Irmáns
- Actividades:
- Artist: Fuxan os Ventos
- Título: Irmaus
- Length: 4:33 minutes (5.22 MB)
- Formato: MP3 Stereo 44kHz 160Kbps (CBR)
O venres 29 de Xaneiro todo o alumnado do Centro (agás os pequerrechos de 3 anos) celebramos na Praza da Ferrería en Pontevedra o acto conxunto co resto dos colexios de Pontevedra.
Este ano elexiuse como lema "Camiñamos pola Paz" e diseñouse a seguinte pegatina:
(Fai clic nela para ver as nosas fotos)
.
O programa da xuntanza foi o seguinte:
-
Presentación a cargo de Manolo Fernández, periodista de Radio Pontevedra e Localia.
-
Todos xuntos cantamos a versión de Fuxan os Ventos do poema “ Irmaus” de Celso emilio Ferreiro (Longa noite de Pedra-1962)
-
Lectura dunhas mensaxes de paz.
-
Entrega á Cruz Vermella da recadación da colecta que se fixo nos colexios para axudar ós damnificados de Haití.
-
Marcha “CAMIÑAMOS POLA PAZ” percorrendo os Soportais, Praza de Curros Enriquez, rúa Real, Praza Méndez Núñez, rúa Sarmiento, Praza da Leña, rúa Pasantería e volta de novo á Praza da Ferrería.
-
Lectura dun breve manifesto pola PAZ , saúdo do Concelleiro de Educación e da Presidenta das FANPAS.
-
Para rematar levouse a cabo o acto simbólico da solta de pombas e, ó mesmo tempo que cantábamos de novo, colocouse unha pancarta nas escalinatas do edificio de Facenda co lema elixido este ano: “Camiñamos pola PAZ”.
Os nenos e as nenas do noso cole fixemos, ademáis, uns bandeiríns cunha mensaxe de solidariedade con Haití combinando as cores das bandeiras galega e haitiana.
Preme no reproductor do principio da páxina para escoitar a canción:
.
“IRMÁNS”
Camiñan ó meu rente moitos homes,
non os coñezo. Sonme estranos.
Pero tí que te alcontras alá lonxe,
mais alá dos desertos e dos lagos,
mais aló das sabanas e das illas,
coma un irmau che falo.
Si é tua a miña noite,
si choran os meus ollos o teu pranto,
si os nosos soños son iguales,
coma un irmáu che falo.
Anque as nosas palabras sexan distintas
e tí negro i eu branco,
e tendo semellantes as feridas,
coma un irmáu che falo.
Por enriba de tódalas fronteiras,
por enriba de muros e valados,
si os nosos berros son iguales,
coma un irmáu che falo.
Anque as nosas palabras sexan distintas
e tí negro i eu branco,
e tendo semellantes as feridas,
coma un irmáu che falo.
Común témo-la patria,
común a loita ambos,
a miña mau che dou,
é mau de irmau,
coma un irmáu che falo.
Anque as nosas palabras sexan distintas
e tí negro i eu branco,
e tendo semellantes as feridas,
coma un irmáu che falo.
Se sintes en probeza,
se sofres inxusticia,
se cheo de rabexa
encirras á cobiza
do teu peito o can,
pra tí chea de forza
vai miña mau, irmán.
(Celso Emilio Ferreiro)
- Download audio file
- 178 downloads
- 33 plays