Skip to Content

Escolares, Complementarias

Samaín 2018

Un ano máis o Samaín toca ás nosas portas!!! Os corredores estaban ateigados de cabazas, morcegos, arañas, ratos e ratas, gatos miañando...; e como sempre, para lembrar ese día podes premer na imaxe do photocall para ver algunhas fotos.

 

No ficheiro adxunto que hai máis abaixo están os minirelatos  que escribimos para pasar un día de MEEEDOOO!

Letras Galegas 2018

Disque hai unha festa no faiado!!!!

Todos e todas pensabamos que o fin de curso viña adiantado mais non!!!! Que estamos de festa. Unha festa á galega!!!!!

Vivan as Letras Galegas. Preme na imaxe e verás o que fixemos para coñecer a María Victoria Moreno e celebrar este 17 de maio.

Día Escolar da Non Violencia e a Paz_30 de xaneiro de 2018

Ocorreu unha vez, aló polo mes de xaneiro.

Un grupo de nenas e nenos, coa axuda das súas mestras e mestres foron quen de contruír un muro cheo de ledicia e bos desexos. Mira este vídeo e comparte o sorriso cos do teu arredor... 

Dádelle ao "play" na imaxe e baila "A Danza da Paz" de Mamá Cabra...

Fotomagosto_2017

Di "caaaaastaaaañaaaas"... e así foi como o alumnado do centro fixo unha homenaxe ao produto estrela do outonal Magosto.  Ollade, cada curso pensou un traxe de gala e as nenas e nenos encheron as castañas de sorrisos e ganas de facer do Magosto unha data inesquecible. O resultado está á vista no noso FOTOMAGOSTO. Ollade a imaxe que aparece máis abaixo. Dá envexa velas!!!!!!

Día Internacional Contra a Violencia de Xénero

Os alumnos e alumnas de 6º de Educación Primaria traballaron moi duro e en equipo para facer unha espectacular, sentida, emotiva... coreografía da canción de Malú e Manuel Carrasco "Que nadie". Ensaiaron moi duro con Lúa (a mestra de Educación Fisica) e Lidia (a súa titora). Para ver o resultado preme na imaxe e goza do vídeo. *O vídeo non se pode ver en dispositivos móbiles porque o audio ten dereitos de autor pero dende os ordenadores non debería dar problemas.

Visita do clube balonmán de Camariñas

Este mes de outubro comezou cunha visita especial...

O xoves 5 e o venres 6, estiveron no noso colexio os monitores das diferentes categorías do Clube de Balonmán de Camariñas para dar a coñecer a súa disciplina e fomentar hábitos de vida saudables. 

Contaron coa colaboración da mestra de Educación Física, Lúa e o entusiasmo e ganas de facer de todos os nenos e nenas de Educación Primaria.

Letras Galegas 2017

O 17 de maio celebrouse o Día das Letras Galegas. Este ano estivo adicado a Carlos Casares e as nenas e nenos estivemos gozando coas súas obras, coñecendo a súa biografía... Tanto traballo tivo a súa recompensa. 

Entroido a ritmo de folión

O ENTROIDO XA ESTÁ AQUÍ. CADA GRUPO VEN MARCANDO RITMO CO SEU FOLIÓN.

PREME NA IMAXE E DESCUBRIRÁS COMO SE ENCHEU DE COR, LEDICIA E FESTA O PATIO DO NOSO COLEXIO.

Distribuir contido


by Dr. Radut