Skip to Content

Día Internacional Contra a Violencia de Xénero

Os alumnos e alumnas de 6º de Educación Primaria traballaron moi duro e en equipo para facer unha espectacular, sentida, emotiva... coreografía da canción de Malú e Manuel Carrasco "Que nadie". Ensaiaron moi duro con Lúa (a mestra de Educación Fisica) e Lidia (a súa titora). Para ver o resultado preme na imaxe e goza do vídeo. *O vídeo non se pode ver en dispositivos móbiles porque o audio ten dereitos de autor pero dende os ordenadores non debería dar problemas.

 

Ademais, as nenas e nenos de 3º, 4º, 5º e 6º participaron nas actividades do Concello de Camariñas: talleres, charlas e obradoiros sobre a igualdade.

Os máis pequenos tamén conmemoraron esta data tan especial facendo un lazo coa flor SEMPRE VIVAS. 

 



page | by Dr. Radut