a miña noite,
si choran os meus ollos o teu pranto,
si os nosos soños son iguales,
coma un irmáu che falo.
Anque as nosas palabras sexan distintas
e tí negro i eu branco,
e tendo semellantes as feridas,
coma un irmáu che falo.
Por enriba de tódalas fronteiras,
por enriba de muros e valados,
si os nosos berros son iguales,
coma un irmáu che falo.

Anque as nosas palabras sexan distintas
e tí negro i eu branco,
e tendo semellantes as feridas,
coma un irmáu che falo.
Común témo-la patria,
común a loita ambos,
a miña mau che dou,

é mau de irmau,
coma un irmáu che falo.

Anque as nosas palabras sexan distintas
e tí negro i eu branco,
e tendo semellantes as feridas,
coma un irmáu che falo.
Se sintes en probeza,
se sofres inxusticia,
se cheo de rabexa
encirras á cobiza
do teu peito o can,
pra tí chea de forza
vai miña mau, irmán.

                                      (Celso Emilio Ferreiro)


4:33 minutes (5.22 MB)

Máis actividades complementarias

Fai clic nas miniaturas para ver as fotos destas outras actividades:

Nadal 2009

 O día 22 de decembro puxemos punto e final ás actividades que desenvolvemos para celebrar o Nadal.


Os máis pequenos tiveron unha agradable sorpresa: a visita de Papa Noel que fixo un oco na súa apretada axenda para agasallalos con caramelos.


Máis tarde, na sala de usos múltiples, fixemos un pequeno festival no que, entre outras actuacións, todo o alumnado do colexio escenificamos a historia do nacemento de Xesús con panxoliñas populares adaptadas nunha montaxe que realizou o profe Raúl.

Fai clic aquí ou na foto superior para entrar na galería de imaxes

A festa das castañas

Clic para ver a galería de fotos do MagostoO mal tempo non foi quen de estragar as nosas ganas de festa e o venres 13 de novembro celebramos o noso Magosto.

Ás 12:00 saímos ao patio onde nos agardaban a música e os xogos populares para divertirnos mentras se asaban as castañas ao fondo do patio, nun "invento" que o Señor José fixo cun tambor de lavadora.

Esta vez houbo nove xogos polos que fumos pasando tódolos cursos: carreira de sacos, “o tragacastañas”, “apañando castañas”, birlos, aneis, ...

Despois comemos as castañas asadas acompañadas das bebidas que nos regalou a ANPA.

E como fin de festa enfarruscámonos todos coas borras da fogueira.

 

Si queres ver as fotos, fai clic na cámara

Ver as fotos

Unha Festa de Medo

Outro ano máis, o día 30 de outubro, organizamos un concurso de cabazas na aula de inglés. A gañadora foi a máis orixinal no seu deseño que acadou de premio unha gran bolsa de larpeiradas.

Todos os alumnos/as  do cole foron desfilando pola aula da Teacher María.

 

 « Tiñamos as velas acesas dentro das cabazas e toda a aula decorada con esqueletos, bruxas, pantasmas,  ... »

 

O alumnado de  6º prepararou bos sustos cos seus disfraces arrepiantes. 

Para que os de E. Infantil non se asustasen demasiado, os maiores baixaron ás súas aulas disfrazados, pero coa cara descuberta.

 

De agasallo, para repoñerse do medo, os visitantes foron recompensados con caramelos.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut